
xoves, 29 de outubro de 2015
Xornada informativa sobre a aplicación da LOMCE (6/11/15 ás 18:30 no concello de Cangas)
Etiquetas:
Confederación de Anpas Galegas,
LOMCE,
Xornadas
Ningún comentario:

Pregámosvos ao mesmo tempo, que lle deades a este evento a maior difusión posíbel para que poda chegar ao maior número de persoas interesadas.
Con esta xornada queremos seguir contribuíndo a que entre todos e todas sigamos abrindo espazos de diálogo e intercambio de experiencias para facer a maior defensa posíbel do ensino público e de calidade.
Agardamos contar coa vosa presenza.
venres, 23 de outubro de 2015
Invitación para a festa de Samaín 2015, o xoves 29 a partir das 17:00
Etiquetas:
Anpa A Rua,
Samaín
Ningún comentario:
Levamos "25 anos na Rúa"... e hai que empezar a celebralo.... Agardámovos a tod@s disfrazad@s!!!!!!!!!!!!!!!!!...
Informe da reunión da Federación de ANPAS co edil de educación de Cangas e responsables do catering (22/10/15)
Etiquetas:
Anpa A Rua,
Comedor,
Concello de Cangas
Ningún comentario:

- a partires do 03 de Novembro as ANPAS interesadas poderán poñerse en contacto coa empresa adxudicataria da piscina municipal "A Balea", e recibir información das ofertas para os colectivos e asociad@s.
- estanse a detectar certas anomalías con respecto ás bases da contratación. Anomalías que se manifestaron na reunión tales coma a ratio monitor@s/alumn@s, hora de saída d@s monitor@s, cantidade de comida, horas de recollida d@s nen@s, recollida anticipada do@s nen@s, actividades especiais...
mércores, 21 de outubro de 2015
Instancia presentada no Concello por Rexistro por deficiencias no Cole
Etiquetas:
Anpa A Rua,
Concello de Cangas,
Reformas
Ningún comentario:

Informámosvos que o 16 do 10 deste mes, presentóuse por rexistro unha instancia no Concello de Cangas expoñendo certas deficiencias do noso cole que requiren un arranxo máis pronto que tarde. Este requerimento está relacionado con outra instancia xa depositada, tamén por rexistro, e transmitida en persoa ao concellal Xoán Carlos Chillón Iglesias.
As deficiencias atopadas son:
- Señalización zona escolar.
- Desescombro aparcadoiro.
- Repintado pasos peóns
- Reparación parque infantil.
- Colocación de canastas de Baloncesto.
- Limpeza de beirarúas.
Un proxecto educativo do noso centro recibe outro premio. Parabéns, profes!!!!
Etiquetas:
CEIP a Rua,
Concursos
Ningún comentario:

O proxecto do no so cole "VIAJE EN EL TIEMPO" recibiu o "Accésit á mellor experiencia de aprendizaxe cooperativo na aula", proxecto presentado pola profe Anna Mª Fernández.
luns, 19 de outubro de 2015
A Federación de ANPAS inclúe ao IES Rodeira...
Etiquetas:
Anpa A Rua,
Confederación de Anpas Galegas,
Cota
Ningún comentario:

Se alguén pagou a cota da anpa do instituto, por favor deixade unha copia do recibo no buzón da anpa, co nome do irmán/a que este cursando no cole, para ter notificación de que xa sodes socios.
Por suposto, agradecemos que paguedes a cota na anpa do cole, pois somos máis pequenos.
Liga de futbol sala escolar Comarcal, curso 2015-16
Etiquetas:
Actividades Extraescolares
Ningún comentario:

Faranse 3 equipos mixtos, Alevín (2004-05), Benxamín (2006-07) e pre-Benxamín (2008-09)
A tempada dará comenzo no mes de Novembro, xogarase no pavillón de Castrillón os sábados pola tarde cada 15 días. Informarémosvos se finalmente se formaron equipos e do calendario de partidos.
Como non temos actividade de fútbol, necesitariamos que algun pai ou nai se ofrezca voluntario para facer de entrenador durante os partidos e xestionar os cambios. Se o voso fillo ou filla quere formar parte dun dos equipos, por favor contesta cos seus datos (nome, data de nacemento e curso) polo tokapp, e-mail anpa.arua@gmail.com ou deixando unha nota no buzon da anpa poñendo como referencia: Futbol Sala, antes do vindeiro venres 23 de outubro.
venres, 16 de outubro de 2015
Información de prestación de servizos da piscina municipal (nota de prensa)

"Tres foron as empresas que presentaron oferta económica e técnica para a xestión de instalación e servizos na Piscina Municipal A Balea de Cangas. A Mesa de Contratación, tras apertura, análise e valoración das mesmas, resolveu propoñer como adxudicataria á unión de empresas SOOM Management SL – Esproade SL.
Previsiblemente a asinatura de contrato con esta empresa levarase a cabo a finais da vindeira semana. O obxectivo do gobernó local é axilizar todo o posible os correspondentes trámites administrativos nestes casos para que a empresa se poida adicar a centrar nos preparativos necesarios de cara a apertura do servizo, que se prevé para a última semana deste mes de outubro.
O novo servizo contará cun horario de apertura de 65 horas semanais, distribuido de luns a venres de 8 a 14 horas e de 16 a 22 horas, e os sábados de 9 a 14 horas. Durante este horario de apertura as persoas usuarias poderán disfrutar das instalacións sen limitación de tempo.
"Ilustraciencia". Taller para público infantil (7-8 de novembro do 2015)
Etiquetas:
Recomendacións
Ningún comentario:
Mural do Litoral é unha actividade destinada aos pequenos de casa (a partir dos 4 anos) na que poderán divertirse, aprendendo a debuxar e participar nun mural colectivo no que as protagonistas serán a flora e fauna do noso litoral.
Actividade gratuita. 25 nenos máximo acompañados por un adulto.
A fin de semana do 7 e 8 de novembro de 2015 a MUNCYT Coruña. Horario: 11:15h.-14:45h. Duración: Sesións cada 30 min.
Información no teléfono 900 100 134.
venres, 9 de outubro de 2015
Obra de teatro no auditorio de Cangas (14/10/15)
Etiquetas:
Recomendacións
Ningún comentario:
"Ola! Chámome Luisa e estou aquí para falarvos do meu traballo? E ¡claro! Estarédesvos preguntando en que traballo, verdade??..." Así comeza a obra teatral ?¡Que traballo tan curioso!?, unha creación da Unidade de Cultura Científica do Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC) en Galicia na que Luisa Martínez Lorenzo, investigadora no escenario e divulgadora na vida real, invita ao público a que adiviñen cal é a súa profesión.
Coa axuda da ciencia e de dous personaxes moi especiais, a investigadora descubrirá que hai nas mans e na boca dos asistentes, aínda que eles pensen que están completamente limpas.
Minervigo 2015 (do 9 ao 12 de Outubro na Praza do Rei en Vigo)
Etiquetas:
Recomendacións
Ningún comentario:

Documentos de exixencias técnicas e administrativas da contratación do Comedor destes dous próximos cursos escolares
Etiquetas:
Comedor,
Concello de Cangas
Ningún comentario:

Prego de prescripcións técnicas (PPT) para a contratación, mediante procedemento aberto, do servizo de catering e de persoal monitor/cuidador de comedor escolar para os centros de educación infantil e primaria dependentes do concello de Cangas durante os cursos escolares 2015/16 e 2016/2017
xoves, 8 de outubro de 2015
Actividades para nen@s no Muncyt da Coruña neste mes
Etiquetas:
Recomendacións
Ningún comentario:

luns, 5 de outubro de 2015
Actividades Extraescolares 2015-16. Relación definitiva e horarios
Etiquetas:
Actividades Extraescolares,
Anpa A Rua
Ningún comentario:
Informámosvos que das actividades ofertadas pola Anpa, non se realizarán por falta de grupo mínimo as seguintes: "Bailes Latinos" (8-11 anos), "Obradoiro de Escritura", "Obradoiro Musical", "Pandeireta/Gaita", "Linguaxe de Signos", "Diverciencia" (martes) e "Zumba" (martes).
- Este venres (09/10), comenzaron as actividades de, "Taller Lúdico Alemán", "Diverciencia" e "Zumba" para adultos.
- "Teatro" dará comezo como tiñamos previsto o LUNS, e finalmente o grupo será para todos os inscritos. (INFANTIL E PRIMARIA).
- E tamén, a vindeira semana (semana do 5/10), comezarán o resto de actividades: "Bailes latinos" (3-7 anos), "Taller Lúdico en Inglés" (infantil e primaria), e "Balonmán".
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)