https://www.anpasgalegas.gal/2020/08/manifesto-de-anpas-galegas-para-o-inicio-do-curso-2020-2021/
MANIFESTO DE ANPAS GALEGAS PARA O INICIO DO CURSO 2020-2021
A necesidade de dar resposta ás demandas das familias galegas diante das erroneas instrucións da consellaría de educación, móvenos a publicar este Manifesto de mínimos sobre como debe ser a Escola que acolla ás nosas fillas e fillos a partires do 10 de setembro próximo.
As ANPA, dende marzo deste ano temos outra función inesquecíbel que se ven sumar ás que xa tiñamos de noso: traballar por un Ensino seguro no que se poidan desenvolver o resto dos valores que o Ensino Público achega ás nosas crianzas: equidade, igualdade, non discriminación, atención á diversidade, inclusión e, ,por suposto, formación completa en contidos e valores democráticos e participativos.
Este manifesto ten que saír xa á luz, á vista da evolución da enfermidade e da inacción da nosa clase dirixente, pero está aberto ás adhesións doutros membros da comunidade educativa, coma xa o fixeron prontamente Nova Escola Galega, o Colexio de educadoras e educadores sociais de Galicia, ou a Federación de Anpa de Moaña. Agardamos que se veñan sumando outros colectivos interesados no mellor Ensino Público Galego posíbel.
É un manifesto longo, no que cómpre destacar a esixencia de mantermos o 1,5 metros de distancia de seguridade en todas as circunstancias e ámbitos, o dereito a excluír da obrigatoriedade de asistencia a clase a aquel alumnado que estea en situación de risco, ou que conviva con persoas nesta situación; ou a reclamación de que este difícil principio de curso non faga esquecer que o curso pasado rematou falsamente, e que hai que retomar as circunstancias e os contidos que quedaron parados o 13 de marzo pasado.
Facendo clik na seguinte ligazón podedes ler o manifesto completo Manifesto ANPAS GALEGAS 14 agosto 2020
Ningún comentario:
Publicar un comentario