luns, 13 de xuño de 2016

Charla da Plataforma Sanitaria en Defensa da Sanidade Pública (O VENRES 17 DE XUÑO ÁS 20.00h NO SALÓN DO HOTEL AIRIÑOS DO MAR DE CANGAS)

"A Plataforma Sanitaria en Defensa da Sanidade Pública de Cangas convócavos a unha charla para facer unha análise do Plan Estratéxico elaborado pola Xunta de Galicia (PEG) 2015-2020.O PEG é un instrumento de planificación a medio e longo prazo, onde se recollen as prioridades e obxectivos do goberno para avanzar na recuperación económica e social de Galicia.
Nestes últimos anos, a Consellería de Sanidade utilizou a área sanitaria de Vigo para poñer en marcha o seu modelo privatizador da Sanidade Pública.
Como exemplos temos:
  • Abandono do proxecto inicial do Álvaro Cunqueiro, ao privatizar o seu financiamento e a súa xestión durante vinte anos.
  • Renovación do concerto co hospital Povisa (por un período de oito anos que pode ser renovado por dous anos máis) por valor de 75 millóns de euros, converténdose así no concerto máis caro de España.
  • O desmantelamento do hospital do Meixoeiro.
  • E o peche de Centros de Atención Primaria na cidade de Vigo.
Polo tanto o obxectivo da charla é ver se o Plan Estratéxico contempla saldar, durante ese periodo, a débeda sanitaria que ten contraida a Conselleria de Sanidade co Morrazo, falamos da construción do CAR e dos Centro de Saúde en Moaña e Ádan O-HÍO".

Ningún comentario: