Como xa é tradición, este ano unha vez máis convocouse o concurso de mascotas, i exceptuando a clase de 1º de primaria que todavia non entregou as súas propostas, aqui vos deixamos ós finalistas de cada curso para que nos axudedes a elixir a mascota gañadora deste ano:
Páxinas
▼
sábado, 29 de maio de 2010
domingo, 23 de maio de 2010
SESION FORMATIVA DO MUNDO DAS TIC
O vindeiro mércores, día 26 de maio, ás 17:00 horas, na aula de informática do noso centro, terá lugar unha sesión formativa sobre diversos aspectos do mundo das TIC (a informática e os ordenadores). Trataranse temas como:
- As vantaxes de usar software libre nos nosos ordenadores.
- Aplicacións (programas) básicas en software libre (suite ofimática, navegador de internet...)
- Recursos educativos en internet: busca de información (google, wikipedia...), actividades online (flash, Jclic), xogos educativos, práctica de mecanografía, google maps, blogs, etc.
- Seguridade en internet... e calquera outro tema do voso interese.
Esperámosvos a tod@s!!!
mércores, 12 de maio de 2010
CAMPAMENTOS DE VERAN DA XUNTA DE GALICIA
Aberto o prazo de solicitude de prazas para campamentos de verán da Xunta de Galicia dirixido a nenos/as entre 9 e 17 anos
O prazo de inscripción remata o 23 de marzo.
Informacion