domingo, 26 de setembro de 2010

ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES 2011/12

Ningún comentario:

Finalmente, este curso só se realizará 1 actividade organizada pola Anpa

- Escola Deportiva de futbol: Tódolos luns e mércores de 16h a 17h. O importe é de 15€ mensuais para soci@s e 20€ para non soci@s.


O resto das actividades, están organizadas pola Fundación Cangas Deporte.

luns, 20 de setembro de 2010

CAMISETAS

Ningún comentario:
Seguimos tendo en stock, as camisetas verdes, que son a 4€ para soci@s e 7€ para non soci@s

Atentamente

A Xunta Directiva

mércores, 15 de setembro de 2010

BENVID@S!!!

Ningún comentario:
A Xunta directiva da Anpa quere darvos a benvida a todas as persoas que formades parte da comunidade educativa do centro, nenas e nenos, nais e pais, mestras e mestres, etc..


E sobre todo a nova xeneración que empeza o vindeiro venres 17, os nen@s de tres anos

BENVID@S!!!!

Gracias a tod@s os que fixeron posible este duro comenzo, polo voso esforzo. Esperamos que asome un ano de novas expectativas, novos retos e pronto, como non, un novo centro!!!!

Saúdos

Anpa A Rúa

domingo, 12 de setembro de 2010

Educando en Igualdade

Ningún comentario:

Pincha na imaxe se queres saber mais...

xoves, 9 de setembro de 2010

DENDE O COLE INFORMAN..

Ningún comentario:

09/09/10

As clases comezan o mércores 15

Mañá sairá publicado no Faro de Vigo un comunicado onde se indica que, por orde do Xefe Territorial de Pontevedra, as clases se atrasarán ata o mércores día 15 de setembro.

A razón desta demora é que a obra interior estará rematada mañá a última hora e , posteriormente, dende o venres ata o martes, o concello deberá proceder ó traslado do mobiliario e á limpeza xeral do centro.

Sentimos as molestias ocasionadas ás familias pero tamén consideramos que é importante que os nenos e nenas inicien as clases en condicións idóneas de hixiene, seguridade e confort.

Por outra banda, aproveitamos para informar ós pais e nais do alumnado de Educación Infantil 3 anos, que o martes 14, ás 16:30, a titora convoca unha xuntanza informativa sobre o Plan de adaptación á escola. Esperámosvos!

martes, 7 de setembro de 2010

INICIO DO CURSO 2010/11

Ningún comentario:
ATENCION!!!!

INFORMAMOS QUE O VINDEIRO VENRES 10 DE SETEMBRO

NON DARÁN COMENZO

AS CLASES NO CEIP A RÚA

POR MOTIVO DAS OBRAS DE REFORMA E AMPLIACIÓN.


INFORMARASE DO DÍA EXACTO A TRAVÉS DA PRENSA E DO BLOG DO COLE I ESTE


MESMO.


ESTADE ATENT@S!!!

BANCO LIBROS CURSOS 5º E 6º DE PRIMARIA

Ningún comentario:
Informamos que ó ter un nº de lotes de libros de texto en doazón moi reducido ata o día de hoxe,a asignación dos libros en préstamo sera asignado por sorteo entre todos os nenos e nenas que soliciten ser beneficiarios.

Os nenos e nenas interesad@s deberán ser apuntad@s como solicitantes no correo electrónico da anpa anpa.arua@gmail.com ou chamando o teléfono 666428157, antes do vindeiro mércores 15 de setembro ás 12 do mediodía, día no que se realizará o sorteo.

Deberase facilitar o nome do neno ou nena e o curso que no que se inicia.

Atentamente

A Xunta Directiva