luns, 27 de outubro de 2014

VI cross escolar do CEIP Nazaret (CANGAS) (30/11)

Ningún comentario:
A anpa de Nazaret, xunto coa colaboración do club de atletismo vila de cangas, convídavos a participar nas diferentes probas do VI cross escolar do CEIP Nazaret (cangas) que se vai celebrar o vindeiro 30 de novembro, a partir das 10:00 horas da mañá.

Próximo xoves 30/10: reunión co concello e a empresa de cattering

Ningún comentario:
O vindeiro xoves 30, temos reunión de comedor coa empresa de cattering e o concello. Se tedes algún comentario ou suxestión, podedes deixala no noso buzón ou por E-mail (anpa.arua@gmail.com).

xoves, 23 de outubro de 2014

Charla-coloquio da Plataforma en Defensa da Sanidade Pública en Cangas

Ningún comentario:
A Plataforma en Defensa da Sanidade Pública convoca a veciñanza de Cangas mañán xoves, 23 de outubro de 2014, ás 19:30 horas, no Salón de Plenos do Concello de Cangas,  a unha charla-coloquio sobre o  novo acordo entre o SERGAS e POVISA (asinado a principios de setembro) e a libre elección de hospital por medio da Instrucción SERGAS 7/2014, na que podemos optar a elexir como hospital de referencia o CHUVI.

mércores, 22 de outubro de 2014

CONCERTOS EN FAMILIA 12 de outubro - 21 de decembro (Pontevedra)

Ningún comentario:
Un proxecto que xurdíu para achegar a música aos máis pequenos/as a través de contos e historias, programando estreas absolutas ou xerando espectáculos inéditos que poñen en valor ás agrupacións musicais locais coas que colaboramos habitualmente. 
Na 5ª edición deste ciclo familiar consolidado, serán 4 os espectáculos nos que a música ao vivo correrá a conta da Orquestra Filharmónica Cidade de Pontevedra e a Banda de Música de Pontevedra.
Podesdes mercas as entradas anticipadamente en servinova a un prezo de 5€ (3€ para estudantes, parados, menores e xubilados). No caso de non esgotarse na billeteira ao mesmo prezo. (1h antes no Teatro Principal e 2h antes no Pazo).

"Los 15 lugares gallegos para visitar con niños" (La voz de Galicia 20/08/14)

Ningún comentario:
...un listado moi interesante de 15 lugares imprescindibles para visitar en Galicia... levándoos a eles, por suposto... Cerceda, Marín, Marcelle, Outeiro de Rei, VigoZoo, Salveterra de Miño... Animádevos e suxerir máis!!!!!!!!!!!!!

luns, 20 de outubro de 2014

Taller de escritura creativa, e outras actividades para nen@s en O Manancial

Ningún comentario:
Taller de escritura creativa. Impartida por Oscar Scopa, todos os mércoles ás 20:30 en O Manancial. Inscrición: O Manancial, de 10:00 a 13:00 tl:986392341 / mail: scopaoscar@hotmail.com. Cartel do anuncio: https://db.tt/j5SIFRsT

mércores, 15 de outubro de 2014

Escola de pais e nais 2014-2015

Ningún comentario:
O día 14/09 ás 17:00h, charla informativa sobre a ESCOLA DE PAIS E NAIS no cole... comezamos...

domingo, 12 de outubro de 2014

Parabéns: @s alumn@s da aula de 6º de primaria do ano pasado e varios dos seus profesor@s gañaron un premio!!

Ningún comentario:
O CEIP A Rúa gaña o premio de Alfabetización Audiovisual, concedido polo Ministerio de Educación, Cultura e Deporte (MECD), polo proxecto "Cineando Ilusións", que levaron a cabo durante o curso 2013-2014 os alumnos/as da aula de 6º de primaria e varios dos seus profesores/as.

Esta é a entrada do Blogue do noso cole con máis información...

Aquí podedes disfrutalo:"Massó no recordo"

Proposta dunha nova actividade: "Capoeira". Prazo ata o venres 17/10

Ningún comentario:
Adxuntamos cartel informativo de nova actividade de Capoeira: https://db.tt/wSMrqjIz. O prezo 10€ socios e 14€ non socios. Os xoves de 16:30 a 17:30. Os interesados, por favor enviade os datos por tokapp, e-mail ou deixadeos no buzon (nome e curso do nen@). Prazo de inscrición ata o venres 17.
Saudos

venres, 10 de outubro de 2014

Suxestión de actividade en colaboración co Centro de Ensino Signos

Ningún comentario:
Actividades da asociación cultural formada por profesionais do ámbito social que levan traballando na península do Morrazo dende o 2007. Para saber máis podedes ir á ligazón Asociación Xirasol.

Nesta ocasión póñense en contacto con nós porque van comezar un nova actividade en colaboración co Centro de Ensino Signos,  deixando esta ligazón: Aula Divertida.

Ficheiro das reformas suxeridas (da reunión extraordinaria do día 16/09/14)

1 comentario:
A raíz da reunión extraordinaria do día 16/09/14, suxeríronse unhas reformas que se consideran necesarias. Neste ficheiro encontraredes a presentación coa que se argumentaron as deficiencias.

martes, 7 de outubro de 2014

XIX CROSS ESCOLAR A.D. CASTRO - SAN MIGUEL (Domingo 12 de Octubre, Parque de Castrelos)

Ningún comentario:
ÚLTIMOS DÍAS PARA INSCRIBIRSE EN EL XIX CROSS ESCOLAR A.D. CASTRO - SAN MIGUEL (Domingo 12 de Octubre, Parque de Castrelos)
El Jueves 9 de Octubre finaliza el plazo de inscripción

Para participar puedes hacerlo en:
- Página Web: www.gecastrosanmiguel.com
- El Corte Inglés Departamento de Deporteas (Planta 6ª)

O también puedes enviarnos Nombre, apellidos, año de nacimiento, teléfono y club/colegio a:
Colegio San Miguel II - Tomás Alonso 13 - 36208 - Vigo
E-mail: adcastrosanmiguel@gmail.com

venres, 3 de outubro de 2014

A Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público convoca unha concentración o 8 de outubro diante da Consellaría de Educación

Ningún comentario:
A Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público acordou convocar unha concentración para o próximo 8 de outubro en Santiago ás 11:horas, diante da Consellaría de Educación, contra os recortes e para pedir unha maior dotación de profesorado nos centros.

Actividades extra escolares ofertadas pola anpa. Horarios definitivos (2014-15)

Ningún comentario:
Finalmente, as actividades extra escolares ofertadas pola anpa, darán comezo a semana que ven, e desenrolaranse da seguinte maneira:

*Danza moderna, grupo de 3 a 7 anos, os luns de 16:30 a 17:30
*Taller lúdico en inglés, grupo de infantil, os martes de 16:30 a 17:30
*Balonmán, primaria, os mércores de 16:30 a 17:30

Ademais, e tamén a partir da semana que entra, empeza a funcionar a aula matinal de 08:15 a 09:30, tódolos luns e martes. Coa posibilidade de ampliarse a mais dias sempre dependendo do nº de nenos ou nenas usuarios. Se necesitas este servizo, non dubides en poñerte en contacto con nós

A Xunta Directiva

Comezo da actividade de Balonmán

Ningún comentario:
Informamos que o vindeiro mércores dará comezo a actividade de Balonmán, en horario de 16:30 a 17:30 
Un saúdo 
A Xunta Directiva

mércores, 1 de outubro de 2014

Publicadas as listas d@s alumn@s matriculad@s nas actividades de Cangas Deporte

Ningún comentario:
Ligazón para descargar os listados de alumnos das escolas según o deporte: Atletismo, Baile Deportivo, Baloncesto, Patinaxe, Piragüismo, Psicomotricidade, Taekwondo, Tenis, Vela, Voleibol, Windsurf, Xadrez e Ximnasia...

...as actividades darán comezo a partir da semana do 6 de outubro...

Horario definitivo da actividade de Balonmán

Ningún comentario:

Informámosvos que por decisión da maioría, a actividade de balonman dará comenzo o vindeiro mércores dia 8 de outubro as 16:30h
Un saúdo

Para @s interesad@s en Balonmán

Ningún comentario:

Para a actividade de balonmán, temos o mércores e xoves dispoñible o ximnasio en horario de 16:30 a 17:30. Por favor dinos cal dos días podes asistir ou se podes os dous.
Respóndenos o antes posible
Un saúdo e gracias
A xunta Directiva

Nota para @s interesad@s na piscina

Ningún comentario:
Queremos recordarvos que o vindeiro dia 3 de outubro remata o prazo para recoller no buzon da anpa os interesados en ir a piscina e acollerse a promoción que nos ofertaron.
Adxuntamosvos novamente a información e se vos interesa deixade os datos do voso fillo/a no buzon, ou envianos un e-mail anpa.arua@gmail.com ou contesta a esta mensaxe.
Un saudo