venres, 4 de outubro de 2024

PROXECTO: EMPODERAMENTO E RELACIÓNS SAUDABLES

Ningún comentario:

Durante os meses de outubro e novembro desenvolveremos o proxecto “Empoderamento e relacións saudables” enmarcado dentro das subvencións ás asociacións de nais e pais do alumnado de centros educativos de Galicia para financiar actividades de promoción da igualdade e de prevención da violencia de xénero, financiadas en desenvolvemento do Pacto de Estado contra a violencia de xénero para o ano 2024 (código do procedemento SI449B).

Este é o 5º ano no que a través desta convocatoria traballarase no CEIP A Rúa en clave de igualdade e prevención. Inclúe 4 grupos de obradoiros cun total de 8 actividades para cubrir as inquedanzas das familias, do profesorado e do alumnado. Este proxecto faise en coordinación co equipo directivo do colexio.


    1.   Obradoiros sobre relacións saudables para infantil, primeiros ciclos de primaria e pais, nais ou titores.

ACTIVIDADE 1. Mulleres e homes de película! (5 sesións de  1 hora con Infantil, 1º e 2º primaria). Un programa de fomento da igualdade entre mulleres e homes, empoderamento e rexeitamento das violencias machistas.

ACTIVIDADE 2. Así sí. (2 sesións de 1 hora con 3º e 4º primaria). Un obradoiro sobre poñer limites nas relacións, o respecto e a empatía. 

ACTIVIDADE 3. Todo a cambio dun Like! (1 sesión de 1 hora con 5º primaria). Un programa sobre igualdade e seguridade na rede.

ACTIVIDADE 4. Relacións saudables e redes sociais (2 sesións de 2 horas para nais, pais ou titores). O obxetivo destes obradoiros con familias é facilitar a difusión, información, coñecemento e reflexión sobre as temáticas tratadas nos obradoiros levados a cabo co alumnado.

Imparte Igualadas! (Sara Mesejo) e colaboran como asesoras a Fundación Meniños, Asociación ARELA e Educo.

DATA: 8 e 9 de outubro alumnado (martes e mércores) e martes 15 de outubro familias.


2. Obradoiros sobre relacións sexuais saudables para 6º de primaria e pais, nais e titores.

ACTIVIDADE 5. Educación afectivo sexual (2 sesións de 2 horas con 6º primaria).

Obradoiros para fomentar a prevención da violencia de xénero ou de actitudes e comportamentos discriminatorios pola orientación sexual ou a identidade de xénero e establecer o diálogo e a comunicación sobre os temas sexuais no interior do grupo de iguais, na familia e na escola.

ACTIVIDADE 6. A pornografía e o seu impacto nos nenos e nenas de primaria (1 sesión de 2 horas, para pais ou titores).Os obxectivos deste obradoiro son  analizar a  situación da pornografía (aceso e consumo) na actualidade e dar a coñecer ferramentas para traballar os estereotipos representados no porno xeneralista a partir de outros materiais.

 DATA: 6 Novembro (alumnado de mañá e familias de tarde)

Imparte: Asociación ASEIA. Colaboran SOGASEX (Sociedade Galega de Sexoloxía) e Concello de Cangas.


3. Obradoiro sobre Empoderamento fronte o Body Shaming 

ACTIVIDADE 7. Coñecendo o Body Shaming (1 sesión de 1,5 horas para familias).

Os obxectivos desta actividade son informar ás familias sobre esta práctica, o impacto que ten no alumnado e na convivencia e dotar ás familias de ferramentas para traballar cos seus fillos e fillas a aprender a valorar e querer o corpo, traballar a autoestima, protexerse de opinións externas sobre o aspecto físico, e aprender a non opinar sobre o corpo de alguén.  

Imparte a nutricionista e divulgadora Lidia Folgar e colabora a Asociación Nós Mesmas

DATA: venres 15 de novembro pola tarde.

 

    4. Gamificación como ferramenta de educación.

ACTIVIDADE 8. Escape Room Virtual sobre a Igualdade. Obradoiro para familias do CEIP A Rúa.

A metodoloxía desta actividade será mediante un xogo tipo escape room entre o cole e as familias.

Executan Membros da Xunta Directiva da ANPA A Rúa, Comisión da Biblioteca do CEIP A Rúa, Equipo directivo, profesorado do centro e departamento orientación. Colaboran Concello de Cangas e Fundación Meniños.




    OUTROS COLABORADORES