xoves, 15 de xullo de 2010

FUTBOL SALA E XADREZ (fotos)

Aquí vos deixo esta entrada, que nos enviou unha nai das nosas futuras promesas no mundo do futbol, quen sabe ó mellor algún deles podería chegar a ser campeón do mundo....







No colexio de Coiro, o longo das tardes dos sábados, levouse a cabo, nos meses de febreiro, marzo e abril, a competición escolar de fútbol sala.
Algúns dos nosos rapaces, participaron e conseguiron, clasificarse para a final, nas categorías de Alevíns (5º e 6º) e na de Benxamíns (2º, 3º e 4º).
Na categoría de Alevíns participaron :Javi, Sergio, Yago, Mateo, Antón, Iago, Amable, Jose.
A Rúa gañou todos os partidos, na fase local. E pasaron á fase zonal: A Rúa e Coiro.
Enfrontáronse cós equipos campións da zoa de Moaña. Clasificándose para a final os dous equipos de Cangas: A Rúa e Coiro.
A final, moi reñida, xogouse en Coiro o 24-4-10 quedando campións: A Rúa con un resultado de 12 a 0
Na categoría de Benxamíns participaron :Juan, Aarón, David, Tristán, Abel, Néstor, Jose, Adán, Raúl,Manuel, Miguel.
A Rúa, quedaron segundos e pasaron á fase zonal xunto coa Sagrada Familia campión de zoa.
Enfrontáronse cós equipos que se clasificaron na zoa de Moaña. Clasificándose para a final os dous equipos de Cangas: A Rúa e Sagrada Familia. Quedou campión a Rúa por non presentarse o equipo rival. Con todo isto os nenos o que querían era xogar e así o fixeron 5 contra 5.





XADREZ

E como non, tamén unha pequena homenaxe as/os non menos promesas cos anteriores, os nosos xogadores de Xadrez.

As competicións comezaron en xaneiro, o mércores 27 no colexio de Hío a 1ª xornada, seguindo cunha 2ª xornada celebrada no cole de Castrillón o 24 de febreiro e unha 3ª no noso cole de A Rúa o 24 de marzo.
Estas xornadas pecharonse cunha competición Zonal de Xadrez, celebrada no Ceip do Hío o 28 de abril, na que a clasificación foi a seguinte por equipos:
  1. Ceip A Rúa
  2. Ceip Cangas-Nazaret
  3. Ceip Castrillón
  4. Ceip do Hío
  5. Ceip A Rúa 2
  6. Ceip Castrillón 2
Despois do Zonal, chegaba un reto maior, o Campeonato Provincial, que este ano se celebrou en A Guarda, onde unha vez mais os nosos alevíns demostraron ser uns campeóns.
Aqui vos deixo as clasificacións para que lle botedes unha ollada:



A nosa noraboa a Alvaro, Uxía, Anxo, Mateo, Miguel, Isaac, Antón e Mario

Ningún comentario: