mércores, 29 de abril de 2015

Información do Cross escolar do CEIP TIRÁN (10 de Maio)

Ningún comentario:
En relación ao cross escolar do Ceip Tirán. A Anpa fará a inscrición dos nenos e nenas que sexan socios/as. Os que non o sexan, terán que ser inscritos polos seus pais ou titores. A Anpa recollerá as inscricións ata o día 06 de maio as 14:00h. As inscricións poden facerse deixando a información no buzón da anpa ou contestando ao TOKAPP.

XXI xornadas de Atletismo Base (8 de Maio ás 17:30 -2015-)

Ningún comentario:
Adxunta se información das xornadas de atletismo base, que se celebrarán o vindeiro 8 de maio nas pistas de atletismo. A Anpa fará a inscrición dos nenos e nenas que sexan socios/as. Os que non o sexan, terán que ser inscritos polos seus pais ou titores. A Anpa recollerá as inscricións ata o día 04 de maio as 14:00h. As inscricións poden facerse por esta mesma vía ou deixando a información no buzón da anpa.

Aquí a ligazón do regulamento da Xornada...

XV CROSS ESCOLAR CEP de RIOMAIOR (17 de Maio de 2015)

Ningún comentario:
Axúntase información do cross escolar do CEP Riomaior. A Anpa fará a inscrición dos nenos e nenas que sexan socios/as a partir de primeiro, segundo indican as bases que axuntamos. Os que non o sexan, terán que ser inscritos polos seus pais ou titores. A Anpa recollerá as inscricións ata o día 08 de maio as 14:00h. As inscricións poden facerse por esta mesma vía ou deixando a información no buzón da anpa.  

Parte do texto da convocatoria di:
..."A Asociación de Nais/Pais de Alumnos/as do CEP de Riomaior, en Vilaboa, coa colaboración do Claustro de Profesores e do Concello de Vilaboa, está a organizar o XV CROSS ESCOLAR CEP de RIOMAIOR, que se celebrará o domingo, 17 de Maio de 2015, como colofón á Semana Cultural que se vai desenvolver no Centro, e con tal motivo, comprácese en convidar aos alumnos/as dese Centro a participar nas diferentes probas..."




Menú de Maio 2015

Ningún comentario:
Aquí tedes o menú proposto para Maio 2015

I XORNADA DE CONVIVENCIA da comunidade escolar (ANPAS, nais, pais, nenos/as, mestres/as, etc) (8, 9 e 10 de Maio)

Ningún comentario:
Adxúntase información da I Xornada de convivencia que organizamos para os días 8, 9 e 10 de maio, en Patos -Nigrán, estades convidados así que se  algún/ha quere asistir, contactade con Foanpas.

Un saúdo
FOANPAS


mércores, 22 de abril de 2015

Anuncio XXVII Cross Escolar e Popular CEIP Plurilingüe Tirán (10 de Maio)

Ningún comentario:
"A asociación de Nais e Pais “Madreboa” do C.E.I.P Plurilingüe de Tirán, coa colaboración do Concello de Moaña e o Clube de Atletismo Samertolameu, pon no seu coñecemento que o vindeiro domingo 10 de maio a partir das 10:00h da maná, vai celebrar o XXVII Cross escolar e popular...

...Rogamos que tódalas inscricións se presenten antes do 8 de maio,  deixaremos inscribir o mesmo día para a carreira popular e os nenos nos que os coles non reciben esta información ou por algún motivo non puideron inscribirse, para que ningún neno/a quede sen correr, pero por motivos de organización necesitamos saber o número de participantes con anticipación, solicitamos a vosa colaboración para que se presenten dentro do prazo para intentar ter o mínimo de inscricións o día da carreira"...

Aquí tedes a ligazón cos datos do evento...

23 de abril, Día Internacional do Libro

Ningún comentario:
A Orixe do día do libro remóntase a 1926. O 23 de abril de 1616 falecían Cervantes e Shakespeare. Tamén nun 23 de abril naceron - ou morreron - outros escritores eminentes como Maurice Druon, K. Laxness, Vladimir Nabokov, Josep Pla ou Manuel Mejía Vallejo. Por este motivo, esta data tan simbólica para a literatura universal foi a escollida pola Conferencia Xeral da UNESCO para render unha homenaxe mundial ao libro e os seus autores, e alentar a todos, en particular aos máis novos, a descubrir o pracer da lectura e respectar a insubstituíble contribución dos creadores ao progreso social e cultural.

Mensaxe de Irina Bokova, Directora Xeral da UNESCO con ocasión do Día Mundial do Libro e do Dereito de Autor: ..."O Día Mundial do Libro e do Dereito de Autor ofrece a oportunidade de recoñecer o poder dos libros para mellorar as nosas vidas e de promover os libros e os que os producen. Como símbolos do progreso social en todo o mundo, os libros -a aprendizaxe e a lectura- convertéronse no branco dos que denigran a cultura e a educación e rexeitan o diálogo e a tolerancia. Nos últimos meses, fomos testemuñas de ataques contra nenos en escolas e da queima pública de libros. Neste contexto, o noso deber é moi claro: debemos redobrar os esforzos para promover o libro, a pluma, o ordenador e todas as formas de lectura e escritura, co fin de loitar contra o analfabetismo e a pobreza, construír sociedades sostibles e fortalecer os alicerces da paz"...


luns, 20 de abril de 2015

Aviso da ANPA: Renovación da Xunta directiva

Ningún comentario:
Co motivo da renovación da Xunta Directiva da ANPA, ábrese o prazo de presentación, para tod@ o que este interesad@ en colaborar e participar na nosa asociación. O prazo será dende o vindeiro luns día 20 ata o luns 04 de maio. @s interesad@s poden deixar os seus datos no buzón da ANPA, enviar un correo electrónico ou contestar no TOKAPP.

Un saúdo,
A Xunta Directiva.

venres, 17 de abril de 2015

x congreso internacional da asociación nacional de investigación en literatura infantil e xuvenil ( 23 e 24 en Vigo)

Ningún comentario:
A morte, a guerra e outros protagonistas malos vanse asomando a unha literatura infantil e xuvenil inqueda e que arrisca. Hai cada vez máis títulos que non eluden estas aberturas escuras da nosa vida e os integran en historias e relatos. O "X Congreso Internacional da Asociación Nacional de Investigación en Literatura Infantil e Xuvenil" trátaos sen disimulos.

Baixo a suxestiva descrición "Nuevos temas na LIJ: Morte, Naufraxios, Guerras, Desastres... na Terra e o Mar", esta cita reúne expertos e académicos en torno a mesas redondas e relatorios os días 23 e 24 de abril de 2015 no Hotel Zenit en Vigo.

Talleres sobre enerxía, electricidade e magnetismo no MUNCYT (A Coruña) para nen@s

Ningún comentario:
Os días 18 e 19 de abril, MUNCYT Coruña ofrece talleres sobre electricidade, enerxía e magnetismo. Mediante xogos e outras actividades os participantes aprenderán divertíndose coa observación e produción de fenómenos eléctricos e magnéticos. Para nen@s de 7 a 14 anos. Entrada libre.

Aquí a ligazón...

martes, 7 de abril de 2015

Anuncio do Cross do CEIP de Castrillón

Ningún comentario:

"A Asociación de Pais/Nais “FORNOBEDO” e o Claustro de Profesores, en colaboración có clube de Atletismo “Vila de Cangas” e Atletismo Morrazo, organizan de novo este ano unha edición máis do Cross escolar e popular CEIP Castrillón, no último domingo de Abril.


DATA DE CELEBRACIÓN: 26 de Abril do 2015
HORARIO: A partir das 10 horas."

"El guardián de los cuentos" Monicreques no Auditorio de Vigo o próximo domingo

Ningún comentario:
"Unha vella biblioteca a punto de pechar, un bibliotecario perdido entre as historias que custodia e unha rata que fixo dos andeis, repletos de libros, o seu fogar, pero a calma da biblioteca verase alterada por un desafortunado accidente. A partir dese intre, entrarán a formar parte dunha incrible aventura acompañados dunhas personaxes con moitas historias que contar. 

Utilizado monicreques de diferentes disciplinas, personaxes de contos clásicos como Carapuchiña Vermella, A Bela Adormecida, ou o Xigante de Jack e as Fabas Máxicas cobrarán vida, empendrendo unha aventura sorprendente."

12 de abril, ás18:00h no Auditorio Municipal de Vigo