Páxinas

martes, 13 de decembro de 2011

Calendario 2012 sobre competencias basicas (CEAPA)

Calendario 2012 sobre competencias basicas

CEAPA ha editado el calendario 2012 sobre competencias básicas. En cada día del mes hay una tarea ligada a una competencia que da pistas a los padres y las madres sobre qué tipo de actividades pueden realizar para trabajar en casa las competencias básicas, y así complementar el trabajo del profesorado en el colegio.

luns, 12 de decembro de 2011

DOCUMENTOS ASINADOS

Informamos que o pasado mércores 7 de decembro, enviamos a través do rexistro de entrada os documentos asinados polos pais e nais co tema do comedor. Enviaronselle ao Sr Conselleiro, xefe territorial, Alcalde de Cangas i edil de educación de Cangas. Foron unhas 125 firmas para cada un.


A Xunta Directiva

NOVO XANTAR PROTESTA!!

Con este tempo que estamos a ter, a verdade é que a maoiria das veces é bastante dificil por unha data para novas concentracións, non hai máis que ver a mañá que estamos tendo hoxe cando as prediccións eran bastante malas. Pois ben consultadas as prediccións esta mañá, convocamos unha nova concentración para o vindeiro mércores dia 14 de decembro. Esperámosvos a tod@s!!


A Xunta Directiva

venres, 9 de decembro de 2011

URXENTE!!!!

Desconvócase a protesta de hoxe día 9 de decembro por motivo da choiva. Avisarémosvos cando o tempo nos dea unha tregua para poder facer unha nova.

venres, 2 de decembro de 2011

MAIS CONCENTRACIÓNS

Convocamos a toda a comunidade escolar do centro (profesores, pais, nais, nenos, nenas, avós, etc..) a participar os vindeiros dias 05, 07 e 09 de decembro en novas Concentracións diante do Concello de Cangas a partir das 14:45h, seguindo as protestas para conseguir a apertura do comedor do centro

Ó igual que na primeira concentración, o acto consistirá nunha reunión na praziña diante do Concello para xantar, xusto despois de sair do colexio. Asistiremos ó xantar, cos nen@s, e a poder ser coa camiseta verde do colexio os que a teñan, e os que non con algo similar. Cada un deberá levar o seu bocata. Lembrádevos de levar unhas mesiñas e sillas.

O motivo de que non se fixeran de novo ata agora, é que para solicitar permiso a subdelegación de goberno, hai que facelo como mínimo con 10 días de antelación, e despois tamén dependemos do tempo.

Por certo, se chove desconvócase, estade atentos ás mochilas e tamén ao blog e a ver se temos sorte.

Contamos con todos vós e tódalas persoas que poidades avisar e queiran unirse a nosa causa, porque todos necesitamos ou podemos chegar a necesitar o comedor.

REUNION CON GESTIDO

A verdade, é que non sei que pensar da reunión de hoxe. Ben minto, quero pensar que o edil de educación do concello de Cangas vai cumprir, e se é verdade que se están a facer convenios (claro está que si) cos concellos eles estarán dispostos a facelo, ou iso foi o que nos dixo.

Xa teñen solicitada unha reunión co Sr Vázquez, Conselleiro de Educación.

Quédome coa súa derradeira frase "En Cangas tamén se fará", e nós como moi moi tarde, esperamos se faga en setembro.

Se alguén dos que asistiron a reunión quere deixar algún comentario, invitoo a facelo

María