mércores, 28 de setembro de 2016

ASAMBLEA GENERAL ORDINARIA

Ningún comentario:
Se adjunta convocatoria para Asamblea ordinaria el miércoles 28.
Se ruega asistencia a todos.

Muchas gracias a tod@s

LISTA ADMITID@S/RESERVAS ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES

Ningún comentario:
Adjuntamos listados de alumnos admitidos, alumnos en reserva y plazas libres para cada una de las actividades ofertadas. Si hay algún error, comunicarlo via mail (anpa.arua@gmail.com) o buzón del cole lo antes posible.

¡¡¡ABRIMOS NUEVO PLAZO HASTA JUEVES 29 A LAS 14h. PARA NUEVAS INSCRIPCIONES EN LAS ACTIVIDADES CON PLAZAS LIBRES!!!! (Recordamos que todas las actividades que no lleguen a 8 alumnos no se llevarán a cabo, excepto Arte y Alemán, que si aceptan menos plazas)

El viernes 30 se publicarán listas definitivas y se confirmarán las actividades que finalmente se llevarán a cabo.
https://www.dropbox.com/s/9gxit5kd7suusds/Listado%20actividades%20extraescolares.pdf?dl=0&raw=1
Aprovechamos para recordar que mañana miércoles 28, a las 19:30h., tendrá lugar una Asamblea Ordinaria del Anpa.

Contamos con todos vosotr@s.

Muchas gracias a tod@s!!!!

martes, 20 de setembro de 2016

Ficheiro do programa definitivo da fundación Cangas Deporte para o Noso Cole

Ningún comentario:
Aquí tedes a asignación das actividades propostas ao noso Cole pola Fundación.

saúdos,

25 de setembro a partir das 10.00 h celebraráse a XIII edición da Carreira Pedestre de Moaña

Ningún comentario:
Hola compañeiros/as

Temos o pracer de comunicarvos que o próximo 25 de setembro a partir das 10.00 h celebraráse a XIII edición da Carreira Pedestre de Moaña, organizada por o Concello de Moaña e o Club Atletismo Samertolameu.

A proba popular absoluta, celebrarase as 12.00 h sobre un percorrido de 10 km totalmente chans. A distancia non está homologada, pero podemos asegurarvos que a fiabilidade da medición e óptima (gps+roda topográfica). Tamén existe a opción de facer a carreira de 5km.

O percorrido estará debidamente sinalizado, e indicados os pasos kilométricos. Haberá avituallamento cada 2’5km  aproximadamente.
Tamén haberá probas para os mais pequenos, animade os vosos rapaces a participar e divertirse en un circuito cómodo e seguro, e con distancias axeitadas a sua categoria.

Solicitude de apertura dun prazo extraordinario para solicitar axudas...

Ningún comentario:

Pola orde que se mostra abaixo, a  Federación de Asociacións de Nais e Pais dos Centros Públicos de Cangas “A GAMELIÑA”, así como os demais nais e pais firmantes desta solicitude na plataforma CHANGE.ORG, consonte o exposto nos parágrafos precedentes,

SOLICITAMOS ao Conselleiro de Educación:

Que previos os trámites que correspondan,pola Conselleria se acorde abrir un prazo extraordinario para solicitar as axudas establecidas na Orde do 27 de abril de 2016,  que remate o 31 de outubro de 2016, ou no prazo dun (1)mes dende a sua publicación no DOGA.

En Cangas do Morrazo, a 17 de setembro de 2016.

SR. CONSELLEIRO DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA DA XUNTA DE GALICIA,  D. ALFONSO RUEDA VALENZUELA

A Federación de Asociacións de Nais e Pais dos Centros Públicos de Cangas,  con NIF 36.537.900, ante a sede do citado órgano comparece e fai constar que:

PRIMEIRO.- A Orde do 27 de abril de 2016 pola que se se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2016/17, estableceu que:
1.- O prazo para presentar solicitudes iniciarase o día seguinte da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia e rematará o día 23 de xuño de 2016 (este incluído).
2.- O alumnado que, unha vez transcorrido o prazo indicado, se incorpore a un centro docente sostido con fondos públicos procedente de fóra de Galicia ou dun centro situado en Galicia pero non sostido con fondos públicos poderá presentar a solicitude no prazo dun (1) mes contado a partir do día seguinte á formalización da matrícula. Non se poderán presentar solicitudes despois do 31 de marzo de 2017. 
3.- O alumnado que repita 4º da ESO no curso 2016/17, cando non tivese presentado solicitude de axuda para adquirir libros de texto e material escolar no prazo indicado, tamén poderá presentala no prazo dun  (1) mes desde a formalización da matrícula.


xoves, 15 de setembro de 2016

Información Ludoteca da Casa da Xuventude, Cangas

Ningún comentario:
Achego a información referente a actividade anual de Obradoiros Infantís que oferta a Concellería da Xuventude, que dará comezo en outubro de 2016 e se desenvolverá ata maio de 2016 na Casa da Xuventude de Cangas.

A actividade está pensada para nenos e nenas de 4 a 10 anos, e será de luns a xoves en horario de tarde, de 17.00 a 20.00 hs.

As prazas son limitadas e serán recollidas por orde de chegada a partires do próximo 14 de setembro, polo que pediría desen difusión entre os seus alumnos/as.

Un saúdo

Cangas, 8 de setembro de 2016
Concelleiro de Xuventude e Voluntariado
Asdo.: Andrés García Bastón

martes, 13 de setembro de 2016

Presentación del proyecto «Sábados en Ruta» no Concello de Cangas

Ningún comentario:
A Concellaría de Medio Ambiente e Turismo en colaboración coa Asociación de Animación Sociocultural "A Illa dos Ratos" presentan o proxecto "Sábados en Ruta".
Este novo proxecto, que se levará a cabo os sábados de setembro e outubro ás 11:00 horas, está encamiñado a seguir resaltando os recursos turísticos e culturais de Cangas a través dunha liña natural e histórica.

Previsión e actualización das actividades extraescolares do curso 2016/17

Ningún comentario:
Aquí tedes unha nova versión das diferentes actividades ofertadas para este curso. Tamén proponse unha estimación dos custes e a provisión dos horarios das actividades propostas...

xoves, 1 de setembro de 2016

Actividades extraescolares propostas pola ANPA para este novo curso 2016/17

Ningún comentario:
Estimadas Familias,

Poñémonos en contacto con vos, para informarvos da oferta de actividades extraescolares organizadas pola ANPA, así como dos prazos e datas de inscrición.

Ábrese o prazo para as inscricións dende o 12 ata o Luns 26 de Setembro excepto para o Aula Matinal que o prazo comezará o 1 de setembro e continúa durante todo o curso (consultar condicións no documento ligado). Tódalas actividades teñen unha cota de alumn@s admitidos. O orden de prioridade para obter praza nas actividades será a seguinte:
  1. Alumn@s pertencentes á ANPA e que repitan actividade.
  2. Alumn@s con algún irmán na actividade.
  3. Orden de presentación de solicitudes.
A listaxe de admitidos e reservas publicarase no centro e na web o Mércores 28 de Setembro, así como as prazas vacantes de tódalas actividades se as houbese.

As actividades darán comezo no mes de Outubro e rematarán no mes de Maio (8 meses), excepto Aula Matinal, que comezará a funcionar o primeiro día de clase e rematará o último día lectivo. Para que as actividades se poidan levar a cabo, deberá haber un cota mínimo de nen@s en cada actividade.

Os grupos e horarios poderán ser modificados dependendo das necesidades organizativas das mesmas.

Se durante o curso se produce algunha baixa chamarase por rigoroso orde de lista de reserva. Se aínda así non se chegase o cota mínimo de alumn@s a actividade poderase suspender.

As actividades xeraran un compromiso por parte das familias de chegar tanto á entrada cómo á saída puntuais para non entorpecer o bo funcionamento das mesmas.

O pago das actividades será mensual, a través da domiciliación bancaria e o recibo cargarase en conta o día 10 de cada mes. As tarifas son por mes completo, se algún neno falta a algunha clase non se farán descontos. As BAIXAS deberán ser notificadas entre o 20 e o 25 do mes anterior á baixa, e no caso de DEVOLUCIÓN DE RECIBO, estes serán aboados, mediante unha nova remisión do cobro xunto cos gastos que orixine dita devolución. (A ANPA NON SE RESPONSABILIZA DA DEVOLUCIÓN DE RECIBOS SE NON SE NOTIFICA A BAIXA ANTES DO DÍA 25 DO MES ANTERIOR). Se alguén non desexa domiciliación bancaria, a forma de pago será por CURSO COMPLETO, un único pago do importe total na segunda quincena de Outubro, na conta:
  • ABANCA: Nº CONTA: 2080 5079 83 3040001135.
A participación nas actividades supón aceptación e o respecto das normas establecidas e para iso deberase cubrir e firmar correctamente a folla de inscrición adxunta.
  •  AULA MATINAL. Actividade que permite conciliar a vida familiar e laboral, ofrecendo un servizo de recollida dos nen@s dende as 08:00h, e ata o inicio das clases. Dende o primeiro día lectivo e ata o último.
  •  TALLER LÚDICO EN INGLÉS: Clases faladas coas que se pretende que @s nen@s aprendan o idioma naturalmente. Grupos de infantil e grupo de primaria.
  • CONTACONTOS E EXPRESIÓN CORPORAL: Esta actividade permítelle aos nen@s manifestar a súa capacidade creadora e imaxinativa, axudándolle a dominar a expresión corporal e oral,etc. Dirixida ó grupo de infantil ata 2º de primaria incluído.
  • TEATRO: Actividade dinamizativa q permite ampliar as súas capacidades de imaxinación e imitación, favorecendo a integración no grupo. A partir de 3º primaria
  • INTELIXENCIA EMOCIONAL. Habilidade das persoas para atender e percibir os sentimentos de forma axeitada e precisa, a capacidade para asimilalos e comprendelos e a destreza para regular o noso estado de ánimo e o dos demais.(Grupo PRIMARIA)
  • TALLER LÚDICO ALEMÁN. Xogos e cancións en lingua alemán, onde se iniciaran neste idioma dun xeito lúdico. A partir de 5 anos.
  • DIVERCIENCIA. Taller moi dinámico onde os nen@s se transformarán en científicos a través do xogo. Tódalas idades.
  • BAILES LATINOS. A cargo da escola Chachachá, imparten clases de bailes latinos a partir dos 5 anos.
  • Tamén se oferta CLASES PARA ADULTOS, (pais e nais dos alumnos do cole), cun desconto especial para os socios da Anpa (para máis información ESCOLA CHACHACHÁ)
  • ZUMBA ADULTOS. Actividade deportiva con moito ritmo a través do baile e música.
  • INFORMÁTICA. A academia LOGOS, oferta clases que abarcan dende mecanografía, paquete office, paint, navegador...etc, dispoñendo de un pc por nen@ Inscricións e horarios na academia. Tarifas:  2h/semana/mes = 18 €/alumn@  ADULTOS: 2h/semana/mes = 25 €
Tede presente que estamos agardando a oferta deportiva a enviar pola "Deputación de Pontevedra" e pola "Fundación Cangas Deporte".

Calendario escolar e festivos 2016/17 publicados na Xunta

Ningún comentario:
Orde do 7 de xuño de 2016 pola que se aproba o calendario escolar para o curso 2016/17 nos centros docentes sostidos con fondos públicos na Comunidade Autónoma de Galicia.

aquí o calendario:

...e os festivos: