mércores, 5 de outubro de 2022

CHARLA PARA FAMILIAS: INTRODUCIÓN ÁS PRÁCTICAS RESTAURATIVAS

Ningún comentario:


13 OUTUBRO 2022
16:30
Biblioteca CEIP A Rúa


O xoves 13 de outubro temos programado un obradoiro de “Introdución ás Prácticas Restaurativas” para familias. Celebrarase en horario de 16:30 a 19:30 na biblioteca do cole.

Para facilitar a asistencia das familias contaremos con servizo de canguraxe, monitoras/es que realizarán actividades cos nenos e nenas no propio Ceip A Rúa.

A actividade ten aforo máximo que se completará por orde de inscrición polo que é preciso encher este formulario para asistir:

https://forms.gle/VdmAGmvGUbjCjUUL8


 
 

O OBRADOIRO

 Este obradoiro é parte das actuacións do Plan de Convivencia do cole para traballar conxuntamente, nos ámbitos familiar e escolar, a prevención da violencia e a resolución de conflitos.

As familias, ademais de ser parte fundamental na transmisión de valores e coñecementos, deben ser parte do traballo na prevención así como na detección da violencia.

O obradoiro está organizado en dúas partes:

  1. Fundamentos teóricos imprescindibles para comprender as bases deste modelo.

  2. Emprego dos círculos de diálogo ou círculos proactivos. Trátase dunha metodoloxía participativa coa que se comparten coñecementos na resolución dialogada de conflitos e se fomentan as relacións positivas entre as persoas participantes.... 

A actividade vai ser dirixida por 2 profesionais que están actualmente a traballar na implantación de modelos deste tipo en diferentes centros educativos de Galicia. 

Nestes vídeos explícase qué son as prácticas restaurativas:


ANIMÁMOSVOS A PARTICIPAR!


Este obradoiro forma parte dunha Actividade de Promoción da Igualdade e de prevención da violencia de xénero e está subvencionada pola Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia á Anpa A Rúa.


domingo, 2 de outubro de 2022

CHARLA PARA FAMILIAS: A NATUREZA COMO ESPAZO DE APRENDIZAXE, CONVIVENCIA E XOGO LIBRE

Ningún comentario:


4 OUTUBRO 2022
16:30
Biblioteca CEIP A Rúa

Mar Penela, arquitecta e profesora experta na transformación dos espazos educativos dará esta charla para familias do Ceip A Rúa o martes 4 de outubro, na biblioteca do cole de 16:30 a 18:00.

O propósito desta formación é implicar ás familias e dar a coñecer a importancia de conerter os ESPAZOS nunha FERRAMENTA DE APRENDIZAXE e de fomentar un xogo libre non ligado aos estereotipos de xénero. 

Contaremos con servizo de canguraxe para as crianzas, no que monitoras/es desenvolverán actividades no propio centro.

Esta charla forma parte dunha Actividade de Promoción da Igualdade a través dun proxecto de construción cooperativo que implica a todo o alumnado do CEIP A Rúa e está subvencionada pola Secretaría Xeral de Igualdade.