domingo, 24 de xaneiro de 2010

A QUE CHE SABE?....Escola de pais e nais

O pasado mércores día 20 de xaneiro, tivemos o primeiro encontro do ano da escola de pais e nais do Ceip A Rúa, a verdade e que foi
unha clase moi divertida. O tema esta vez era a creatividade, tivemos que dibuxarnos nun papel tal e como nos mirabamos a nós
mesmos, houbo soles, árbores, peixes, paisaxes completas, etc.
Tamén xogamos a outra cousa que me pareceu super creativa "a que che saben as cancions", e de feito este venres chegei ó final
dunha peli española ambientada nos 70, da cal a canción do remate emocionoume, a ver que vos parece a vós, a qué vos sabe?,
a qué vos cheira? a algúns traeravos moitas lembranzas...



O título é Señora azul, e o grupo Crag a la polo 1974.

A vindeira cita na escola de pais e nais será o 03 de febreiro, esperámosvos!!!
Por certo, a min cheiroume a liberdade...

Ningún comentario: