sábado, 29 de maio de 2010

ELECCION DA NOVA MASCOTA 2010

2 comentarios:
Ben agora xa están todas!!

Como xa é tradición, este ano unha vez máis convocouse o concurso de mascotas, i exceptuando a clase de 1º de primaria que todavia non entregou as súas propostas, aqui vos deixamos ós finalistas de cada curso para que nos axudedes a elixir a mascota gañadora deste ano:



domingo, 23 de maio de 2010

SESION FORMATIVA DO MUNDO DAS TIC

Ningún comentario:
O vindeiro mércores, día 26 de maio, ás 17:00 horas, na aula de informática do noso centro, terá lugar unha sesión formativa sobre diversos aspectos do mundo das TIC (a informática e os ordenadores). Trataranse temas como:

- As vantaxes de usar software libre nos nosos ordenadores.
- Aplicacións (programas) básicas en software libre (suite ofimática, navegador de internet...)
- Recursos educativos en internet: busca de información (google, wikipedia...), actividades online (flash, Jclic), xogos educativos, práctica de mecanografía, google maps, blogs, etc.
- Seguridade en internet... e calquera outro tema do voso interese.

Esperámosvos a tod@s!!!

mércores, 12 de maio de 2010

CAMPAMENTOS DE VERAN DA XUNTA DE GALICIA

Ningún comentario:
Aberto o prazo de solicitude de prazas para campamentos de verán da Xunta de Galicia dirixido a nenos/as entre 9 e 17 anos

O prazo de inscripción remata o 23 de marzo.

Informacion

luns, 3 de maio de 2010

NOVA REDE NAS PORTERÍAS!!!

Ningún comentario:
NOVA REDE NAS PORTERÍAS!!!

Por fín as porterías do cole teñen postas as suas respectivas redes, a verdade é que agora miranse xa doutra forma.

E todo gracias a axuda dos ex-alumnos, que sempre se atopan dispostos a botar unha man, aqui tedes unhas fotos.