o comedor


COMEDORES ESCOLARES XESTIONADOS POLO CONCELLO DE CANGAS 

CURSO 2023/24: CEIP A RÚA

  1. A empresa CALIDUS CATERING SERVICES S.L. será a encargada dos comedores escolares xestionados polo Concello de Cangas para o arranque do curso 2023/24 .

  2. Os comedores escolares iniciarán a súa actividade o luns 11 de setembro de 2023.

  3. A alta no servizo realizarase a través da correspondente ficha de inscricición-autorización de domiciliación bancaria que poderán recoller e entregar ao propio persoal do comedor.

  4. O prezo do comedor será de 3,85 € menú/día. 

  5. O horario do comedor será de 14:30 a 16:30 horas. Para un bo funcionamento do servizo establécense as seguintes quendas de recollida:

    • 15:30 primeira quenda. As monitoras achegan ao alumnado ao portal pequeno.

    • 16:00 segunda quenda. As monitoras achegan ao alumnado ao portal pequeno.

    • 16:30 terceira e derradeira quenda. A partir desta hora o portal queda aberto para recoller ao alumnado.

  6. Cando a persoa que recolla o/a neno/a non sexa a autorizada, deberá presentar un documento que acredite a autorización correspondente. Este documento deberán presentalo tamén as familias que autoricen ós/as nenos/as a irse sos a casa.

  7. Os teléfonos de información e contacto da empresa son 699398490 (preferiblemente a través de WhastApp) ou  986603693. E-mail: cocinacentral.calidus@gmail.com.


DOCUMENTACIÓN: