martes, 22 de xuño de 2010

CONTROL EVENTOS DEPORTIVOS 2010

Ningún comentario:



DOSSIER INFORMATIVO

CONTROL EVENTOS DEPORTIVOS 2010

EVENTO
II TORNEO ABERTO DE XADREZ
ORGANIZA
Fundación Cangas Deporte e Concello de Cangas
DATA
Domingo 27 de Xuño de 2010
HORARIO
a partires dás 10.00 horas
LUGAR
Alameda Nova de Cangas
CATEGORÍAS
Participación libre e para tóda-las idades
INSCRIPCIÓNS
GRATUITA
- Fundación Cangas Deporte ata o venres 25 de Xuño
- Ás 10:00 h na Alameda Nova de Cangas o día do torneo
Nº PARTICIPANTES
50 xadrecistas ( aprox. )
ÁMBETO
Comarcal
COMPARECENTES
Dna. Antonia Queimaño Piñeiro
(Concelleira de Deportes e Presidenta da Fundación Cangas Deporte)
Aarón Paredes Costas
(Monitor en prácticas responsable do evento)
Carmen Chapela Pastoriza
(Monitora en prácticas responsable do evento)


sábado, 19 de xuño de 2010

Ningún comentario:
Dende a organización, Queremos Galego, envianos este documento dirixido ós pais e nais de infantil. Se alguén está interesado, podese imprimir simplemente pinchando enriba do documento e elixindo a opcion da impresora:


Rechazo a la política educativa (la voz de Galicia 06/2010)

Ningún comentario:

Profesores, padres y alumnos se concentraron ante la sede ferrolana de la Xunta convocados por las ANPA Profesores, padres y alumnos se concentraron ayer ante la sede ferrolana de la Xunta para expresar su rechazo a la política educativa del Gobierno de Galicia. En medio de la polémica desatada en torno a cuestiones como la distribución de ordenadores entre los centros educativos -un reparto en el que los centros públicos se sienten claramente discriminados frente a los concertados- y la pérdida de presencia de la lengua gallega en las aulas, la Federación de Asociacións de Pais e Nais de Alumnos de Centros Públicos de Ferrolterra exigió ayer del conselleiro de Educación, Jesús Vázquez, un «cambio radical na súa política».

venres, 18 de xuño de 2010

FESTA FIN DE CURSO 2010

Ningún comentario:
Despois dunha semaniña pasada por auga, fixo un día estupendo!!

A asistencia ós xogos da mañá foi moi numerosa e os nenos e nenas, e tamén os maiores pasámolo moi ben. Houbo sorteo de regalos e un xantar estupendo compartido cun bo grupo de familias que se quedaron, fixose corto, haberá que amplialo para o ano que ven.

E pola tarde, a recompensa de todo un ano de traballo dalgunhas das actividades. Un numero enorme de artistas futur@s. Os alumnos e alumnas de 6º estiveron incribles e iso que foi todo improvisado!!!
Os traballos feitos polos nen@s o longo do curso, a proxeccion de fotos...

A visita dos nenos e nenas dos nosos compañeiros do Ceip Espiñeira e a súa exhibición da Karate

En fin un montón de traballo, penso que ben feito ou polo menos intentámolo, que non sería posible sen a axuda de todos os nosos colaboradores, establecementos, pero sobre todo a axuda de tódolos pais e nais que nos votaron unha man e os nosos queridos ex-alumnos/as


Unha aperta e moitas gracias!!!

¡¡¡ CAMPAMENTOS DE VERÁN NOS COLEXIOS !!! (2010)

Ningún comentario:
¡¡¡ CAMPAMENTOS DE VERÁN NOS COLEXIOS !!!

Dende a dirección de esta Anpa, ponse en marcha por segundo ano esta iniciativa, para apoiar a aqueles pais e nais, que con motivo das vacacións, vense moitas veces sen saber con quen deixar os nenos/as.

Este campamento desenrolarase durante os meses de xullo e agosto, no COLE DE A RÚA EN HORARIO: DE 09:30 H A 13:30 H. DE LUNS A VENRES.(No caso de que den comenzo as obras de remodelación no cole ou non se faga grupo, trasladarase o campamento a outro cole)

domingo, 13 de xuño de 2010

ASAMBLEA XERAL EXTRAORDINARIA

Ningún comentario:

ASAMBLEA XERAL EXTRAORDINARIA

Convócase a Asamblea Xeral Extraordinaria da Asociación a celebrar o vindeiro xoves dia 17 de xuño do 2010 na biblioteca do centro ás 18:45 horas, e en segunda convocatoria ás 19:00 horas no mesmo lugar co seguinte Orde do día:
  • Lectura e aprobación, se procede da acta anterior. 
  • Presentación do novo chándal do cole. 
  • Libros de texto. 
  • Actividades de verán. 
  • Rogos e preguntas 

A Presidenta

xoves, 10 de xuño de 2010

FESTAAAAAA!!! (2010)

Ningún comentario:
Este sábado estamos de festa, por certo xa sabemos que a nosa mascota gañadora deste ano chamase "Frubi"......

luns, 7 de xuño de 2010

MASCOTA 2010

1 comentario:
Xa temos a mascota absoluta gañadora deste ano 2010, non sabemos moi ben coma a denomina o seu creador ou creadora, nos puxemoslle a "rana-pulpo"


Moitas gracias a tod@s os que participaron nas votacións. Haberá coma tódolos anos un gañador/a por curso ademais do gañador ou gañador absolut@.

XORNADA DE CONVIVENCIA

Ningún comentario:
Como ben dixo Ana, onte foi un día moi, moi agradable...., pasámolo realmente ben e animamosvos os que poidades a acompañarnos na próxima que xa temos en mente...


Aqui vos deixo a súa entrada publicada no blog do Ceip A Rúa