"... un programa onde non faltará a música de todo tipo creada en Galicia, verbenas, pasarrúas ou as tradicionais atraccións. Como novidade, este ano haberá programación gratuita para os máis pequenos todos os días. As festas arrincará o xoves 27 con actividades para os máis pequenos no parque de Andrea pola mañá e pola tarde..."
A ANPA informa que a plantilla de persoal do CHUVI ten convocada unha manifestación para o día 3 de Septembro ás 20 horas dende o H. Xeral (rúa Pizarro), contra os recortes no novo Hospital.
Segundo a "Asociación Galega para a Defensa da Sanidade Pública": "Recórtanse drasticamente todas as áreas asistenciais do Novo Hospital de Vigo: As camas de hospitalización convencional redúcense nun 31,8%, os Quirófanos nun 31,4%, o Servicio de Urxencias nun 55,5% menos, as sas de Radioloxía nun 45,7% e desaparece proxectado Laboratorio Central".
Cidade Imaxinaria á Cidade da Cultura en Santiago. Unha xornada para gozar en familia con viaxeiros equilibristas, bombeiros malabaristas, pallasos magos, principiantes de trapecistas e ata dj’s perruqueiros…
O vindeiro 22 de agosto de 11 da mañá a 21 horas da tarde celébrase esta nova edición centrada na esencia do circo. Diferentes espectáculos combinados con divertidos xogos para todas as idades.
Do 15 de xullo ao 15 de setembro nas bibliotecas públicas de Cangas:
"O Concurso ten por obxecto reflexar mediante imaxes o mundo dos libros e da lectura en calquera das súas dimensións: humana, educativa, anecdótica, cultural, recreativa, familiar, social, etc. O premio d@ gañad@r será un cheque regalo por valor de 150€, para canxear en material bibliográfico e de oficina "
O servizo de Benestar Social do Concello de Cangas abre o prazo de solicitudes de axudas de comedores escolares para o vindeiro curso 2015-2016. O prazo finaliza o mércores 26 de agosto. Para máis información podedes dirixirvos aos Servizos Sociais (Rúa Andalucía nº3). Teléfonos: 986392266/67