O próximo mércores 2 de setembro e ata o 2 de outubro, comezará o prazo para que as familias poidan solicitar as axudas para a compra de material escolar. Trátase dun cheque de ata 50 euros destinado ás familias coas rendas máis baixas e que pretende beneficiar entre 60.000 e 70.000 familias galegas cuxa renda por membro da familia non supere os 5.400 euros.
Aquí tedes a ligazón no DOGA: "ORDE do 25 de agosto de 2015 pola que se convocan axudas para a adquisición de material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria ou educación especial en centros sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2015/16".
Ningún comentario:
Publicar un comentario