
Páxinas
▼
mércores, 23 de decembro de 2015
Concerto de "A Gramola Gominola" no Auditorio de Cangas este luns 28

martes, 22 de decembro de 2015
mércores, 16 de decembro de 2015
luns, 14 de decembro de 2015
Outro premio para un proxecto realizado no noso cole. Parabéns, profes e nen@s!!!

sábado, 12 de decembro de 2015
xoves, 10 de decembro de 2015
Información do Concello de Axuda Humanitaria para Siria
Acompáñase información sobre a Campaña de recollida de Axuda Humanitaria para Siria da Concellería de Servizos Sociais, Igualdade e Sanidade
Taller de decoración de galletas o vindeiro xoves 17 no noso cole
TALLER DE DECORACION DE GALLETAS:

O vindeiro xoves 17, a partir das 5 da tarde, realizarase un taller de decoración de galletas. Para participar haberá que inscribirse por algunha destas vías, dando nome do alumno e curso:

O vindeiro xoves 17, a partir das 5 da tarde, realizarase un taller de decoración de galletas. Para participar haberá que inscribirse por algunha destas vías, dando nome do alumno e curso:
1. Responder á mensaxe do Tokapp
2. Enviando un mail a: anpa.arua@gmail.com
3. Deixando nota no buzón do anpa
¡¡¡¡¡¡¡Esperámosvos a tod@s!!!!!
A data límite para inscribirse será o luns 14 ás 14:30h.
¡¡¡¡¡¡¡Esperámosvos a tod@s!!!!!
Información dos cursos de natación na piscina "A Balea" de Cangas

Os horarios correspondentes ós diferentes cursos son os seguintes:
INFANTIL (3, 4 e 5 anos) ---------- 16:15 a 17:00 h. (elixir 2 días de luns a venres)
1º, 2º e 3º (6, 7 e 8 anos) --------- 17:00 a 17:45 h. (elixir 2 días de luns a venres)
5º e 6º (9 e 10 anos) ---------------- 17:45 a 18:30 h. (elixir 2 días de luns a venres)
PREZO MATRICULA: 20,20 €
COTA MENSUAL: 10,10 €
Tódolos interesados neste curso, que dará comezo en Xaneiro, terán que facer unha pre-inscrición no Anpa, para confirmar a dispoñibilidade nos días solicitados, xa que hai grupos limitados.
Tódolos interesados que nos fagan chegar os seguintes datos a través do mail anpa.arua@gmail.com, a través do buzón do cole, o respondendo á mensaxe do Tokapp:
NOME ALUMNO:
CURSO:
DIAS SOLICITADOS (2):
PERSOA DE CONTACTO:
TELÉFONO:
Despois da pre-inscrición, unha vez confirmados os grupos, cada pai/nai/titor legal cubrirá a folla do curso nas instalacións da piscina, axuntando a seguinte documentación: DNI pai/nai/ titor e certificado de conta bancaria, para a domiciliación dos pagos.
O primeiro mes e matrícula pagarase en recepción da piscina a primeira semana do mes, de 19 a 21 horas, e domiciliaranse os seguintes.
Tamén informamos que este servizo é soamente para socios do Anpa e se algún "no socio" esta interesado, deberá dirixirse á piscina directamente.
luns, 7 de decembro de 2015
"O Ártico rómpese". Exposición en Pontevedra moi interesante
Se non existise o Polo Norte, o noso planeta sería tan diferente que non o poderiamos recoñecer. Esta exposición itinerante ten por obxecto mostrarnos a singularidade do ecosistema ártico, explicarnos o importante papel que xoga no clima global e descubrirnos as súas características e a súa biodiversidade...
venres, 4 de decembro de 2015
Constitución do Consello Escolar Municipal de Cangas (CEMC). Representantes e primeiros informes deste ano.
O regulamento di:
..."O CEMC constituese como órgano de consulta e participación cidadán na planificación e intervención educativa do Concello de Cangas. As finalidades sobranceiras do CEMC serán as de estudio, asesoramento e emisión de propostas á Corporación Municipal e á Administración educativa sobre tódolos aspectos do ensino non universitario que incidan na nosa poboación, buscando a máxima participación de tódolos cidadáns, entidades e organismos interesados no feito educativo"... ..."O abeiro do disposto no artigo 16 da lei do Parlamento de Galicia 3/1986 de 18 de Decembro, e do artigo 30 do Decreto da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria 44/1988, do 11 de febreiro que regula a composición dos Consellos Escolares Municipais"...
Aquí tedes a ligazón co pdf do seu regulamento completo... Tamén deixamos esta ligazón da noticia na prensa (Faro de Vigo).
Do pleno do día 2 de decembro documentáronse dous informes que tamén adxuntamos:

Aquí tedes a ligazón co pdf do seu regulamento completo... Tamén deixamos esta ligazón da noticia na prensa (Faro de Vigo).
Do pleno do día 2 de decembro documentáronse dous informes que tamén adxuntamos: