domingo, 18 de marzo de 2012

3º CROSS ESCOLAR CEIP A RÚA

E chegou o día, despois de días facendo todos os preparativos, por segunda vez o tempo intentou xogarnos unha mala pasada, pero finalmente o noso 3º cross foi todo un éxito.

O noso primeiro ano facendo nos mesmos as merendas, demostrou que estamos ben organizados ainda que as nosas previsións quedaronse cortas en principio.

Por suposto todo isto non sería posible sen a axuda de todos os pais e nais que estiveron botando unha man dende a primeira hora da mañá, i en días anteriores, facer unha especial mención para o avó de Xián de 6º que conseguiu un bo lote de trofeos, a Mónica, Olga, Merche, Rosa, Camilo, Kiko, Jose, Oli, Rosa, o pai de Abel, etc....as nosas colaboradoras directas Ali, Belén, Moncha..., ao equipo do Clube de Atletismo Vila de Cangas, a tódalas empresas e organismos citadas no cross... a todos vós e a todos os que se me quedan no tinteiro pero sabedes que estivestes, GRACIÑAS!!!

Deixamosvos un bo recordo.....

Xunta directiva

Ningún comentario: