mércores, 18 de marzo de 2015

"Eclipse Solar" o 20 de marzo en Galicia...

Dado que a eclipse se inicia no Atlántico e pasa entre Islandia e as Illas Británicas para rematar no Polo Norte, será a galega a comunidade onde a Lúa oculte máis o Sol; concretamente na costa noroeste chegará a ocultarse máis dun 75% da superficie solar.  A eclipse comezará en Galicia ás 9:05 horas, chegará ao seu máximo ás 10:09 e rematará ás 11:18.

O procedemento máis seguro para observala é proxectar sobre unha superficie a imaxe producida por un pequeno telescopio, pero nunca mirar directamente o Sol e menos aínda observalo con prismáticos ou telescopios. Unha alternativa, se non se dispón das gafas especiais ao efecto, pode ser usar os cristais que se adoitan utilizar en soldadura “pero neste caso débense manexar con máximo factor de protección e non mirar de xeito continuado”, advirten os científicos, que subraian “en todo caso, os máis cativos deben de estar sempre tutelados”.



A forma mais sinxela e caseira é a través da construción dunha cámara escura cunha simple caixa de cartón alongada (imaxe que se adxunta). No interior, nun extremo calquera da caixa lle pegaremos unha cartolina negra para que a luz que vaia entrar pola caixa se reflicta á perfección. Unha vez posta a cartolina no outro extremo realizaremos unha pequena apertura pequena (do diámetro da punta dun bolígrafo aproximadamente, xa que se a facemos moi grande entra demasiada luz), ademais ten que estar centrada. Desta forma a luz que entre na apertura que fixemos se proxectará na cartolina negra. Para finalizar, haberá que facer unha pequena apertura nun lateral próximo á cartolina para que poidamos observala cando a caixa este totalmente pechada. Dito isto, e apuntando cara ao Sol, poderemos observar a eclipse sen risco.

Quen non conte cos medios axeitados ou non poida participar nas observacións dirixidas por expertos poderá seguir a eclipse vía internet polo Real Instituto y Observatorio de la Armada (ROA, http://www.eclipse.roa.es/), por Canal Ciencia (http://www.sky-live.tv/index-canal-ciencia.html) e por Misión Eclipse (http://www.misioneclipse.es/).

Ningún comentario: