mércores, 20 de maio de 2015

"Buscando vida en el universo" actividade científica para nen@s en Cangas hoxe!!!

Os experimentos están relacionados coa Astrobiología e coa metodoloxía utilizada para coñecer como é a vida e como xurdiu na Terra, co fin de poñer en contacto os asistentes con esta disciplina e coa ciencia en xeral. Ademais, como introdución aos talleres, se explica a actividade científica que se desenvolve nas instalacións do CAB ou nos variados escenarios aos que os investigadores acoden (Río Tinto, Antártida, Deserto de Atacama) para estudar sobre o terreo como evoluciona ou se adapta a vida e entender como se orixinou.

Nos experimentos pode participar o público asistente.

Pola mañá celébranse sesións para estudantes e pola tarde para público xeral. Realiza a reserva para ti mesmo ou para a túa clase no concello!


Lugar: Casa da Cultura
Dirección: Praza de San Xoan, s/n. Cangas do Morrazo (Pontevedra)
Horario: de 09:00 a 14:30 e de 16:00 a 19:00

Ningún comentario: