mércores, 12 de setembro de 2012

REUNION COA EMPRESA DE CATERING E O EDIL DE EDUCACIÓN

O pasado xoves día 6, fomos convacodos a unha reunión polo edil de educación, o Sr. Gestido. Nela asistimos as ANPAS e directivos dos centros con comedores con catering e a empresa que saliu elixida no concurso público, Serunión. Na reunión a empresa explicounos como ía ser o funcionamento do servizo e as pautas a seguir. Tamén se decidiu cal sería o prezo do prato diario por comensal fixo, 3.95€ IVE incluido. Este precio é en base a 70 comensais, en total entre todolos comedores implicados, se entre todolos comedores aumentamos os comensales (de 20 en 20) o precio baixaría. 


Unha parte da subvención será utilizada para becar a nenos cuias familias estén en situación de desamparo. Pero de todo isto e máis informarémosvos nunha próxima reunión que faremos no centro.

Ningún comentario: