mércores, 22 de abril de 2015

23 de abril, Día Internacional do Libro

A Orixe do día do libro remóntase a 1926. O 23 de abril de 1616 falecían Cervantes e Shakespeare. Tamén nun 23 de abril naceron - ou morreron - outros escritores eminentes como Maurice Druon, K. Laxness, Vladimir Nabokov, Josep Pla ou Manuel Mejía Vallejo. Por este motivo, esta data tan simbólica para a literatura universal foi a escollida pola Conferencia Xeral da UNESCO para render unha homenaxe mundial ao libro e os seus autores, e alentar a todos, en particular aos máis novos, a descubrir o pracer da lectura e respectar a insubstituíble contribución dos creadores ao progreso social e cultural.

Mensaxe de Irina Bokova, Directora Xeral da UNESCO con ocasión do Día Mundial do Libro e do Dereito de Autor: ..."O Día Mundial do Libro e do Dereito de Autor ofrece a oportunidade de recoñecer o poder dos libros para mellorar as nosas vidas e de promover os libros e os que os producen. Como símbolos do progreso social en todo o mundo, os libros -a aprendizaxe e a lectura- convertéronse no branco dos que denigran a cultura e a educación e rexeitan o diálogo e a tolerancia. Nos últimos meses, fomos testemuñas de ataques contra nenos en escolas e da queima pública de libros. Neste contexto, o noso deber é moi claro: debemos redobrar os esforzos para promover o libro, a pluma, o ordenador e todas as formas de lectura e escritura, co fin de loitar contra o analfabetismo e a pobreza, construír sociedades sostibles e fortalecer os alicerces da paz"...


Ningún comentario: