11ª edición do Concurso de Postais de Nadal das Bibliotecas Municipais de Cangas
- XI CONCURSO DE POSTAIS DE
NADAL-
Bases:
·
Destinatarios: Establecerase unha única
categoría para nen@s de idades comprendidas entre os 3 e os 15 anos.
·
Postais: Versarán sobre o Nadal, e
farase alusión á biblioteca e ao mundo da lectura. Todas as postais
deben ir identificadas na súa parte traseira cos datos persoais do participante
(nome, apelidos, dirección, idade e teléfono).
·
Formato e materiais: O formato a presentar
será en cartoliña A4 facilitada pola biblioteca.
·
Presentación dos traballos: Cada
participante poderá entregar unha única postal.
·
Entrega das postais: O prazo de entrega
establécese do 1 ao 22 de decembro do
2017.
·
Exposición: As postais estarán
expostas na Biblioteca dende a súa presentación
ata o día de entrega de premios.
·
Premios: Haberá unha postal
gañadora en cada Biblioteca. Cada gañador recibirá un lote de libros. Os gañadores daranse a coñecer o 10 de xaneiro do 2018. De entre as cinco
postais gañadoras, seleccionarase unha,
e ésta será a imaxe do cartel que anuncie a
seguinte edición do concurso.
·
Propiedade: O Concello de Cangas
resérvase a posibilidade de publicar as obras presentadas a concurso no momento
que considere convinte. Neste sentido o autor renuncia a calquera tipo de
remuneración polos seus dereitos de autor, e o exemplar que entregue da súa
obra quedará en propiedade do Iltmo.
Concello de Cangas.
·
A participación no concurso
implica a plena aceptación das bases.
·
A organización resérvase o
dereito a cancelar o concurso ou resolver os imprevistos sen estar obrigado a
comunicárllo previamente aos participantes.
·
Máis información: Para calquera dúbida
póñase en contacto co bibliotecari@ ou
en www.bibliotecasmunicipaisdecangas.blogspot.com
www.bibliotecaspublicas.es/cangas/
Ningún comentario:
Publicar un comentario