xoves, 23 de xuño de 2016

Presentación da guía "Móvete por Cangas", unha guía feita por e para a infancia polos profes e nen@s do noso cole...

Ningún comentario:
Este martes levouse a cabo a presentación da guía "Móvete por Cangas", unha guía feita por e para a infancia. 

Esta iniciativa xorde no CEIP A Rúa en setembro do ano 2015, tendo como obxectivo poñer en valor a nosa vila e dar a coñecer o noso patrimonio natural, histórico e sociocultural. As tarefas foron deseñadas nos diferentes niveis de Infantil e Primaria e todo o alumnado participou na elaboración de contidos, textos, imaxes e fotografías e, incluso, documentais e vídeos. 

A nosa máis sincera noraboa pola marabillosa labor feita polo alumnado e o profesorado do centro, que este ano festexa o seu 25 aniversario. 

Preme na ligazón para consultar a guia:
http://ceiparua.wix.com/moveteporcangas

Aquí a ligazón da noticia nos periódicos:
http://www.farodevigo.es/portada-o-morrazo/2016/06/22/guia-ninos/1485052.html#
http://morrazoaldia.com/gl/una-guia-turistica-de-cangas-dirigida-a-los-ninos-y-ninas/

Axudas para comedor escolar do Concello de Cangas

Ningún comentario:
"Acompañase bases de axudas para comedor escolar dos centros xestionados polo Concello de Cangas: Ceip Nazaret, Ceip A Rúa, Ceip Aldán, Ceip Hio. O prazo de presentación se solicitudes será do 1 ao 31 de xullo (ambos inclusive). Para máis información Centro Municipal de Benestar Social teléfono 986392266.
Centro Municipal de Benestar Social"

luns, 20 de xuño de 2016

XXXIII EDICIÓN MOSTRA INTERNACIONAL DE TEATRO CÓMICO E FESTIVO DE CANGAS. Do 1 ao 9 de Xullo de 2016

Ningún comentario:
"Despois de trinta e tres anos, a Arte da Comedia acude puntualmente á súa cita con Cangas para encher as súas rúas e os nosos días cun máxico e insubstituíble elixir: O HUMOR. 
O HUMOR, luz necesaria para superar os tempos precarios.
HUMOR para dignificar cada día e enfrontar con xiria a realidade. 
HUMOR para avanzar.
HUMOR, ferramenta revolucionaria que esta vila adoptou, hai moitos anos, no corpo da MITCF.
HUMOR, COMEDIA E FESTA, ingredientes para cociñar o mellor teatro do mundo e ofrecelo a todos os públicos."

Aquí tedes o programa...

Escola de Atletismo de Verán "Vila de Cangas"

Ningún comentario:
O Club de Atletismo Vila de Cangas, pon en marcha a ESCOLA DE ATLETISMO DE VERAN, onde se poderán practicar, coa supervisión de monitores titulados, todas as modalidades deste deporte. A actividade estará dirixida para nen@s maiores de 5 anos.

LUGAR:  Pistas municipais de Atletismo de Cangas.
HORARIO: MARTES e XOVES de 11:00 a 12:30 horas durante os meses de xullo e agosto.
PREZO: 15 EUROS por persoa ao mes (10 € para soci@s)
INSCRICIÓN:  Nas Pistas de Atletismo, no mesmo horario da escola ou nos telefonos 660786803 e 628147702.
E-mail.-  at.viladecangas@gmail.com

xoves, 16 de xuño de 2016

14º Certame de Cómic de Cangas

Ningún comentario:
A Concellería de Cultura de Cangas, convoca o décimo cuarto certame de Cómic, dirixido a novos artistas de ata 35 anos cumpridos en 2016.

Os traballos deben presentarse antes do 30 xuño de 2016, na Casa da Xuventude de Cangas, Rúa Real 29. 36940 Cangas. Pontevedra.

Establécense tres categorías:
Categoría A de 18 a 35 anos. (Premio 500 €).
Categoría B de 14 a 17 anos. (Premio 200 €).
Premio á Viñeta Xove para menores de 14. (Premio 100 €).

Os traballos serán orixinais, con textos en galego, de creación propia e inéditos, non debendo ter sido premiados anteriormente. O tema e a técnica son libres, e o formato será DIN-A4. A extensión será de 4 páxinas para as categorías A e B; e de 2 a 4, para o Premio Viñeta Xove.

Os traballos presentaranse polo sistema de plica, nun sobre pechado aparte, no exterior deste sobre figurará o título ou lema e a categoría na que se participa e no interior título ou lema, fotocopia do DNI, enderezo e teléfono de contacto.

Máis información na Casa da Xuventude de Cangas, teléfono 986 392 171

Formularios para anotarse no Campamento exterior organizado polo Concello

Ningún comentario:
"Achegamos os formularios para anotarse no Campamento exterior organizado polo Concello de Cangas:

"Campamento Pontemaril"
Datas: 17-22 de Agosto
Lugar: Campamento Xuvenil Pontemaril- Forcarei (Pontevedra)
Prezo: 90 €
As solicitudes serán acollidas por rigoroso orde de chegada. Máis información na Casa da Xuventude de Cangas- 986392171. Aproveitamos para recordarvos que o día 30 remata o prazo para entregar as participacións no Certame de Comic.
Saúdos,

mércores, 15 de xuño de 2016

Este sábado 18 ven ao FESTIVAL DO 25 ANIVERSARIO do CEIP A RÚA

Ningún comentario:
POLA MAÑÁ:
10:00 – 14:00 Festa de inchables e escuma. Non te esquezas dos calcetíns, unha muda e unha toalla.
10:00 – 13:30 Recollida de postres e pratos salgados para o concurso. Categorías infantil, adulto e alérxicos.
14:00 – 14:30 O xurado elixirá os pratos gañadores.
14:00 – 16:00 As instalacións do colexio estarán abertas para quen queira traer a comida e quedar a comer.

POLA TARDE:
16:00 – 17:30 ACTIVIDADES NA BIBLIOTECA:
  • @s alumn@s de 6º de primaria serán os presentadores de todo o evento.
  • @s alumn@s de 3º de primaria representaran varios sketch da historia do noso colexio.
  • @s alumn@s de 5º de primaria expondrán algúns dos contos que levan preparando durante o curso.
  • Exposición da Guía de Cangas que elaboraron @s alumn@s do noso colexio.
  • Visionado do filme d@s alumn@s de sexto e o making –of.
  • Exposición do ano en fotografías.
17:30 – 18:00 ACTIVIDADES NO PABELLÓN:
  • Exhibición d@s alumn@s de Taekwondo e do Clube. Actividade da Fundación Cangas Deporte.
  • Exhibición d@s alumn@s de Bailes latinos do noso colexio. Actividade extraescolar a cargo da Escola ChaChaCha.
  • Exhibición d@s alumn@s de patinaxe do colexio. Actividade da Fundación Cangas Deporte.
  • Un grupo de rapazas de 4º de primaria representarán un baile preparado por elas.

18:00 – 19:00 ACTIVIDADES NA PISTA DO EXTERIOR:
  • Os rapaces de 4º, 5º e 6º de primaria interpretarán a canción ”Lemon tree”
  • @s alumn@s de 1º e 2ª de primaria elaboraron un baile do 25 aniversario.
  • O grupo de infantil bailará xunt@s para tódol@s asistentes.
  • Os nen@s da actividade de inglés de primaria interpretarán o conto “A cebra Camila”. Actividade extraescolar a cargo de Imaxina.
  • Os nen@s de infantil do taller lúdico de inglés (grupo dos mércores) mostrarán os progresos do curso. Actividade extraescolar a cargo de Asociación Xirasol.
  • Os nen@s de infantil do taller lúdico de inglés (grupo dos martes) representarán un circo. Actividade extraescolar a cargo de Imaxina. 
  • Os nen@s da actividade de teatro representarán unha obra. Actividade extraescolar a cargo de Arela.
  • As nais da actividade de zumba farán unha exhibición. Actividade a cargo de Susana Alonso.
  • Os rapaces da actividade de diverciencia farán unha exhibición do aprendido durante o curso. Actividade extraescolar a cargo de Arela. 
  • Entrega dos premios aos gañadores do concurso de postres e pratos salgados, a continuación degustación dos postres e pratos salgados entregados para o concurso.
  • TÓDOLOS ALUMN@S DO COLEXIO INTERPRETARÁN XUNT@S A CANCIÓN DO 25 ANIVERSARIO.
Recordamos a tódolos pais/nais ou titores que os rapaces deberán vir acompañados e que o ANPA non se fai responsable de ningún nen@. Os horarios marcados neste programa son estimados e o ANPA non se fai responsable das posibles modificacións.

ESPERÁMOSVOS A TOD@S!!!!!!

luns, 13 de xuño de 2016

Charla da Plataforma Sanitaria en Defensa da Sanidade Pública (O VENRES 17 DE XUÑO ÁS 20.00h NO SALÓN DO HOTEL AIRIÑOS DO MAR DE CANGAS)

Ningún comentario:
"A Plataforma Sanitaria en Defensa da Sanidade Pública de Cangas convócavos a unha charla para facer unha análise do Plan Estratéxico elaborado pola Xunta de Galicia (PEG) 2015-2020.O PEG é un instrumento de planificación a medio e longo prazo, onde se recollen as prioridades e obxectivos do goberno para avanzar na recuperación económica e social de Galicia.
Nestes últimos anos, a Consellería de Sanidade utilizou a área sanitaria de Vigo para poñer en marcha o seu modelo privatizador da Sanidade Pública.
Como exemplos temos:
  • Abandono do proxecto inicial do Álvaro Cunqueiro, ao privatizar o seu financiamento e a súa xestión durante vinte anos.
  • Renovación do concerto co hospital Povisa (por un período de oito anos que pode ser renovado por dous anos máis) por valor de 75 millóns de euros, converténdose así no concerto máis caro de España.
  • O desmantelamento do hospital do Meixoeiro.
  • E o peche de Centros de Atención Primaria na cidade de Vigo.
Polo tanto o obxectivo da charla é ver se o Plan Estratéxico contempla saldar, durante ese periodo, a débeda sanitaria que ten contraida a Conselleria de Sanidade co Morrazo, falamos da construción do CAR e dos Centro de Saúde en Moaña e Ádan O-HÍO".

venres, 10 de xuño de 2016

Aviso sobre o pagamento das actividades do programa Enredo do Concello

Ningún comentario:
"AVISO IMPORTANTE:
Dende o día 9 e ata o día 17 de xuño, xa se pode formalizar a matrícula e o pagamento das actividades do programa Enredos de Verán na Casa da Xuventude de Cangas.

Agradecemos difundan esta información entre o seu alumnado.

Cangas, 8 de xuño de 2016

CONCELLERÍA DE XUVENTUDE E VOLUNTARIADO"

venres, 3 de xuño de 2016

"No bico un cantar" reúne en Cangas 500 nenos e nenas de toda Galicia para cantar a lírica medieval

Ningún comentario:
..."Alumnos e alumnas dos conservatorios galegos de música profesional e de tres centros de música do Morrazo participan neste proxecto educativo e cultural. O Consello da Cultura Galega e Cultura e Educación, co apoio do Concello de Cangas, organizan a actuación, que será o venres día 3 ás 17:30 horas no adro da igrexa de Santiago de Cangas...
...As cancións dos xograres e trobadores medievais son as protagonistas da cuarta edición de No bico un cantar, un programa didáctico e cultural que ten como eixos a música, a poesía e a mocidade. A cita xuntará mañá venres en Cangas, ás 17:30 horas,  un gran coro formado por 500 nenos e nenas chegados dos conservatorios de música profesional de Galicia e de tres centros de música do Morrazo para cantarlle ao mar de Vigo"....

aquí a ligazón da nova...

Nova no "faro de Vigo": estiveron moitos nen@s do noso cole...

Ningún comentario:
"El escenario del Auditorio de Cangas fue ayer tomado por los escolares del municipio. La Federación de Anpas "A Gameliña", junto a la profesora Rosi Figueroa, organizó la decimoséptima edición de la Mostra de Teatro Escolar del municipio, que reunió sobre las tablas a más de 150 escolares del municipio.

Esta nueva cantera de actores y actrices estaba formada por alumnos y alumnas de 3 a 12 años de edad procedentes de los colegios de Castrillón, San Roque, O Hío y Espiñeira. En total participaron hasta nueve grupos de estos centros escolares, todos ellos dirigidos por Rosi Figueroa, y su buen trabajo fue recompensado con los aplausos del público que abarrotaba el Auditorio."

aquí tedes a ligazón da nova...

mércores, 1 de xuño de 2016

XII Xornadas Interculturais na Alameda Vella en Cangas (04/06/16)

Ningún comentario:
O Concello de Cangas volve poñer en marcha as Xornadas Interculturais, que cumpren o seu décimo segunda edición. As xornadas prolongaranse ata o 4 de xuño cando se celebra a gran festa intercultural, na Alameda Vella, con postos de ONG e actuacións musicais.


Informe anual do Programa Deportivo escolar do Concello deste ano (2016)

Ningún comentario:
"Este martes, día 31 de maio, rematou unha nova edición do PROGRAMA DEPORTIVO ESCOLAR, que se estivo desenvolvendo nos diferentes centros escolares e instalacións deportivas do municipio, durante o Curso 2015-16. Como en edicións anteriores, o Programa Deportivo sigue tendo moi bo resultado, gracias o traballo de coordinación entre a Fundación Cangas Deporte, as Entidades Deportivas e os Centros Escolares da vila.
Dende a Fundación, como organizadora do programa, queremos agradecer enormemente o traballo destas entidades (clubs + centros escolares) e animalos a continuar con esta aposta deportiva, que tantas facilidades, tanto económicas como de ocio, lles ofrecen os país/nais e os nenos/as de Cangas.