venres, 28 de decembro de 2012

Maxia dos contos e contos con maxia (nadal 2013)

Ningún comentario:
O pasado xoves, a comunidade educativa do noso colexio tivo ocasión de participar na festa de Nadal organizada pola ANPA. Os cativos, as súas familias e os profes puideron disfrutar dun espectáculo de maxia e tamén da maxia dos contos. As mamás e os papás levaron a cabo varios talleres, neles as nenas e os nenos pasárono xenial facendo postais, colares e sobre todo maquillándose!!

Rematou a festa cunha chocolatada ben quentiña acompañada de deliciosos biscoitos e outros doces.

mércores, 12 de decembro de 2012

RODAXE EN CANGAS DUN PLAYBACK MASIVO

Ningún comentario:
Puseronse en contacto coa Federación de Anpas dende a productora Alén Filmes, xa que o fin de semana do 29/30 de decembro temos prevido realizar unha gravación dun programa piloto para a TVG no Concello de Cangas (provisionalmente na zona do paseo e porto).

RODAXE EN CANGAS DUN PLAYBACK MASIVO (imaxe)

Ningún comentario:

martes, 4 de decembro de 2012

LOMCE

Ningún comentario:

EL PAÍS publica "Los apoyos que se lleva la tijera"

Ningún comentario:
  • El ministerio retira en 2013 el dinero de los planes PROA de refuerzo para alumnos con dificultades
  • “Se está penalizando a los más débiles”, dice un experto


martes, 13 de novembro de 2012

FOLGA

Ningún comentario:
Por motivo da folga de mañá dia 14 de novembro, suspendese o Taller de Maxia ata a vindeira semana.

A Xunta directiva

FEDERACION DE ANPAS DE CANGAS

Ningún comentario:
A Federación de Anpas de Cangas, decidiu en reunión mantida onte luns 12 de novembro, apoiar a folga xeral convocada para o mécores dia 14. En defensa do ensino público e o futuro dos nosos fillos e fillas.

A Xunta Directiva

mércores, 24 de outubro de 2012

COMEDOR MENU NOVEMBRO 2012

Ningún comentario:
Xa tedes a vosa disposición o menú para o vindeiro mes de novembro

Pincha aqui

martes, 23 de outubro de 2012

PRECIO ACTUALIZADO DO COMEDOR

Ningún comentario:
Os precios do comedor son: 5días/seman 61.25€; 4días/seman 49€; 3 días/seman 36.75€; 2 días/seman 24.50; 1 día/seman 12.25€. Exporádico 7.50€

Nestos precios están incluidos o IVE e o desconto da subvención da Xunta.

TALLER DE MAXIA E ILUSIONISMO

Ningún comentario:
Para o vindeiro día 24 de outubro, os nenos e nenas deberán traer o seguinte material:

- 1 cartulina tamaño A4 de cor verde

domingo, 21 de outubro de 2012

PROTESTA POLA “NON” APERTURA DO COMEDOR DE A RÚA

Ningún comentario:
21 DE OUTUBRO

PROTESTA POLA “NON” APERTURA DO COMEDOR DE A RÚA


Según o acordado na pasada reunión do 11 de outubro. Convocamos a toda a comunidade escolar do centro (profesores, pais, nais, nenos, nenas, avós, etc..) a participar o vindeiro venres 21 nunha Concentración diante do Concello de Cangas a partir das 14:45h, como protesta pola negación de apertura do comedor pola conselleria de educación.

mércores, 10 de outubro de 2012

Xornadas Técnicas para a abordaxe integral da violencia de xenero

Ningún comentario:
19 e 20 de outubro no salón de plenos do Concello de Cangas




PROGRAMA

FICHA INSCRIPCION

Obradoiro para nenos: "Arte Postal"

Ningún comentario:

BECAS COMEDORES

Ningún comentario:
Informannos dende Benestar Social:

Segue aberto o prazo para a solicitude de Becas para os comedores escolares dos CEIP de A Rúa, Nazaret, Hio, e Aldán. Dito prazo remata o vindeiro 15 de outubro.Para ampliar a información e recoller a solicitude os interesados/as poden dirixirse ao Centro Municipal de Benestar Social, sito na rúa Andalucía 3 baixo, ou chamando os teléfonos 986392266/986392267, ou a través do correo electrónico s.sociales@cangas.org,ou benestarsocial@cangas.org.

domingo, 30 de setembro de 2012

Alfonso André, Novo presidente da FOANPAS

Ningún comentario:
Alfonso André - Nuevo presidente de la Federación Olívica de Asociacións de Nais e Pais de Alumnos (Foanpas)

"Los comedores escolares tienen que pasar a manos de la Administración" 

"Queremos dejar esta gestión y dedicar más tiempo a la formación de los padres"

venres, 28 de setembro de 2012

ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES 2012

Ningún comentario:
Informámosvos que o vindeiro luns 01 de outubro, dará comenzo a actividade de Artes Plásticas, tódolos luns de 16:30h a 17:30h.

Para as actividades de Biodanza, Hockey, Teatro, Informática, Gaita e Taller de maxia e Ilusionismo prorrogase o prazo de inscripción ata o vindeiro xoves 4 de outubro a espera de que se anoten mais nen@s e poder formar grupo.

xoves, 27 de setembro de 2012

Empeza o comedor do cole!!!

Ningún comentario:
O vindeiro luns día 01 de outubro comeza o servicio de comedor no noso cole, noraboa a tod@s!! Como ainda non se pode acceder directamente na paxina de serunión, deixamosvos colgado o menú no lateral dereito do blog

A Xunta Directiva.


venres, 21 de setembro de 2012

ULTIMAS NOVAS COMEDOR (reunión co edil de educación José Luis Gestido)

Ningún comentario:
Onte pola tarde fomos convocados a unha reunión co edil de educación José Luis Gestido, a dirección e a anpa dos centros con comedores xestionados polo concello.

Na reunión comunicaronnos que por motivos administrativos non podían usar parte da subvencion para facer as becas que vos comentamos para nenos e nenas sen recursos, polo que decidiuse baixar o prezo do prazo por nen@ a 3,50€/día o que supón un aforro sustancial nas cotas mensuais do comedor.

Por outra banda, comentarvos que hoxe xa viñeron a colocar o mesado que faltaba no comedor pero ainda faltan uns pequenos detalles por colocar e rematar que non serán posibles de realizar ata a semán que ven. Por isto informámosvos que o inicio do comedor será o vindeiro 01 de outubro.

A Xunta Directiva

URXENTE ACTIVIDADES (Hockey e Maxia)

Ningún comentario:
Finalmente poidemos solucionar o problema de hockey e añadimos unha actividade máis. O balonmán se podemos ofertarémolo máis adiante, xa que polo de agora non temos dias libres no ximnasio.

xoves, 20 de setembro de 2012

NOVAS COMEDOR

Ningún comentario:

Informannos dende Serunión, que o acceso a paxina web para consultar os menus, etc para o noso centro todavia non está disponible, xa que o centro ainda non está cargado, pero están a traballar nelo.

A contraseña que nos deron do centro, é unha contraseña de activación, en canto se poida deberedes darvos de alta no rexistro cunhas claves elixidas por vós mesmos e con ese código de activación que viña na circular inicial.

A Xunta Directiva

INFORMACION URXENTE (Hockey)

Ningún comentario:
Informámosvos que lamentablemente a actividade de hockey sobre patins non se poderá realizar debido a problemas persoais do monitor. No seu lugar porase a actividade de Balonmán, que será totalmente gratuita para soci@s. @s nen@s que non sexan soci@s deberán pagar 10€ en concepto de inscripción. Dirixido a nen@s a partir de 1º de primaria.

A Xunta Directiva

martes, 18 de setembro de 2012

ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES

Ningún comentario:
Coa finalidade de poñer en marcha as actividades extraescolares do curso 2012-2013 rogámosvos que devolvades, por medio dos vosos fillos, o formulario entregado debidamente cumprimentado antes do 25 de setembro, co nome do alumno/a, curso e actividades xestionadas pola Anpa nas que esté interesado en participar.Os nenos/as poden votar o formulario no buzón da ANPA.

A Anpa xestionará directamente 9 actividades: Artes Plásticas, Biodanza, Cociña, Teatro, Informática, Gaita, Hockey, Taller de maxia e ilusionismo, e a Escola de futbol base. Darán comenzo se se anotan nenos suficientes por actividade o 01 de outubro.

O resto de actividades deportivas que se desenrolen no centro serán xestionadas pola Fundación Cangas Deporte e deberanse inscribir alí.

venres, 14 de setembro de 2012

COTA ANUAL CURSO 2012/2013

Ningún comentario:
Informamos a tódolos pais e nais que queiran seguir sendo soci@s ou iniciarse como soci@s da A.N.P.A este curso 2012/2013, que o importe da cota anual é de 15€ por familia, e que a forma de pago farase mediante ingreso bancario nunha oficina de Caixanova, no seguinte nº de conta: 2080 5079 83 3040001135.

No ingreso porase en concepto COTA ANPA, NOME DO NENO E O CURSO.

Lembrámosvos que, beneficiaranse coa subvención da ANPA para a excursión de fin de curso de 6º de primaria, os alumnos que foran soci@s durante os dous anos do ciclo, é decir, 5º e 6º.

mércores, 12 de setembro de 2012

Calendario Escolar 2012/2013

Ningún comentario:
O curso 2012/2013 dará comenzo as súas clases o día 12 de setembro. Rematará o curso o  21 de Xuño. Orde do 13 de xuño de 2012 pola que se aproba o calendario escolar para o curso  2012/2013, nos centros docentes sostidos con fondos públicos. Calendario escolar 2012/2013 (DOG)


REUNION COA EMPRESA DE CATERING E O EDIL DE EDUCACIÓN

Ningún comentario:
O pasado xoves día 6, fomos convacodos a unha reunión polo edil de educación, o Sr. Gestido. Nela asistimos as ANPAS e directivos dos centros con comedores con catering e a empresa que saliu elixida no concurso público, Serunión. Na reunión a empresa explicounos como ía ser o funcionamento do servizo e as pautas a seguir. Tamén se decidiu cal sería o prezo do prato diario por comensal fixo, 3.95€ IVE incluido. Este precio é en base a 70 comensais, en total entre todolos comedores implicados, se entre todolos comedores aumentamos os comensales (de 20 en 20) o precio baixaría. 


Unha parte da subvención será utilizada para becar a nenos cuias familias estén en situación de desamparo. Pero de todo isto e máis informarémosvos nunha próxima reunión que faremos no centro.

Benvid@s a tod@s!! (2012/13)

Ningún comentario:
Benvid@s a tod@s!!

Empezamos este novo curso con ilusión e con novidades, por fin imos estrear o noso comedor oficialmente!!!

Moita forza para este curso 2012/13

Saúdos


A Xunta directiva

venres, 7 de setembro de 2012

El Concello rebaja en 45 céntimos el menú en los comedores y lo deja en 3,95 euros

Ningún comentario:
El Concello rebaja en 45 céntimos el menú en los comedores y lo deja en 3,95 euros

Supone la disminución en un diez por ciento de los 4,40 euros ofertados por la empresa

Ler mais, pincha aqui

venres, 6 de xullo de 2012

Lugo, comida en apio contra o desmantelamento do rural

Ningún comentario:
Dende Lugo fannos un chamamento de axuda, sabemos que queda lonxe, pero en tempos de vacacións quen sabe quen se pode pasar de fin de semán.......

A COMIDA SERA EN SAMOS

SE QUEREDES MAIS INFORMACION PODEDES POÑERVOS EN CONTACTO COS SEGUINTE Nº 659 552814 (Isabel) 

DEBEMOS APOIAR TODAS ESTAS INICIATIVAS, QUE A ADMINISTRACION VEXA QUE OS PAIS DESTE CENTROS NON ESTAN SOLOS, QUE ESTE DESMANTELAMENTO DO RURAL NOS AFECTA A TODOS 

sábado, 23 de xuño de 2012

Es un mito que la enseñanza privada sea mejor que la pública

Ningún comentario:

La joven con mayor nota en la selectividad, un 9,975, ha estudiado los últimos seis años en un instituto público

Queremos que invistan en Educación

Ningún comentario:
Publicado o Xoves, 21 Xuño 2012 07:07
Escrito por Rosabel Candal

As cámaras de Tingalaranga estiveron onte gravando a mobilización convocada pola ANPA 'O Carballo' do CEIP Pena Corneira, de Carballeda de Avia, contra os recortes previstos pola Consellería de Educación no centro rural ourensán. A TVG, malia confirmar a súa asistencia, na mañá do mércores non estivo presente na protesta, e unha hora antes de que se emitise na TVE a reportaxe gravada por esta canle para o informativo, marchou a sinal televisiva no pobo.

domingo, 3 de xuño de 2012

CONCURSO DE MASCOTAS 2012

Ningún comentario:
Un ano mais temos que elixir cal será a nova mascota de cara ao curso que ven, botalle unha ollada a todas elas i elixe a que mais che goste. Despois envianos un correo electrónico dando o teu voto, anpa.arua@gmail.com. Tedes ata o venres dia 8.

martes, 8 de maio de 2012

O COLEXIO ORGANIZA UNHA CHARLA PARA NÓS

Ningún comentario:
E os rumores son, que a relatora é moi boa comunicadora.... Anímate!!!

luns, 7 de maio de 2012

Recortes

Ningún comentario:
Publicamos mensaxe de convocatoria de movilizacións, ainda que un pouco tarde. A vindeira esperamos avisar antes.

Estimad@s compañeir@s nais e pais de alum@s:

Considerando que as nais e pais somos quen de poder facer rectificar as medidas que se están a tomar en contra do ensino público galego e que o poñen en grave perigo, facemos un chamamento afectuoso de cara á vosa necesaria presencia na concentración de mañá, martes 8 de maio ás 19.30 h. diante do edificio Marco en Vigo.

CROSS ESCOLAR CEP RIOMAIOR

Ningún comentario:

sábado, 5 de maio de 2012

XVIII XORNADA DE ATLETISMO BASE (2012)

Ningún comentario:
REGULAMENTO

11 de maio de 2012

1.- O Club Atletismo Vila de Cangas organiza a XVIII Xornada de Atletismo Base o venres 11 de maio de 2012, ás 17:30 horas.

2.- As probas celebraranse no estadio municipal de atletismo de Cangas de Morrazo.

3.-Celebrarase unha competición na modalidade de probas combinadas. ( Os rapaces teñen en participar nas tres/catro probas da súa categoría).

luns, 30 de abril de 2012

CROSS ESCOLAR TIRAN 2012

Ningún comentario:

"¿QUÉ MÁS NECESITAMOS EN PRIMARIA PARA SALIR A LA CALLE?" (De soypublica.wordpress.com)

Ningún comentario:
Desde hace años la escuela pública ha sido ultrajada y humillada, ninguneada y sometida a los designios neoliberales.

Hace años ya que perdimos horas y maestros de compensatoria, de Pedagogía Terapéutica y de Audición y Lenguaje y apoyos de Infantil.

Ahora nos ponen apoyos de inglés con gente no preparada, pagada por oscuras fundaciones y fuera del horario escolar (los cuales por ahora mantenemos)

Preséntase a Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público

Ningún comentario:

Ten previsto realizar concentracións comarcais o 8 de maio, peches rotatorios e unha manifestación nacional o 3 de xuño, entre outras accións

Hoxe, 27 de abril, presentouse en Santiago a Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público, constituída o pasado día 25 con representantes da comunidade educativa galega, pais e nais, profesorado e alumnado, a través de diferentes entidades (organización sindicais do ensino, ANPAS, movementos de renovación pedagóxica, organización estudantís, partidos políticos …) co obxectivo de manifestar o rexeitamento da comunidade educativa galega ao Real Decreto-Lei 14/2012, publicado polo goberno do Estado, esixir da Consellaría de Educación que non aplique en Galiza ningún dos recortes contidos no RD Lei e que o recorra por invadir as competencias que en materia educativa ten a Xunta de Galiza. 

xoves, 19 de abril de 2012

"Por qué dicen eficiencia cuando son recortes" (El Pais 17/04/12)

Ningún comentario:
Por qué dicen eficiencia cuando son recortes

Educación defiende que el impacto de sus medidas de ahorro en la calidad será “escaso o nulo” Los expertos replican que eso es imposible y que los peores efectos se verán a largo plazo

"El sector educativo vaticina una primavera caliente" (La Voz de Galicia 18/04/12)

Ningún comentario:
El sector educativo vaticina una primavera caliente

La plataforma para la enseñanza pública no descarta ninguna acción, incluso una marcha hacia Madrid

Ler mais

"El tope de alumnos por aula subirá un 20% y los docentes de ESO trabajarán dos horas más " (Faro de Vigo 17/04/12)

Ningún comentario:
El tope de alumnos por aula subirá un 20% y los docentes de ESO trabajarán dos horas más 

luns, 19 de marzo de 2012

SAN PEPE

Ningún comentario:
Moitas felicidades a tódalas Pepas e Pepes, e sobre todo a tódolos Papás!!!


El colegio de A Rúa se marca una meta (Faro de Vigo)

Ningún comentario:
"El colegio de A Rúa se marca una meta"

El cross escolar reunió a 325 participantes

domingo, 18 de marzo de 2012

3º CROSS ESCOLAR CEIP A RÚA

Ningún comentario:
E chegou o día, despois de días facendo todos os preparativos, por segunda vez o tempo intentou xogarnos unha mala pasada, pero finalmente o noso 3º cross foi todo un éxito.

O noso primeiro ano facendo nos mesmos as merendas, demostrou que estamos ben organizados ainda que as nosas previsións quedaronse cortas en principio.

Por suposto todo isto non sería posible sen a axuda de todos os pais e nais que estiveron botando unha man dende a primeira hora da mañá, i en días anteriores, facer unha especial mención para o avó de Xián de 6º que conseguiu un bo lote de trofeos, a Mónica, Olga, Merche, Rosa, Camilo, Kiko, Jose, Oli, Rosa, o pai de Abel, etc....as nosas colaboradoras directas Ali, Belén, Moncha..., ao equipo do Clube de Atletismo Vila de Cangas, a tódalas empresas e organismos citadas no cross... a todos vós e a todos os que se me quedan no tinteiro pero sabedes que estivestes, GRACIÑAS!!!

Deixamosvos un bo recordo.....

Xunta directiva

xoves, 1 de marzo de 2012

PLATAFORMA EN DEFENSA DA SANIDADE PUBLICA DE CANGAS

Ningún comentario:
O próximo sábado, día 3, a partir das 11,30 h. da mañá a Plataforma instalará unha mesa na Praza da Palma (fronte ao Concello) para recoller asinaturas en apoio da Iniciativa Lexislativa Popular para a defensa e promoción da Sanidade Pública en Galicia.

Colabora coa túa asinatura! Achégate!

martes, 28 de febreiro de 2012

3º CROSS ESCOLAR CEIP A RÚA (2012)

Ningún comentario:

III CROSS ESCOLAR C.E.I.P. A RÚA

A Asociación de Nais e Pais do Ceip A Rúa, coa colaboración do Clube de Atletismo Vila de Cangas e o propio centro, pon no seu coñecemento que o vindeiro día 18 de marzo, a partir das 10:30 horas da mañá, celebrarase o noso 3º Cross Escolar. 


É por este motivo polo que temos o pracer de convidar a tódolos alumnos e alumnas do seu colexio a participar nas diferentes probas descritas a continuación:


luns, 20 de febreiro de 2012

"Enterrando o ensino público"

Ningún comentario:
Este é o título da escenificación que a Federación de Anpas de centros públicos de Cangas, vai facer no enterro do Momo. Todos os intersad@s en asistir deberán vestir de luto, e levar un cirio de cementerio cor vermello e no seu defecto calqueira outro. O pase farase en absoluto silencio. Ademais levaremos un ataúd onde lle preguntaremos ao Sr Vazquez ou Feijoo se ese é o destino do ensino público, e portaremos carteis reivindicativos cos recortes sofridos polo ensino publico.

Quedamos as 20.00h detrás da gasolinera de Cangas, o mércores.



Un saúdo

venres, 17 de febreiro de 2012

É UN FEITO.....

Ningún comentario:
Esta tarde recibin unha chamada, que me comunicaba, que por fin, é un feito...

XA TEMOS COMEDOOOOOOOOOOOOOOORR!!!!!!! BEN POLO DE AGORA SÓ É UNHA PREVISIÓN CASE UN FEITO, xa faltou mais...


Quero darlle a noraboa a todas e todos os que apoiastes a loita por este dereito, unha vez mais demostrase que a unión fai a forza e coa perseverancia consiguense as cousas. O tempo deunos a razón...

NORABOA A TOD@S!!! E GRACIÑAS, seguimos na loita...

María

xoves, 12 de xaneiro de 2012

A Federación de Anpas reúnese co edil de educación

Ningún comentario:
Onte, mércores dia 11 de xaneiro, a Federación de Anpas de centros públicos de Cangas, reuniuse co Sr Gestido, edil de educación do concello como tod@s sabedes. Un dos temas a tratar entre outros foi o dos comedores escolares do municipio e a situación na que se atopan.

As diferentes Anpas que actualmente xestionan o servizo de comedor nos seus respectivos centros, aproveitaron para lembrarlle que o vindeiro setembro, deixarán de xestionar eses servizos.

Ademais de reclamar unha solución de apertura para o comedor de A Rúa, por medio de que o concello asumise a xestión conveniando coa Xunta, solicituse tamén a xestión en conxunto dos 4 comedores escolares.

A resposta do Sr Gestido, foi que xa tiveran unha reunión co Sr Vázquez, conselleiro de educación, quen lle comunicou que se estaba a traballar nun borrador dun novo decreto de regulamento de comedores.

Gestido trasmitiunos que él cria que este decreto estaria listo para entrar en funcionamento no vindeiro curso 2012/13, coa finalidade de que a Conselleria asumise a xestión de todos os comedores sen discriminacións de prezos.

Tamén nos dixo que o concello non ía asumir a xestión, xa que é á Conselleria de Educación a quen lle corresponde.

Preguntamoslle que pasaria se a Xunta non asumise a xestión dos comedores tal e como él pensa, se o concello estaría disposto a facelo. A súa resposta foi "xa se verá.."

martes, 10 de xaneiro de 2012

Será que tamén tiñamos agasallo... (Atlántico Diario)

Ningún comentario:
Cangas dará una solución al comedor de A Rúa

Gestido Porto llevará una propuesta al Consello Escolar del día 17

El concejal de Cultura y Educación de Cangas, José Luis Gestido Porto, del PP,  adelantó que en el Consello Escolar Municipal del martes de la próxima semana presentará una alternativa para los comedores escolares de catering, aunque pensando ya en el próximo curso. Gestido, que prefirió ser cauto por el momento, se limitó a reconocer que la solución pasa por un convenio entre la Xunta de Galicia y el Concello, por lo que tratarán de concretar estos días la ayuda que pueden recibir de Santiago para gestionar ese servicio, servicio que en el caso del colegio A Rúa es a estrenar, tras negarse la Asciación de Nais e Pais do Alumnado a hacerse cargo del mismo.

luns, 2 de xaneiro de 2012

E viñeron os Reis Magos... (2012)

Ningún comentario:
Vos desexamos unha boa entrada neste novo ano 2012 a tod@s!!!
Aqui vos deixamos unhas imaxes da derradeira visita que nos fixeron os tres reis magos, para recoller as cartas d@s nos@s nen@s. Foi un rato moi emocionante e divertido....leronse cartas, compartironse sorisos, ..


Esperamos que os reis vos deixen moitas cousas boas a tod@s!!!! =:)