luns, 2 de novembro de 2020

Obradoiro radio onda feminista


 Ola Familias!
Dentro das actividades que estamos a desenvolver  coa subvención que a Xunta de Galicia concedeu á ANPA A Rúa para levar a cabo actividades de igualdade, temos o “Obradoiro de onda feminista”.
Este obradoiro, incluído no marco do proxecto “Cambiemos a Narrativa” da Asociación AGARESO, abordará as posibilidades educativas da radio escolar para a loita contra o machismo.
Terá unha duración de 3 horas e realizárase a través da plataforma Zoom. O traballo que está a desenvolver a Asociación AGARESO co alumnado de 5º e 6º e que podedes seguir no blog do cole, ten coma complemento esta actividade para familias e profesorado. Parte do profesorado do CEIP A Rúa conectarase a este obradoiro.
Como membros todas desta comunidade educativa, animámosvos a que sigades este obradoiro.
Achegamos enlace para que aqueles que queiran conectarse poidan facelo.
 
 
Un saúdo!
Xunta Directiva ANPA A Rúa

Ningún comentario: