venres, 3 de outubro de 2014

Actividades extra escolares ofertadas pola anpa. Horarios definitivos (2014-15)

Finalmente, as actividades extra escolares ofertadas pola anpa, darán comezo a semana que ven, e desenrolaranse da seguinte maneira:

*Danza moderna, grupo de 3 a 7 anos, os luns de 16:30 a 17:30
*Taller lúdico en inglés, grupo de infantil, os martes de 16:30 a 17:30
*Balonmán, primaria, os mércores de 16:30 a 17:30

Ademais, e tamén a partir da semana que entra, empeza a funcionar a aula matinal de 08:15 a 09:30, tódolos luns e martes. Coa posibilidade de ampliarse a mais dias sempre dependendo do nº de nenos ou nenas usuarios. Se necesitas este servizo, non dubides en poñerte en contacto con nós

A Xunta Directiva

Ningún comentario: