ELECCIÓNS XUNTA DIRECTIVA DA ASOCIACION E ASAMBLEA XERAL ORDINARIA
Comunicámosvos, que non se recibíu ningunha candidatura para formar nova xunta directiva. Por este motivo, convócase a tódolos socios e socias á Asamblea Xeral Ordinaria, que terá lugar o vindeiro martes 29 de novembro, ás 18:45h i en segunda convocatoria ás 19:00h, coa seguinte orde do día:
- Lectura e aprobación, se procede da acta anterior.
- Ratificación e aprobación da xunta directiva
- Aprobación das contas do curso 2010/2011
- Actividades Extraescolares
- Roupa en stock do chandal
- Cota e soci@s
- Suxerencias
Aproveitaremos a reunión para falar das últimas novas con respecto ao comedor, polo que se algún pai ou nai que non sexa soci@ quere asistir a reunión, será ben recibido.
A Presidenta