martes, 30 de novembro de 2010

MANTEMENTO DE CENTROS, PACTOS INCUMPLIDOS, VERGOÑA DA CONSELLERIA...

Ningún comentario:

Dende a FANPO de Ponteareas, proceden a enviar algunhas fotos do CEIP "Fermín Bouza Brey", con alumnos entre 3 e 12 anos que conviven nunhas instalacións onde prima o caos e a falta de hixiene e limpeza. As carencias serían incontables pero o máis grave e que os nenos (e sobre todo as nenas) non poden usalos baños durante toda a mañán, xa que carecen de tapas de WC, algunhas portas non pechan, a limpeza non é suficiente, hai desbordamentos de augas fecais polas paredes do Centro... non teñen enchufes nas aulas que ó longo dos últimos cursos fixeron nos corredores, non poden utilizar todos os ordenadores na aula de informática porque salta os limitadores, o tellado está en moi mal estado, a calefacción non funciona ben... e seguiríamos toda a mañán.

luns, 29 de novembro de 2010

ASAMBLEA XERAL ORDINARIA

Ningún comentario:

Se convoca Asamblea Xeral Ordinaria da Asociación a celebrar o vindeiro mércores dia 01 de decembro do 2010 na aula de usos multiples do centro ás 18:45 horas, e en segunda convocatoria ás 19:00 horas.

ORDE DO DIA:
  • Lectura e aprobación, se procede da acta anterior. 
  • Actividades Extraescolares 
  • Comedor Escolar 
  • Chandal do colexio 
  • Suxerencias. 

A Presidenta
Ningún comentario:

Send your own ElfYourself eCards

domingo, 28 de novembro de 2010

Publicado en El País

Ningún comentario:


"Mi hijo merece atención, yo también

pago impuestos"

Los sindicatos denuncian que el recorte de profesorado se ceba en el alumnado con necesidades especiales


Desde Gondomar hasta Brión, desde la educación primaria a la secundaria. El curso 2010/2011 se está caracterizando por las protestas de los centros que no ven cubiertas sus necesidades de personal. Los sindicatos alertan de que la mayoría de los recortes afectan al alumnado con necesidades especiales. Las asociaciones de padres (Anpas) se dan cita ante colegios e instituciones en un frenesí de cacerolas. Los equipos directivos dimiten. Mientras, en las aulas, los chavales siguen desatendidos.
Para ler máis pincha aquí

venres, 19 de novembro de 2010

Xuntanza en San Caetano

Ningún comentario:
8 Federacións de Anpas, unidas baixo o nome de Anpas Galegas, fomos onte 18 de novembro a unha reunión co conselleiro de educación Jesús Vazquez. Entregámoslle un manifesto que podedes ler a continuación:

luns, 15 de novembro de 2010

CARTA Ó XEFE TERRITORIAL DE EDUCACION

Ningún comentario:
Hoxe, volvemos a remitirlle a carta ó Sr César Pérez Ares - Xefe Territorial de Educación na provincia de Pontevedra coas peticións da Anpa con respecto as obras de ampliación e reforma do centro.

O motivo do reenvío foi que ainda non tivemos resposta pola súa parte.

Deixovos copia da carta que se enviou por se alguén non tivo oportunidade de lela no corcho da entrada do colexio.


domingo, 14 de novembro de 2010

FEDERACION DE ANPAS A GAMELIÑA

Ningún comentario:
Inicio da actividade de Teatro para pais e nais 

Comeza un curso máis a andaina do noso grupo de teatro.

A partir do xoves, 25 de novembro, empezaremos a traballar. As sesións serán dunha hora, de 19:00 a 20:00 h. todos os xoves, no Instituto de Rodeira.

Recordamos que se trata dunha actividade gratuíta e aberta a todos os pais e nais da Federación.

Para anotarse podes chamar ao 633 48 00 41 (ANPA de Rodeira) ou por correo electrónico a unha das seguintes direccións:

federanpas.cangas@gmail.com
anpa.ies.rodeira@gmail.com

Anímate. 
Publicado por A GAMELIÑA en 11/12/2010
Etiquetas: Teatro