sábado, 28 de novembro de 2015

Vídeo de fotos da Festa de Samaín do 2015

Ningún comentario:
Lambetadas terroríficas, bruxas, momias, vampiros, monstruos, Darth Vader, decapitados, científic@s tol@s, Frankensteins, zombis, esqueletos, demos, pantasmas, descendentes.... tod@s el@s moi divertid@s... grazas a tod@s!!!!

martes, 24 de novembro de 2015

Comeza o Nadal: exposición de dinosaurios en Vigo

Ningún comentario:
Arrinca a campaña de Nadal en Vigo e faio coa exhibición duns grandes e antigos animais. Non se trata de renos, senón de algo máis 'autóctono', os dinosauros. Ata 20 exemplares destes reptiles expóñense na explanada do Club Náutico, Porto e Zona Franca. Os animais serán colocados en diferentes puntos e rúas e un tren eléctrico para nenos percorreraos a modo de visita turística-jurásica.

25 N: Día Internacional para a Eliminación da Violencia Contra as Mulleres

Ningún comentario:

Menú do mes de Decembro

Ningún comentario:
Aquí tedes a ligazón co Menú do mes de Decembro...

martes, 17 de novembro de 2015

Baile galego d@s nos@s artistas!!!

Ningún comentario:
Aquí tedes un vídeo co baile que fixeron os alumnos do noso Cole na convivencia que tiveron co Colexio Santa Mariña de Magán (Toledo) e da Escola de Bordils (Xirona). Bo traballo!!! Grazas profes!!!!

"Outro comedor é posible" (documental sobre un comedor dun Cole de Granada)

Ningún comentario:
A sopa en estado de fermentación ou os recipientes que se desfán ao quentar a comida aparecidos nos comedores escolares de Culleredo ou Cambre son a noticia vergonzante destes días e obrígannos a facer unha reflexión. Os comedores escolares non deberían ser só o lugar onde quedan as nenas e nenos tras as clases para comer ata o momento en que podemos ir recollelos. Deben ser o lugar onde os meniños en crecemento nútrense e aprenden a comer. Non deberían ser un negocio con custo á baixa. Deberían ser un servizo que garantise calidade óptima e presentación razoable, porque elas e eles van aprender do que esteamos dispostos a tolerar que se lles sirva... (aquí a ligazón coa noticia completa).

Aquí deixamos, para continuar coa reflexión, o documental sobre o comedor ecolóxico xestionado pola asociación de nais e pai do Colexio de Educación Infantil e Primaria "Gomez Moreno" en Granada.

sábado, 14 de novembro de 2015

Convocatoria de asemblea extraordinaria para o xoves 19/11 ás 19:30

Ningún comentario:
Estimad@s nais e pais,

Co Nadal ás portas, convocámosvos a unha reunión o vindeiro xoves 19 de novembro ás 19:30h, para explicarvos varios asuntos:
  • Cambios na Xunta Directiva
  • Visita dos Reis Magos
  • Programación e posibles actividades co motivo do Nadal
  • Festa de Nadal no cole
  • Axudas cara o Cross
  • Suxestión
Esperámosvos e saúdavos

A Xunta Directiva

venres, 13 de novembro de 2015

A visita de alumnos manchegos e cataláns en Cangas (faro de Vigo 13/11/15)

Ningún comentario:
Os alumnos do Colexio Santa Mariña de Magán de Toledo e da Escola de Bordils (Xirona) que traballan no proxecto audiovisual interescolar "Pensa, crea...acción!" con estudantes do C.E..I.P A Rúa de Cangas, xa están de visita na localidade morracense, nunha xira de tres días de convivencia con actividades culturais en grao sumo variado.

Artigo moi interesante: "cultura científica ou cultura humanística para @s nen@s???"

Ningún comentario:
O 7 de maio de 1959, C. P. Snow (1905-1980) impartiu unha conferencia en Cambridge titulada As dúas culturas, que posteriormente se publicou como libro. Nestes escritos, Snow reflexionaba sobre a brecha existente entre o que entón se denominaban cultura científica e cultura humanística, anticipando que, se non se poñía remedio, estas diferenzas acentuaríanse co paso do tempo. Snow era un erudito que podía falar con autoridade deste tema. Tiña formación e experiencias docentes e investigadoras como físico, pero era un recoñecido literato que exercera diversos cargos en distintas administracións políticas e universitarias. O texto completo (en inglés) da conferencia pódese descargar aquí.

xoves, 12 de novembro de 2015

Educación abre unha nova convocatoria de axudas para material escolar (noticia de onte 11/11/15)

Ningún comentario:
Educación abre unha nova convocatoria de axudas para material escolar

Está dirixida a aquelas familias con fillos en primaria ou secundaria obrigatoria e cuxa renda per cápita non supere os 5.400 euros anuais...

Aquí tedes a ligazón coa información...

Aquí a ligazón da Xunta... "(Xúntase a Orde do 6 de novembro de 2015 pola que se convocan axudas para a adquisición de material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria ou educación especial en centros sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2015/16. O prazo de presentación de solicitudes será de 10 días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia)".

Cuestionario sobre a convivencia nas aulas

Ningún comentario:
A comunidade educativa galega pode acceder desde mañá ao cuestionario on line sobre convivencia nas aulas que impulsa a Consellería de Cultura e Educación.

Está dirixido tanto ao alumnado como a docentes, familias e persoal non docente vinculado aos centros educativos, que dispoñen de prazo ata o 30 de novembro para cubrilo

Accédese a el a través dunha aplicación informática e cunhas claves aleatorias que a dirección de cada centro entrega aos seus membros

Hai sete tipos de cuestionarios distintos en función do colectivo aos que vai dirixido, cunhas 20 preguntas sinxelas e directas por documento

A Consellería fai un chamamento á participación, xa que canta máis información se dispoña, máis preciso será o diagnóstico e máis efectivas serán as medidas a implementar

...aquí a ligazón

venres, 6 de novembro de 2015

XVI "Certame de Beléns" e de "Nadal con Vida" deste ano 2015

Ningún comentario:
Dende a Concellería de Mocidade e Voluntariado do Concello de Cangas achégannos as bases dos "Certames de Nadal con Vida" e de Beléns.
  • CERTAME DE DECORACIÓN DE RÚA “NADAL CON VIDA”
O presente certame ten por obxecto que os nenos e nenas de Cangas participen activamente do Nadal e que coa súa participación enchan as rúas de color, imaxinación e creatividade, difundindo ilusión a tódolos veciños e veciñas do pobo.
  • XVI CERTAME DE BELÉNS
1.- Poderán participar tódalas persoas que o desexen. 2.- A inscrición deberá realizarse na Casa da Xuventude ata o 11 de decembro.
3.- Os Beléns depositaranse no lugar que indique a organización o día 18 de decembro, para ser expostos ó publico entre o 19 de decembro de 2015 e o 7 de xaneiro de 2016. Despois desta data deberán retirarse os traballos.

Aquí máis información...

VII Cross CEIP de Nazaret (29 DE NOVEMBRO, A PARTIR DAS 10:00 HORAS)

Ningún comentario:
Achegamos información do VII Cross CEIP de Nazaret en Cangas. Nos anexos detallamos os pormenores. En caso de algunha dúbida non dubidedes en consultala.
Este ano, como novidade, haberá carreira de nais e pais. No plano que axuntamos non consta (sería 4 voltas o circuíto 1.100 mts).

Aquí tedes a ligazón con toda a información. E aquí o plano do percorrido.

luns, 2 de novembro de 2015

Obradoiro de extracción de ADN en familia (14/11/15 en Santiago)

Ningún comentario:
O ADN é unha molécula que se atopa en todos os organismos vivos. É moi importante a nivel biolóxico porque é a responsable do almacenamento, a longo prazo, da información xenética. Neste obradoiro os participantes extraerán o ADN dunha froita mediante unha técnica moi sinxela que emprega produtos cotiás como sal, deterxente, zume... o que permitirá que a repitan coa familia ou amigos para impresionalos.