mércores, 23 de decembro de 2009

Felicitación d@s alumn@s da actividade de informática

2 comentarios:
Os alumnos e alumnas da actividade de informática, quixeron felicitarnos a tod@s nestas datas tan especiais e enviaronnos esta felicitación de nadal...


Send your own ElfYourself eCards

sábado, 19 de decembro de 2009

TERUEL EXISTE!!

Ningún comentario:
Mirade o video que está máis abaixo, realmente vale a pena miralo.



Publicaronno no blog do Ies de Rodeira

Cando chegarán os nosos fillos e fillas aló? está nas nosas mans? pensadeo...

martes, 15 de decembro de 2009

"La educación todavía tiene precio " (La Voz de Galicia 13/12/2009)

Ningún comentario:
Una cadena humana ocupó el puente romano en protesta contra el gobierno gallego por el coste de los libros de texto y «su actitud de hacer oídos sordos a las protestas»


Fueron muchas las familias que ayer se plantaron sobre el empedrado suelo del puente romano de Ourense para reivindicar el mantenimiento en la gratuidad de los libros de los texto para escolares en la enseñanza obligatoria. El encuentro, que se organizó en forma de cadena humana y fue gestado por la Plataforma Galega pola Gratuidade dos libros de texto, tenía como objetivo restablecer el sistema de préstamo universal de los libros de texto, consolidado en Galicia durante el gobierno del ex presidente Touriño. «A gratuidade dos libros de texto é xa un dereito fundamental que se nos quere arrebatar con este novo sistema que resulta máis caro para a Xunta, e dende logo, para as familias, que dende este curso deben pagar o que antes era gratis» apuntaba una de las portavoces de la plataforma.

Conselleiro de Educación

Desde la plataforma y durante la tarde, fueron varias las referencias directas hacia el conselleiro de Educación, Jesús Vázquez, al cual reclamaban que «o préstamo de libros reduce o custo das familias, multiplica o valor dos propios libros e é máis sostible ambientalmente». Palabras que llegaron más lejos al afirmar que desde la Xunta existe «unha actitude de facer oídos xordos as protestas».Autor:

Javier RomeroFecha de publicación:

13/12/2009
Publicado en La Voz de Galicia

TEMPORAL DE NEVE

Ningún comentario:
As clases quedan suspendidas en todos os centros educativos galegos, como medida de precaución polo mal tempo
A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria decidiu suspender as clases en todos os centros educativos de Galicia durante a xornada de mañá, mércores 16 de decembro. Esta indicación aplícase aos centros de ensino non universitario, así como aos pertencentes á Rede Galega de Escolas Infantís (de 0 a 3 anos de idade), tanto ás dependentes do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, como ás que o son da Secretaría Xeral de Familia.
Esta decisión tómase como medida de precaución, en base á predición feita pola Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET), dun fenómenos meteorolóxico adverso con precipitacións en forma de neve que afectarán a Galicia en cotas baixas a partir das 12 desta mesma noite.
A Consellería de Educación garante deste xeito que non se produza incidencia algunha no acceso dos escolares aos seus centros, así como preserva a seguridade do alumnado, profesorado e persoal non docente.

domingo, 13 de decembro de 2009

CADEA HUMANA NA PONTE ROMANA DE OURENSE

Ningún comentario:
E aló fomos 85 persoas de Cangas e Moaña en 2 autobuses, unha vez mais para reivindicar o noso dereito xa conquerido, á gratuidade universal para todos e todas.

Aqui vos deixo unhas imaxes:




Ademáis, este artigo publicado hoxe no Faro de Vigo, edición Ourense:

E tamén saimos na galega!!




xoves, 10 de decembro de 2009

POLA GRATUIDADE DOS LIBROS DE TEXTO

Ningún comentario:
O vindeiro sábado día 12 de decembro, terá lugar en Ourense un acto de protesta polo radical cambio de sistema de gratuidade feito polo goberno no pasado mes de xuño.

Como sabedes quitaronnos un sistema de gratuidade por préstamo para tod@s, por un sistema de gratuidade solidaria para uns poucos, dos cales algúns ainda non cobraron a axuda prometida.

Será unha concentración-manifestación, ás 17:00h na Ponte Romana. Para os que asistamos, mencionar que se deberá levar un cirio (dos vermellos de cemiterio) e un libro.

domingo, 6 de decembro de 2009

ESCOLA DE PAIS E NAIS

Ningún comentario:
O pasado mércores, tivemos unha nova cita coa escola de pais e nais. O profe Alberto, xa voltou, e alédame ver que cada vez animanse mais pais a vir a escola. O tema esta vez foi unha continuación do da clase anterior "Normas e limites".

Deixovos un pequeno parrafo, publicado na páxina de Orientación educativa, onde se explica todo moi ben...

"Hoxe na escola de pais e nais comentamos os modos de mellorar as condutas negativas dos nosos fillos e fillas. Para iso vimos que podiamos contar cos premios e os castigos. Como punto de partida recomendamos fixarnos o máis posible nos aspectos positivos e nas cousas boas dos nosos fillos/as e felicitalos diariamente por eses logros". Ler máis

E ademais deixovos este video, tamén publicado na mesma paxina como veredes, que é triste pero non di nada mais que a verdade...




A próxima cita o mércores día 16 de decembro.
Vémonos!!