venres, 16 de outubro de 2015

Información de prestación de servizos da piscina municipal (nota de prensa)

A nota dí isto: (podedes descargala en pdf dende aquí)

"Tres foron as empresas que presentaron oferta económica e técnica para a xestión de instalación e servizos na Piscina Municipal A Balea de Cangas. A Mesa de Contratación, tras apertura, análise e valoración das mesmas, resolveu propoñer como adxudicataria á unión de empresas SOOM Management SL – Esproade SL.

Previsiblemente a asinatura de contrato con esta empresa levarase a cabo a finais da vindeira semana. O obxectivo do gobernó local é axilizar todo o posible os correspondentes trámites administrativos nestes casos para que a empresa se poida adicar a centrar nos preparativos necesarios de cara a apertura do servizo, que se prevé para a última semana deste mes de outubro.

O novo servizo contará cun horario de apertura de 65 horas semanais, distribuido de luns a venres de 8 a 14 horas e de 16 a 22 horas, e os sábados de 9 a 14 horas. Durante este horario de apertura as persoas usuarias poderán disfrutar das instalacións sen limitación de tempo.


Co fin de informar e promocionar a reapertura desta instalación deportiva municipal, publicaranse e distribuiranse uns atrativos folletos informativos onde se facilitará información detallada de horarios, actividades e servizos, así como dos prezos públicos aprobados na vixente ordenanza e a xestión e lugar de sistema de cobro. Arredor do día 20 deste mes realizarase unha Rolda de Prensa dirixida aos medios de comunicación, a celebración dunha Asemblea Informativa para Usuarios/as en xeral no Salón de Plenos, e reunións específicas con representantes das Anpas e de Colectivos de Especial Interés Social.

O servizo deportivo distribuirase en actividades tanto de auga como de seco. En auga as persoas usuarias poderán disfrutar de nado libre na piscina grande e de hidromasaxe no spa. Os máis pequenos poderán disfrutar da piscina de chapoteo. A oferta compleméntase con unha ampla batería de actividades e cursos de natación tanto para persoas adultas como de nenas e nenos, distribuidos por níveis, ademáis de cursos específicos para bebés, mulleres embarazadas, persoas con mobilidade reducida, escolares así como actividades de fitness acuático.

Como actividades de Seco, haberá a disposición das persoas usuarias a Sala de Aparatos Cardiovasculares e como novidade incorporaranse unha batería de actividades dirixidas con Monitor que se impartirán gratuitamente aos abonados/as de luns a venres en distintos horarios ( Pilates, GAP, Zumba, Ximnasias suaves, Spinning e outras)

Concellería de Ensino e Deporte

Cangas, 9 outubro 2015"


Ningún comentario: