mércores, 5 de outubro de 2022

CHARLA PARA FAMILIAS: INTRODUCIÓN ÁS PRÁCTICAS RESTAURATIVAS

Ningún comentario:


13 OUTUBRO 2022
16:30
Biblioteca CEIP A Rúa


O xoves 13 de outubro temos programado un obradoiro de “Introdución ás Prácticas Restaurativas” para familias. Celebrarase en horario de 16:30 a 19:30 na biblioteca do cole.

Para facilitar a asistencia das familias contaremos con servizo de canguraxe, monitoras/es que realizarán actividades cos nenos e nenas no propio Ceip A Rúa.

A actividade ten aforo máximo que se completará por orde de inscrición polo que é preciso encher este formulario para asistir:

https://forms.gle/VdmAGmvGUbjCjUUL8


 
 

O OBRADOIRO

 Este obradoiro é parte das actuacións do Plan de Convivencia do cole para traballar conxuntamente, nos ámbitos familiar e escolar, a prevención da violencia e a resolución de conflitos.

As familias, ademais de ser parte fundamental na transmisión de valores e coñecementos, deben ser parte do traballo na prevención así como na detección da violencia.

O obradoiro está organizado en dúas partes:

  1. Fundamentos teóricos imprescindibles para comprender as bases deste modelo.

  2. Emprego dos círculos de diálogo ou círculos proactivos. Trátase dunha metodoloxía participativa coa que se comparten coñecementos na resolución dialogada de conflitos e se fomentan as relacións positivas entre as persoas participantes.... 

A actividade vai ser dirixida por 2 profesionais que están actualmente a traballar na implantación de modelos deste tipo en diferentes centros educativos de Galicia. 

Nestes vídeos explícase qué son as prácticas restaurativas:


ANIMÁMOSVOS A PARTICIPAR!


Este obradoiro forma parte dunha Actividade de Promoción da Igualdade e de prevención da violencia de xénero e está subvencionada pola Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia á Anpa A Rúa.


domingo, 2 de outubro de 2022

CHARLA PARA FAMILIAS: A NATUREZA COMO ESPAZO DE APRENDIZAXE, CONVIVENCIA E XOGO LIBRE

Ningún comentario:


4 OUTUBRO 2022
16:30
Biblioteca CEIP A Rúa

Mar Penela, arquitecta e profesora experta na transformación dos espazos educativos dará esta charla para familias do Ceip A Rúa o martes 4 de outubro, na biblioteca do cole de 16:30 a 18:00.

O propósito desta formación é implicar ás familias e dar a coñecer a importancia de conerter os ESPAZOS nunha FERRAMENTA DE APRENDIZAXE e de fomentar un xogo libre non ligado aos estereotipos de xénero. 

Contaremos con servizo de canguraxe para as crianzas, no que monitoras/es desenvolverán actividades no propio centro.

Esta charla forma parte dunha Actividade de Promoción da Igualdade a través dun proxecto de construción cooperativo que implica a todo o alumnado do CEIP A Rúa e está subvencionada pola Secretaría Xeral de Igualdade.


xoves, 15 de setembro de 2022

OFERTA DE ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES 2022/2023

Ningún comentario:

 

Partillamos información da oferta de actividades extraescolares para o curso 2022/2023. 

 

Descargade o documento nesta ligazón.



Instrucións para a inscrición nas actividades extraescolares 2022-2023

Formulario de inscrición.


[NOVO 30/09/2022] HORARIO SEMANAL DEFINITIVO das actividades

luns, 31 de xaneiro de 2022

XORNADAS EN LIÑA DE CONVIVENCIA ESCOLAR DA ASOCIACIÓN CONVIVES

Ningún comentario:

 Ola familias!

Partillamos información do programa de xornadas arredor da temática da Convivencia Escolar que a Asociación Convives organiza, en liña, os vindeiros xoves deste mes de febreiro de 2022:

- 3 febreiro. 16:30 - 18:30. Bienestar y CUIdadanía [programa_Convives_03]

- 10 febreiro. 16:30 - 18:30. Ciberconvivencia [programa_Convives_10]

- 17 febreiro. 16:30 - 18:30. Participación e Convivencia [programa_Convives_17]

- 24 febreiro. 16:30 - 18:30. Inclusión y Equidad [programa_Convives_24]


As sesións desenvolveranse na plataforma Zoom, para inscribirse enche o formulario na seguinte ligazón:

https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSegkhGEjxHODOSAoC_m2_3wT2mv2h9y5RlPYt7i_aM-3jG_Jg/viewform


Saúdos!

luns, 6 de decembro de 2021

PROGRAMA DE RADIO 🎙🎧 DO ALUMNADO DO CEIP A RÚA PARA LOITAR POLA IGUALDADE

Ningún comentario:


A ANPA do CEIP A Rúa, de Cangas, desexa compartir coa cidadanía o programa radiofónico en favor da igualdade elaborado polo alumnado de Educación Infantil e Primaria na semana en que se conmemora o  #25N Día Internacional pola Eliminación da Violencia contra as Mulleres.

Nenos e nenas participaron nun obradoiro de radio e igualdade organizado pola ANPA, realizado pola Asociación de Comunicación para o Cambio Social AGARESO  e financiado pola Secretaria Xeral da Igualdade da Xunta de Galicia. Como resultado, gravaron un programa onde reflexionaron sobre os estereotipos, os roles e a discriminación de xénero.

Para iso, achegáronse ás personaxes de debuxos máis populares, aos contos clásicos e ao formato informativo desde unha perspectiva feminista. "Por un presente en igualdade" foi un dos desexos formulados polo alumnado como unha invitación a sumarse á loita contra o machismo.


Pódese escoitar aquí: 

https://www.ivoox.com/igualdade-ceip-a-rua-cangas-audios-mp3_rf_77605346_1.html


Ver presentación 



martes, 23 de novembro de 2021

20N...DIA UNIVERSAL DOS DEREITOS DA INFANCIA

Ningún comentario:



Nacións Unidas celebra o Día Universal do Neno o 20 de novembro, data na que a Asemblea Xeral da ONU aprobou a Declaración dos Dereitos do Neno en 1959 . Esta declaración, que non tiña legalmente carácter vinculante, non era suficiente para protexer os dereitos da infancia. Tras dez anos de negociacións con gobernos de todo o mundo, líderes relixiosos, ONG, e outras institucións, logrouse acordar o texto final da Convención sobre os Dereitos do Neno, o 20 de novembro de 1989, cuxo cumprimento é obrigatorio para todos os países que a asinaron.

martes, 9 de novembro de 2021

📚Sabes como funciona a Biblioteca viva da Gameliña?

 A Gameliña, Federación de Anpas de Cangas, pon a disposición das familias a Biblioteca Viva:

🔵 Para ver todos os libros, videoxogos e xogos que temos dispoñibles consulta no seguinte enlace o listado 👇

https://federanpasdecangas.blogspot.com/2021/10/biblioteca-viva.html?fbclid=IwAR1NDP4NMcHINWoNsakJ-BuOkvpcjKycUcjuT5yOL0uXZ2rdrFGSnsbt8Sk



🔵 Cando elixas o que queres envia un correo solicitandoo a biblioanpas.igualdade@gmail.com , as solicitudes que cheguen antes do martes entréganse na mesma semana o resto quedan para a seguinte.

🔵 O mércores unha persoa da túa ANPA fará entrega no teu centro escolar (Sara Soage / Alicia Alonso para o CEIP A Rúa)

🔵 Os luns toca recollida do mesmo xeito que se fixo a entrega.



Actividade levada a cabo dentro da axuda recibida para a promoción da igualdade entre homes e mulleres e a prevención e loita contra a violencia cara as mulleres.

domingo, 17 de outubro de 2021

PRAZAS DISPOÑIBLES NAS ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES

Ningún comentario:

 Ola familias!


Dende a ANPA queremos lembrarvos que aínda que rematara o prazo para inscribirse nas extraescolares, si podedes inscribirvos nos grupos que aínda teñen aforo dispoñible. 

As actividades que xa NON teñen prazas libres son Xadrez, Teatro e Cociña. 

Deixámosvos o horario actualizado e a folla de inscrición nestas ligazóns:

· Horario

· Inscrición

Enviade as novas inscricións a anpa.arua@gmail.com

Saúdos!

domingo, 26 de setembro de 2021

ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES CURSO 2021-2022

Ningún comentario:

 Ola familias!


Achegámosvos a folla coa información e instrucións para anotar ás nenas e nenos nas actividades extraescolares que comezan en outubro.

Debedes cumplimentar unha folla de inscrición por cada nena ou neno (que levarán para casa mañá luns 27).

Por favor, seguide as instrucións que nesta folla se detallan. Debedes entregar as inscricións entre o martes 28 ás 09:30 e o xoves 30 ás 17:00 (preferentemente a través de correo electrónico).


Unha aperta.

Xunta directiva

ACTIVIDADES 2021-2022 (Descargar instrucións)

xoves, 23 de setembro de 2021

MEMORIA DE ACTIVIDADES DA ANPA A RÚA CURSO 2020-2021

Ningún comentario:

Portada da memoria de actividades 2020-2021

Velaquí a memoria das actividades realizadas ou participadas pola ANPA no curso 2020-2021, son proxectos que disfrutou o alumnado e que se puideron levar a cabo coa colaboración das familias, GRAZAS!!

Memoria 2020/2021

martes, 2 de marzo de 2021

COÑÉCENOS! CEIP A RÚA

Ningún comentario:

Admisión curso 2021/2022

Xa se poden facer as solicitudes de admisión nos Centros de Educación Infantil e Primaria. Coma este ano por mor da Covid non se van poder levar a cabo as xornadas de portas abertas os centros prepararon unha visita virtual para darse a coñecer. 

Neste link poderedes coñecer máis sobre o noso cole CEIP A Rúa:  

http://www.edu.xunta.gal/centros/ceiparua/?q=node/161




Saúdos,

ANPA A Rúa