Como sabedes onte pola mañá, Antonio, Jose i esta servidora, tivemos unha reunión coa Subdirectora Xeral de Orzamentos e Servizos Educativos Complementarios, Ana Ornilla.
A verdade é que non nos dixo nada diferente ao que lle dixeron aos nosos compañeiros de Vigo.
A consellería non vai a asumir a xestión de ningún comedor máis. O que se está a facer é conveniar cos concellos, tal e como se fixo en Ferrolterra e Santiago, este último previsto para o curso que ben.
O convenio consistiría no seguinte. A consellería autorizaría ao Concello para facer a contratación da empresa hostaleira mediante concurso público e a xestión do mesmo. A Consellería acorda co concello a dotación dunha subvención para os comedores, moi superior as subvencións que están a recibir as anpas.
O concello decidiría enton se poñen algun tipo de subvenciós dependendo da renda ou familias numerosas, etc
Para que todo isto se leve a cabo, por suposto o concello debe aceptar facelo e sentarse a falar coa consellería.
Ao parecer xa tiveron un primeiro contacto co concello para falar de este tema, pero o concello dixo que non querian facelo e que intentarian que as anpas asumisen a xestión.
Se o concello de vigo convenia finalmente coa conselleria, ainda lle poderiamos apretar mais os tornillos. Lembrade que o vindeiro xoves 01 de decembro temos reunión con Gestido as 20h, en Xuventude.
Ningún comentario:
Publicar un comentario