xoves, 12 de xaneiro de 2012

A Federación de Anpas reúnese co edil de educación

Ningún comentario:
Onte, mércores dia 11 de xaneiro, a Federación de Anpas de centros públicos de Cangas, reuniuse co Sr Gestido, edil de educación do concello como tod@s sabedes. Un dos temas a tratar entre outros foi o dos comedores escolares do municipio e a situación na que se atopan.

As diferentes Anpas que actualmente xestionan o servizo de comedor nos seus respectivos centros, aproveitaron para lembrarlle que o vindeiro setembro, deixarán de xestionar eses servizos.

Ademais de reclamar unha solución de apertura para o comedor de A Rúa, por medio de que o concello asumise a xestión conveniando coa Xunta, solicituse tamén a xestión en conxunto dos 4 comedores escolares.

A resposta do Sr Gestido, foi que xa tiveran unha reunión co Sr Vázquez, conselleiro de educación, quen lle comunicou que se estaba a traballar nun borrador dun novo decreto de regulamento de comedores.

Gestido trasmitiunos que él cria que este decreto estaria listo para entrar en funcionamento no vindeiro curso 2012/13, coa finalidade de que a Conselleria asumise a xestión de todos os comedores sen discriminacións de prezos.

Tamén nos dixo que o concello non ía asumir a xestión, xa que é á Conselleria de Educación a quen lle corresponde.

Preguntamoslle que pasaria se a Xunta non asumise a xestión dos comedores tal e como él pensa, se o concello estaría disposto a facelo. A súa resposta foi "xa se verá.."

martes, 10 de xaneiro de 2012

Será que tamén tiñamos agasallo... (Atlántico Diario)

Ningún comentario:
Cangas dará una solución al comedor de A Rúa

Gestido Porto llevará una propuesta al Consello Escolar del día 17

El concejal de Cultura y Educación de Cangas, José Luis Gestido Porto, del PP,  adelantó que en el Consello Escolar Municipal del martes de la próxima semana presentará una alternativa para los comedores escolares de catering, aunque pensando ya en el próximo curso. Gestido, que prefirió ser cauto por el momento, se limitó a reconocer que la solución pasa por un convenio entre la Xunta de Galicia y el Concello, por lo que tratarán de concretar estos días la ayuda que pueden recibir de Santiago para gestionar ese servicio, servicio que en el caso del colegio A Rúa es a estrenar, tras negarse la Asciación de Nais e Pais do Alumnado a hacerse cargo del mismo.

luns, 2 de xaneiro de 2012

E viñeron os Reis Magos... (2012)

Ningún comentario:
Vos desexamos unha boa entrada neste novo ano 2012 a tod@s!!!
Aqui vos deixamos unhas imaxes da derradeira visita que nos fixeron os tres reis magos, para recoller as cartas d@s nos@s nen@s. Foi un rato moi emocionante e divertido....leronse cartas, compartironse sorisos, ..


Esperamos que os reis vos deixen moitas cousas boas a tod@s!!!! =:)