Páxinas

xoves, 30 de abril de 2020

Directrices Conselleria de Educacion



Partillamos o ressume das directrices da Conselleria de Educacion, que se elaborou desde ANPAS Galegas





martes, 28 de abril de 2020

venres, 17 de abril de 2020

Concurso fotográfico da corentena

Dende a asociacion A Illa dos ratos propoñen este concurso fotográfico.
Animádevos a participarFoto de A Illa dos Ratos.


Xa sabedes o que nos gusta un disfraz e facer o parvo, e sabemos que a vós tamén, así que organizamos o "CONCURSO FOTOGRÁFICO DA CORENTENA".

Sacade unha FOTO GRACIOSA, disfrazados, no balcón... e compartídea con nós, nos comentarios desta publicación, así pasaremos un bo rato entre todos.

Entre os participantes faremos un SORTEO dos libros editados polos nosos benqueridos amigos da Asociación A Cepa Cangas, que colabora con nós.

Veña, animádevos e cando todo remate faremos un recopilatorio de todas as vosas fotos como "diario da corentena"

Xa queda menos!
Foto de A Illa dos Ratos.

mércores, 15 de abril de 2020

Comunicado CONFAPA-ANPAS Galegas


Ola familias! Partillamosvo-lo Comunicado de ANPAS Galegas, CONFAPA, CIG,CCOO, UXT,ANPE e CSIF.

Enlace:

https://www.dropbox.com/s/ruaeujgwomkz7ir/25-Comunicado%20CONFAPA-ANPAS%20Galegas%20DEFINITIVO.20200415145305.pdf?dl=0&raw=0

Ub Saúdo ANPA A RÚA

xoves, 2 de abril de 2020

Prestamos bibliotecas

 Informarvos que si queredes ler ou ver pelis a través de GaliciaLe ou de Ebiblio, a Rede de Bibliotecas de Galicia pon a disposición de tod@s estas plataformas incluso para os que non teñades carné de bibliotecas; quenes tamén poderán facelo a través de un autorrexistro (para un carné provisional) e terán acceso ao servizo de préstamo electrónico durante todo o tempo que dure a corentena.

https://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/…/…/opac-memberentry.pl

mércores, 1 de abril de 2020

Segunda avaliacion

INFORMACIÓN SOBRE A SEGUNDA AVALIACIÓN

Seguindo instruccións da Consellería de Educación, tivemos que avaliar ao alumnado neste segundo trimestre, que comprende dende o 8 de xaneiro ata o 12 de marzo, no que se determinou a suspensión das clases.
Podedes consultar os boletíns de cualificacións en AbalarMóbil, a partir de mañá xoves, 2 de abril, ás 14:00 horas.
 Saúdos e moito ánimo! Xa queda menos!