xoves, 9 de setembro de 2010

DENDE O COLE INFORMAN..

09/09/10

As clases comezan o mércores 15

Mañá sairá publicado no Faro de Vigo un comunicado onde se indica que, por orde do Xefe Territorial de Pontevedra, as clases se atrasarán ata o mércores día 15 de setembro.

A razón desta demora é que a obra interior estará rematada mañá a última hora e , posteriormente, dende o venres ata o martes, o concello deberá proceder ó traslado do mobiliario e á limpeza xeral do centro.

Sentimos as molestias ocasionadas ás familias pero tamén consideramos que é importante que os nenos e nenas inicien as clases en condicións idóneas de hixiene, seguridade e confort.

Por outra banda, aproveitamos para informar ós pais e nais do alumnado de Educación Infantil 3 anos, que o martes 14, ás 16:30, a titora convoca unha xuntanza informativa sobre o Plan de adaptación á escola. Esperámosvos!

Ningún comentario: