venres, 7 de xuño de 2019

FESTA FIN DE CURSO








A ANPA A Rúa e o CEIP A Rúa agardámosvos este sábado 8 no FESTIVAL DE FIN DE CURSO cun horario de 10:00h a 16:00h.
 A continuación detallamos o programa co desenrolo da festa: 

10:00 – 11:00 ACTIVIDADES NO PAVILLÓN:

 • Exhibición das alumnas e alumnos de patinaxe do colexio grupo dos luns. Actividade das Escolas Deportivas do Concello de Cangas dirixida pola Asociación Croke Patinaxe. 

• Exhibición das alumnas e alumnos de Taekwondo do colexio. Actividade das Escolas Deportivas do Concello de Cangas dirixida polo Clube de Taekwondo Sares TKD. 

• Exhibición das alumnas e alumnos de patinaxe do colexio grupo dos martes. Actividade das Escolas Deportivas do Concello de Cangas dirixida pola Asociación Croke Patinaxe. 

• Exhibición das alumnas de Bailes latinos do noso colexio. Actividade extraescolar a cargo da Arela.

 • Exhibición dos nenos e nenas da actividade Ximnasia Acrobática. Actividade do Concello de Cangas dirixida polo Club Flic Flac

 • Os nenos e nenas da actividade de inglés lúdico de infantil interpretarán unhas cancións. Actividade extraescolar a cargo de Migueroa Ocio educativo.

 Ao remate das actividades do pavillón , a Actividade Extraescolar de Arte fará no patio un taller colaborativo para os asistentes. 

11:00 – 16:00 ACTIVIDADES NA BIBLIOTECA:

 • Estreo no colexio da curtametraxe do alumnado de 6º.

 • Exposición das fotografías deste curso. 

11:00 – 13.30 Inchable resbaladeira no patio  
10:00 – 12:00 Recollida de pratos doces, pratos salgados e pratos para intolerantes e alérxicos para o concurso culinario.
 12:00 – 12:20 O xurado elixirá os pratos gañadores. 
13:30 – 14:30 Festa da escuma. Non esquezas traer roupa de baño, calzado para mollado, gafas, unha muda e unha toalla.
 13:30 Degustación dos doces e pratos do concurso culinario e aperitivo de froita fresca a continuación entrega de premios do concurso culinario.
 14:30 – 16:00 As instalacións do colexio estarán abertas para quen queira traer a comida e quedar a comer. Os alumnos e alumnas de sexto están invitados a comer como tódolos anos pola ANPA. 
Recordamos a tódolos pais/nais ou titores que os rapaces e rapazas deberán vir acompañados e que a ANPA non se fai responsable de ningún neno ou nena. 

Os horarios marcados neste programa son estimados e a ANPA non se fai responsable das posibles modificacións que puideran existir.

 AGARDÁMOSVOS!!!!!!

https://www.dropbox.com/s/2hqjfp2whiiczn2/Festival%20Fin%20de%20curso%202018-2019%20definitivo-5.20190607172323.pdf?dl=0&raw=0

Ningún comentario: