xoves, 4 de xuño de 2015

Interesantes artigos que falan do novo sistema de préstamo de libros da Xunta...

Un bo resumo é o esquema que está no debuxo adxunto (ao clicar no debuxo ides á noticia) e neste párrafo do artigo do periódico "praza.gal":
..."Foi unha das grandes controversias provocadas polo PP tras o seu retorno á Xunta e agora, seis anos máis tarde, transita polo terreo da rectificación parcial. No ano 2009 o presidente da Xunta e o daquela novo conselleiro de Educación, Jesús Vázquez, defenderon con vehemencia a supresión do préstamo de libros de texto a toda a comunidade escolar do ensino público. Segundo Feijóo e Vázquez aquel "café para todos" provocaba un "moi elevado gasto" que inzaba de "carga burocrática" as direccións dos centros e, aínda por riba, impedía a creación do que daban en chamar "bibliotecas familiares" mediante a acumulación de manuais en cada fogar. Por todo aquilo implantaron a denominada "gratuidade solidaria", un modelo de axudas parciais que agora vai convivir cun novo sistema de préstamo semellante ao noutrora deostado dende a Consellería de Educación"...

Ningún comentario: