Páxinas

luns, 29 de febreiro de 2016

DOG da adxudicación de prazas nas escolas infantís privadas ou concertadas...


...a Consellería conta co programa do Bono concilia, consistente nunha axuda económica directa ás familias para o pagamento total ou parcial dunha escola infantil privada da súa elección. Esta axuda está destinada a aquelas familias que non obtivesen praza nunha escola pública ou financiada con fondos públicos e marcasen a opción do bono concilia na súa solicitude, e a aquelas outras que residan en localidades que carezan de prazas públicas....

...O prazo para a presentación de solicitudes de renovación de praza será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia"...

Información do VII Cross Escolar do CEIP A Rúa para @s delagad@s dos Coles interesad@s

A Asociación de Nais e Pais do Ceip A Rúa, coa colaboración do Clube de Atletismo Vila de Cangas e o propio centro, pon no seu coñecemento que o vindeiro día 13 de marzo, a partir das 10:30 horas da mañá, celebrarase o noso 7º Cross Escolar.

A inscrición poderase facer vía e-mail na seguinte dirección: anpa.arua@gmail.com ou directamente no buzón que o ANPA ten na entrada do colexio ata o día 08 de marzo ás 14:30h. NON SE ADMITIRÁN INSCRIPCIÓNS O MESMO DÍA DE CELEBRACIÓN DO CROSS. SE ALGUN NENO/A QUEDOU SEN INSCRIBIR SERÁN ADMITIDOS ANTES DA SAÍDA DA SÚA CATEGORIA SEMPRE QUE QUEDEN VACANTES E POR ORDE DE CHEGADA, POR NON ASISTENCIA DALGUN INSCRITO. Premiarase con trofeo aos 3 primeiros clasificad@s de cada categoría. Non se darán medallas. 

Rogamos notifiquen na inscrición se o nen@ ten algún tipo de alerxia alimentaria, os nen@s que teñan algunha alerxia terán que dicir o seu nome na recollida da merenda. Para facilitar a nosa labor agradeceriámoslles que a inscrición fose vía e-mail. 

venres, 19 de febreiro de 2016

Concurso para nen@s de primaria e secundaria "la mar de ciencia"

A Obra Social da Caixa, o Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC), e a Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía (FECYT), promoven este concurso, dirixido a estudantes de primaria e secundaria, co obxectivo de mellorar, desde a aula ou en familia, a comprensión de mares e océanos, e propiciar entre os máis novos, a reflexión sobre os retos científicos aos que se enfronta a sociedade para coñecelos e conservalos.

Desde o 15 de decembro de 2015 ata o 10 de marzo de 2016 ás 23 horas (hora peninsular) poderanse presentar debuxos, vídeos ou relatos, a través do apartado "Participa" desta web.

Aquí tedes o pdf coas bases do concurso...

venres, 12 de febreiro de 2016

Probas de acceso a ciclos formativos de grao medio e de grao superior.

Convocatoria das probas de acceso a ciclos formativos de grao medio e superior para o ano 2016.

Pode consultar a Orde do 2 de febreiro de 2016 pola que se convocan probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio e de grao superior de formación profesional do sistema educativo para o ano 2016 na seguinte ligazón:

Ten máis información sobre as probas de acceso e detallada por grao en:

Na seguinte ligazón poderase consultar o calendario das probas de acceso a ciclos formativos de grao medio e de grao superior de formación profesional.

"El 'efecto Pixar': ¿por qué le robas los libros infantiles a tus hijos?" (El Mundo 11/02/2016)

Recomendable: "unha selección de libros ilustrados infantís que o adulto pode gozar tanto en soidade como en compañía dos pequenos. A selección é ecléctica, si. Para mostrar a gran diversidade que existe: desde álbums ilustrados a pop-ups, libro-xogos ou libros de actividades. Esta é a nosa lista e esperamos que vos guste. A vosa espera nas librerías"...

Entrega de premios de Nadal da Concellería de Cultura e Mocidade de Cangas (13/02/16)

Déronnos o aviso de que
"...Este sábado, día 13 de febreiro terá lugar na Casa da Xuventude, ás 12.30, a entrega dos premios de Nadal.
Esperamos a súa asistencia 
Concellería de Cultura e Mocidade (986392171)..."

xoves, 4 de febreiro de 2016

Que facer e como disfrutar do "ENTROIDO DO HÍO"

Pasámovos esta nota informativa na que, os organizadores do "Entroido do Hío", dan a coñecer o seu protocolo e a súa tradición:

"O único que piden os protagonistas das 7 aldeas para asistir ao Entroido de Hío, é que se coñeza o seu protocolo e a súa tradición para poder mantela e que a festa dure ata a eternidade.

Tradición dos vecinos e veciñas de 7 aldeas de Hío: Liméns, Nerga, Vilariño, Igrexario, Vilanova, Pinténs e Donón, que se unen e participan dende os mais pequenos os mais maiores o son constante da música e acompañados do colorido dos seus disfraces.

ISTO É O QUE DEBES SABER SE DECIDES UNIRTE A ESTA FESTA:

Cada unha destas aldeas contrata a un grupo de Gaiteiros que deberá tocar unhas 13, 14 ou 15 horas cada unha das dúas xornadas e media que dura a festa; eles son as verdadeiras estrelas. De feito, non se escoita ningún outro tipo de música durante as horas e horas nas que pasan as comparsas indo dun lugar a outro. Por iso, é lóxico que os grupos que participan sexan despois moi respectados polos demais gaiteiros, ademais de ser seguidos por tódolos veciños disfrazados e bailando, formando unha especie de procesión multicolor que percorrerá a parroquia de Hío.