domingo, 24 de xaneiro de 2010

A QUE CHE SABE?....Escola de pais e nais

Ningún comentario:
O pasado mércores día 20 de xaneiro, tivemos o primeiro encontro do ano da escola de pais e nais do Ceip A Rúa, a verdade e que foi
unha clase moi divertida. O tema esta vez era a creatividade, tivemos que dibuxarnos nun papel tal e como nos mirabamos a nós
mesmos, houbo soles, árbores, peixes, paisaxes completas, etc.
Tamén xogamos a outra cousa que me pareceu super creativa "a que che saben as cancions", e de feito este venres chegei ó final
dunha peli española ambientada nos 70, da cal a canción do remate emocionoume, a ver que vos parece a vós, a qué vos sabe?,
a qué vos cheira? a algúns traeravos moitas lembranzas...



O título é Señora azul, e o grupo Crag a la polo 1974.

A vindeira cita na escola de pais e nais será o 03 de febreiro, esperámosvos!!!
Por certo, a min cheiroume a liberdade...

venres, 22 de xaneiro de 2010

CASA DA CULTURA

Ningún comentario:
Mañá sábado 23 de xaneiro ás 18:30h terá lugar a tan esperada inauguración da reformada Casa da Cultura.

XADREZ

Ningún comentario:

Igual que en anos anteriores, o vindeiro mércores 27 de xaneiro comenza a tempada de xadrez, co seguinte calendario:
1ª xornada, 27 de xaneiro, ás 16:30h no Ceip do Hío.
2ª xornada, 24 de febreiro, ás 16:30h no Ceip Castrillón
3ª xornada, 24 de marzo, ás 16:30h no Ceip A Rúa
Zonal de Xadrez, 28 de abril, ás 16:30h no Ceip do Hío.
Para mais información, poñervos en contacto con nós, a través do e-mail anpa.arua@gmail.com ou por medio do buzón. 

IX CARREIRA PEDESTRE CONCELLO DE MOAÑA

Ningún comentario:

Mañá sábado 23 de xaneiro, celebrase en Moaña o IX Carreira Pedestre Concello de Moaña, a partir das 16:30h dende a Alameda diante do concello.

Teléfono: 610516242

luns, 18 de xaneiro de 2010

FOLGA XERAL NO ENSINO

Ningún comentario:
Como sabedes o vindeiro xoves 21 de xaneiro, está convocada unha folga xeral no ensino, como resposta a publicación das bases do novo decreto do galego, deixovos información recollida no blog do cole e no do ENDL... mais abaixo.

Se estades interesados en asistir a manifestación en Santiago das 11:30h da mañá, sairán autobuses dende o morrazo:

-Cangas, estación de autobuses as 09:30h
-Bueu, Ies Johan Carballeira ás 09:30h
-Moaña, A xunqueira ás 09:30h