sábado, 22 de xuño de 2019

AVISOS: COMEDOR E VALES LIBROS E MATERIAL

Ningún comentario:


Aqui vos deixamos a información sobre os comedores escolares xestionados polos concellos de Cangas para o curso 2019/2020:

                As familias que precisen o servizo do comedor o curso que vén, deberán recoller a solicitude de preinscripción en conserxería e entregala antes do 30 de Xuño ou no Centro Municipal de Benestar Social a partires do 1 de xullo.



https://www.dropbox.com/s/wdhw3y0kcfi9bcv/Preinscrici%C3%B3n%20comedores%20escolares%202019-2020.20190620115316.pdf?dl=0&raw=0

https://www.dropbox.com/s/m5oge7o2x7yqhmw/Nota%20informativa%20comedores%20escolares.20190620115235.pdf?dl=0&raw=0


Lembramos tamén os prazos para a recollida dos vales dos programas de libros de texto e axudas para material:
Do 1 ao 5 de Xullo de 11:00H a 13;00H ou do 2 ao 6 de setembro de 11:00 a 13:00H 

sábado, 8 de xuño de 2019

venres, 7 de xuño de 2019

ESCOLAS DEPORTIVAS DE VERÄN 2019

Ningún comentario:

Mostra Artistica 2019: Obradoiros de Arte 2019 - CEIP A RUA

Ningún comentario:

FESTA FIN DE CURSO

Ningún comentario:







A ANPA A Rúa e o CEIP A Rúa agardámosvos este sábado 8 no FESTIVAL DE FIN DE CURSO cun horario de 10:00h a 16:00h.
 A continuación detallamos o programa co desenrolo da festa: 

10:00 – 11:00 ACTIVIDADES NO PAVILLÓN:

 • Exhibición das alumnas e alumnos de patinaxe do colexio grupo dos luns. Actividade das Escolas Deportivas do Concello de Cangas dirixida pola Asociación Croke Patinaxe. 

• Exhibición das alumnas e alumnos de Taekwondo do colexio. Actividade das Escolas Deportivas do Concello de Cangas dirixida polo Clube de Taekwondo Sares TKD. 

• Exhibición das alumnas e alumnos de patinaxe do colexio grupo dos martes. Actividade das Escolas Deportivas do Concello de Cangas dirixida pola Asociación Croke Patinaxe. 

• Exhibición das alumnas de Bailes latinos do noso colexio. Actividade extraescolar a cargo da Arela.

 • Exhibición dos nenos e nenas da actividade Ximnasia Acrobática. Actividade do Concello de Cangas dirixida polo Club Flic Flac

 • Os nenos e nenas da actividade de inglés lúdico de infantil interpretarán unhas cancións. Actividade extraescolar a cargo de Migueroa Ocio educativo.

 Ao remate das actividades do pavillón , a Actividade Extraescolar de Arte fará no patio un taller colaborativo para os asistentes. 

11:00 – 16:00 ACTIVIDADES NA BIBLIOTECA:

 • Estreo no colexio da curtametraxe do alumnado de 6º.

 • Exposición das fotografías deste curso. 

11:00 – 13.30 Inchable resbaladeira no patio  
10:00 – 12:00 Recollida de pratos doces, pratos salgados e pratos para intolerantes e alérxicos para o concurso culinario.
 12:00 – 12:20 O xurado elixirá os pratos gañadores. 
13:30 – 14:30 Festa da escuma. Non esquezas traer roupa de baño, calzado para mollado, gafas, unha muda e unha toalla.
 13:30 Degustación dos doces e pratos do concurso culinario e aperitivo de froita fresca a continuación entrega de premios do concurso culinario.
 14:30 – 16:00 As instalacións do colexio estarán abertas para quen queira traer a comida e quedar a comer. Os alumnos e alumnas de sexto están invitados a comer como tódolos anos pola ANPA. 
Recordamos a tódolos pais/nais ou titores que os rapaces e rapazas deberán vir acompañados e que a ANPA non se fai responsable de ningún neno ou nena. 

Os horarios marcados neste programa son estimados e a ANPA non se fai responsable das posibles modificacións que puideran existir.

 AGARDÁMOSVOS!!!!!!

https://www.dropbox.com/s/2hqjfp2whiiczn2/Festival%20Fin%20de%20curso%202018-2019%20definitivo-5.20190607172323.pdf?dl=0&raw=0

mércores, 5 de xuño de 2019

Campamentos verán

Ningún comentario:

  Bo día familias, partillamos información dos diferentes campamentos de verán que recibimos na ANPA

Arela. Campamento de verán CEIP Castrillón.
https://www.dropbox.com/s/0ao4awv24jjzp73/Arela%20campamento%20Castrillon.20190603224558.jpeg?dl=0&raw=0

"ESCOLA DE ATLETISMO DE VERÁN O Club de Atletismo Vila de Cangas, pon en marcha a ESCOLA DE ATLETISMO DE VERÁN, onde se poderán practicar, coa supervisión de monitores titulados, todas as modalidades deste deporte. A actividade estará dirixida para nen@s maiores de 5 anos."
http://www.viladecangas.com/actividades/escola-de-atletismo-de-veran

  Obradoiros verán Escola Infantil Caracol

https://www.dropbox.com/s/ycspkax16fb6d8v/OBRADOIROS%20VER%C3%81N%202019%20OK%20-%20copia.20190603224944.pdf?dl=0&raw=0

Summer Camp Colexio Eduardo Pondal

https://www.dropbox.com/s/gw2vlsi4cqjy82n/Summer%20Camp%20Eduardo%20Pondal%201.20190603225525.jpg?dl=0&raw=0

Escola de Remo do Club de Remo Vila de Cangas

https://www.dropbox.com/s/f6dk0elmo6bxa3g/Escola%20de%20remo.20190604215232.jpeg?dl=0&raw=0

  ALADOS Medioambiente

https://www.alados.es/campamentoverano?utm_campaign=07e2d21f-f7fb-44ba-a0b8-2971390f78fa&utm_source=so

menú Xuño

Ningún comentario:

martes, 4 de xuño de 2019

IV Cross popular CABO UDRA

Ningún comentario:
Aqui vos deixamos a informacion relativa ó IV Cross popular Cabo Udra que terá lugar o próximo domingo 16 de Xuño.
As inscriccións poden ser directamente no enlace antes do 12 de Xuño, ou a través do ANPA antes do 7 de Xuño, indicando nome completo, data de nacemento, curso e DNI do participante ou pai/nai.

Un saúdo.




https://championchipnorte.com/evento/detalle/id/1751/iv-cross-popular--cabo-udra

VI Remo Indoor Escolar

Ningún comentario:






O próximo 22 de Xuño terá lugar o VI Remo Indoor escolar organizado polo clube de Remo vila de Cangas.