Organizan a Federación de ANPAs Arco da Vella, Club Atletismo Samertolameu, e o Concello de Moaña. As probas celebraranse nas pistas de Atletismo sa Xunqueira (segundo o croquis adxunto). O lugar e perfecto para pasar un día de excusión. Ten amplo xardin e praia ó pe da pista.
Cada equipo estará formado por un máximo de tres atletas por proba, se ben só puntuara para o equipo o primeiro dos clasificados de cada centro. Asimesmo cada atleta poderá participar como máximo en duas probas individuais das establecidas para a súa categoría. En tódalas categorías haberá un só equipo de relevos.
Os colexios interesados deben comunicar a súa intención de participar antes do 1 de Xuño. Ademáis debe indicar o número estimado de atletas cos que participarán. Esta comunicación farase a través do correo ou teléfono (clubatletismosamertolameu@gmail.com. 611455454 (Ana)). As inscripcións definitivas pecharanse o Mércores 10 de Xuño as 23:59:59 horas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario