Páxinas

sábado, 25 de maio de 2019

Información REVÁLIDAS

 Ola familias!! Lembramos que os vindeiros días 28 e 29 de maio serán as reválidas de 3º e 6º de primaria, lembramosvos que tódolos nenos que eses días asistan a clase terán que facelas.
Partillamos información do rexeitamento a estas probas:







https://www.dropbox.com/s/5x0hzmsyedqucya/REXEITAMOS%20AS%20REV%C3%81LIDAS-documento%20para%20difundir.20190524120522.pdf?dl=0


xoves, 23 de maio de 2019

Charla primeiros auxilios

Este venres 24 de maio, levarase a cabo unhacharla con práctica sobre primeiros auxilios ás 17:30h na biblioteca do nosos cole.
Esta actividade vai dirxida a calqueira persoa adulta e a tódolos alumnos/as de 6º que queiran acudir.

animádevos a participar





Resultado de imaxes para primeiros auxilios

Dias non lectivos


Lembramos que este venres 17 de Maio non haberá clase por mor do día Das Letras Galegas, nin o próximo luns 20 de Maio, día non lectivo acordado polos centros de Cangas.

Un saúdo

CHARLA: " Diversidade e identidade sexual"



O próximo mércores 15 de Maio, ás 18H ,contaremos coa presenza de Alberto Casqueiro, psicólogo dos servizos socioeducativos do concello de Cangas, que nos ofrecerá a charla "Diversidade e Identidade Sexual".

Animádevos a asistir.

luns, 6 de maio de 2019

Charla

Ola familias!!! Mañá martes 7 de Maio temos umha charla moi interesante ás 17H na biblioteca do noso colexio.


"Papá , mamá,... Déixasme o móbil? O reto educar para a cidadanía dixital"

Por Javier García Barreiro (Psicólogo e Orientador do EIS Johan Carballeira de Bueu), especializad en Convivencia Escolar e en Eucación Dixital, con diversas publicacións en revistas e blogues educativos

Dado o aumento que estamos observando no emprego dos dispositivos móbiles por parte do alumnado, así como a súa participación en videoxogos online, que poidan afectar seriamente ó seu desenvolvemento persoal e académico , animámosvos a asistir a este interesante relatorio.

Moitas Grazas!!

domingo, 5 de maio de 2019

XXXI Cross CEIP TIRÁN

O vindeiro 11 de maio celébrase a XXXI Edición do Cross Escolar e Popular do CEIP Plurilingüe Torán a partires das 10:30H.
adxuntamos horarios categorías e percorridos

https://www.dropbox.com/s/7d6vpa6p28corsp/CARTEL%20CROSS%202019.20190423214210.jpg?dl=0

https://www.dropbox.com/s/roleehbn5yq13fe/Mapas%20y%20Categor%C3%ADas%20Cross%202019.20190423214535.pdf?dl=0