luns, 9 de decembro de 2013

ANPAS GALEGAS

Ningún comentario:
Por fin, despois de anos de reunión a nova Confederación de Anpas de centros publicos galegos, ANPAS GALEGAS, presentarase maña as 11h ante a prensa en Santiago.

Un boa nova para rematar o ano!!

Deixamosvos o enlace por se queredes votarlle unha ollada, xa que estamos confederados nela: http://www.anpasgalegas.org/

mércores, 23 de outubro de 2013

FOLGA XERAL NO ENSINO 24 OUTUBRO

Ningún comentario:
En relación coa convocatoria de folga no ensino público do vindeiro xoves 24 de outubro, a Federación de Anpas de Centros Públicos de Cangas mantivo o pasado mércores 16 de outubro unha reunión extraordinaria, na que se decidiu por maioría secundar a citada folga. Como ANPA integrada nesta federación, convocamos a toda a comunidade escolar do Ceip A Rúa a secundar a folga xeral do vindeiro xoves, nais e pais, alumnos e alumnas, avoas e avós, mestras e mestres, tías e tíos, etc. Asimesmo, convocámosvos a participar nunha CONCENTRACIÓN na praza do Concello de Cangas, ás 19:30h e posible marcha dependendo do nº de manifestantes.

venres, 20 de setembro de 2013

ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES 2013/2014

Ningún comentario:
Coa finalidade de poñer en marcha as actividades extraescolares do curso 2013-2014 rogámosvos que devolvades, por medio dos vosos fillos, o formulario debidamente cumprimentado antes do 25 de setembro, co nome do alumno/a, curso e actividades xestionadas pola Anpa nas que esté interesado en participar.Os nenos/as poden votar o formulario no buzón da ANPA.

Este ano algunhas das actividades irán a cargo da empresa Imaxina e intentarase que den comenzo o vindeiro mes de outubro. Para que as actividades se poidan levar a cabo, deberán estar anotados un mínimo de 8 nen@s en cada actividade.

xoves, 12 de setembro de 2013

COTA ANPA 2013

Ningún comentario:
Informamos a tódolos pais e nais que queiran seguir sendo soci@s ou iniciarse como soci@s da A.N.P.A este curso 2013/2014, que o importe da cota anual é de 15€ por familia, e que a forma de pago farase mediante ingreso bancario nunha oficina de Caixanova, no seguinte nº de conta: 2080 5079 83 3040001135.

No ingreso porase en concepto COTA ANPA, NOME DO NENO E O CURSO.

martes, 10 de setembro de 2013

SUBVENCION COMEDORES

Ningún comentario:
AMPLÍASE O PRAZO DE PRESENTACIÓN DAS SOLICITUDES DE AXUDAS PARA O COMEDOR ESCOLAR ATA O VINDEIRO DIA 14 DE SETEMBRO

venres, 23 de agosto de 2013

COMEDOR ESCOLAR 2013/14

Ningún comentario:
ABERTO O PRAZO DE SOLICITUDE DE AXUDAS DO SERVIZO DE COMEDOR ESCOLAR

Dende o 21 de agosto ábrese o prazo de solicitude de axudas do servizo de comedor escolar destinado a alumnos/as de infantil-2ªetapa e Educación Primaria dos Ceip Nazaret, Ceip do Hio, Ceip Espiñeira e Ceip A Rúa para o curso 2013-2014. As bases están expostas no Concello de Cangas,no Centro Municipal de Benestar Social e na páxina web do Concello. As solicitudes podense recoller no Centro Municipal de Benestar Social e deberanse entregar no Rexistro Xeral do Concello ata o 4 de setembro.


Para ver as bases pincha aquí

martes, 4 de xuño de 2013

CAMPAMENTO MAIA

Ningún comentario:
IX XORNADAS INTERCULTURAIS 
CAMPAMENTO MAIA 

PARA NENOS E NENAS DE 4 A 10 ANOS 

"Coñecendo os pobos, achegando culturas"

SABADO 8 DE XUÑO DE 2013

No CEIP Nazaret de 11:00 a 18:00h (3 €)

CAMPAMENTOS DE VERÁN NO CONCELLO DE CANGAS

Ningún comentario:
Este ano a Federación colabora co concello de Cangas que fará os campamentos de día de verán no antigo colexio da retirosa. Organiza a Asociación Xirasol. O prazo de inscripcion é ata o 15 de xuño.

martes, 28 de maio de 2013

FESTA FIN DE CURSO 2013

Ningún comentario:
Achegámonos xa ao remate deste curso escolar, e como tódolos anos ao rematar as actividades organizamos unha festa. Necesitaremos a axuda coma sempre de pais e nais voluntarios para votar unha man na preparación da festa o venres pola tarde a partir das 5 e mesmo dia da festa para votar unha man nos xogos.

luns, 20 de maio de 2013

CONCURSO DE MASCOTAS 2013

Ningún comentario:
Rematado o prazo de presentacion de mascotas, aqui vos deixamos as elixidas de cada curso, excepto o curso de 4 anos que non se presentou ninguen. Agora deberedes votar a que mais vos guste i enviar o voso voto ao noso correo electronico anpa.arua@gmail.com , o reconto das votacions farase o dia 24 de maio.

venres, 3 de maio de 2013

XXXIII CROSS ESCOLAR C.E.I.P DOMAIO (2013)

Ningún comentario:
A Asociación de Nais e Pais de Alumnos “O Picoto” do C.E.I.P. Domaio (Moaña), está a organizar o XXXIII CROSS ESCOLAR C.E.I.P. DOMAIO, que se celebrará o vindeiro domingo 26 de maio de 2013, e ten o pracer de convidar a todos @s alumn@s do seu centro, a participar neste evento deportivo.

As carreiras darán comezo ás 10:00 da mañá, disputándose as seguintes categorías: 

XIII CROSS ESCOLAR CEP de RIOMAIOR

Ningún comentario:
A Asociación de Nais/Pais de Alumnos/as do CEP de Riomaior, en Vilaboa, coa colaboración do Claustro de Profesores e do Concello de Vilaboa, está a organizar o XIII CROSS ESCOLAR CEP de RIOMAIOR, que se celebrará o domingo, 19 de Maio de 2013, como colofón á Semana Cultural que se vai desenvolver no Centro, e con tal motivo, comprácese en convidar aos alumnos/as dese Centro a participar nas diferentes probas, para as que se establecen as seguintes categorías:


XXV CROSS ESCOLAR E POPULAR CEIP PLURILINGÜE TIRÁN

Ningún comentario:
A asociación de Nais e Pais “Madreboa” do C.E.I.P Plurilingüe de Tirán, coa colaboración do Concello de Moaña e o Clube de Atletismo Samertolameu, pon no seu coñecemento que o vindeiro domingo 12 de maio a partir das 10:00h da maná, vai celebrar o XXV Cross escolar e popular.


xoves, 25 de abril de 2013

ENCÉRRATE CON NÓS

Ningún comentario:
Hoxe no noso cole e ademais en Nazaret e San Roque, encerro pola NON aprobación do proxecto da nova ley de educación LOMCE. E qué mellor día que este, cando se cumplen 39 anos da revolución dos claveis no pais veciño. Aqui un recordo...

venres, 19 de abril de 2013

XVII CROSS ESCOLAR E POPULAR CEIP CASTRILLÓN (2013)

Ningún comentario:
A Asociación de Pais/Nais “FORNOBEDO” e o Claustro de Profesores, en colaboración có clube de Atletismo “Vila de Cangas” y Atletismo Morrazo, organizan de novo este ano unha edición máis do Cross escolar e popular CEIP Castrillón, no último domingo de Abril.

DATA DE CELEBRACIÓN: 28 de abril do 2013. HORARIO: a partir das 10 horas.

domingo, 7 de abril de 2013

Más de 300 adultos con niños se encierran en el IES Rodeira y CEIP de O Hío contra los recortes

Ningún comentario:
La intención era pasar la noche en colchonetas y sacos de dormir y levantar la protesta hoy ESe mantuvo la calefacción debido al frío y recibieron alimentos de establecimientos

domingo, 17 de marzo de 2013

LORENZO ACOMPAÑOUNOS UN ANO MAIS (premios Cross 2013)

Ningún comentario:
Un ano máis e xa é a 4ª edición do noso cross. O Lorenzo acompañounos a pleno rendemento, e algúns dubidaban do windguru!!
Como é habitual comenzouse en hora as 10.30 en punto e as 12.30 aproximadamente estabamos terminando de dalos trofeos.
Acompañaronnos para entrega-los trofeos o Edil de Deportes D. Francisco J. Soliño Soliño e 3 alumnos do Juan XXIII (Sofía, Miguel e Pepe), que viñan representando tamén aos seus compañeiros. Eles foron os creadores, axudados polos seus monitores, da primeira hornada do noso propio trofeo. Un traballo estupendo do que nos sentimos moi orgullosos. Deixámosvos o listado dos afortunados campións que os levaron para a súa casa...

xoves, 7 de marzo de 2013

CAMPAMENTOS A LANZADA 2013

Ningún comentario:
BASES

A Deputación de Pontevedra oferta, un ano máis, os campamentos no Centro de Vacacións A Lanzada, que terán lugar nas seguintes datas (2013):

4º CROSS ESCOLAR CEIP A RUA

Ningún comentario:
A Asociación de Nais e Pais do Ceip A Rúa, coa colaboración do Clube de Atletismo Vila de Cangas e o propio centro, pon no seu coñecemento que o vindeiro día 17 de marzo, a partir das 10:30 horas da mañá, celebrarase o noso 4º Cross Escolar, que este ano como novidade añade a categoría de ex-alumnos i ex-alumnas cursando a ESO.

domingo, 24 de febreiro de 2013

CONCURSO DE CONTOS "FROLES MARELIÑAS" (2013)

Ningún comentario:
A Asociación Cultural Froles Mareliñas, convoca o Concurso de Contos Cortos 2013 coa finalidade de promover a creación literaria entre nenos e adultos.