luns, 23 de febreiro de 2015

VI CROSS ESCOLAR C.E.I.P. A RÚA

Ningún comentario:
Ola Familias!!

Dende a Anpa, queremos informar a todos os pais e nais que o domingo 15 de marzo, celebrarase o noso 6º Cross Escolar, a partir das 10.30h. Premiarase con trofeo aos 3 primeiros clasificados de cada categoría e non se darán medallas. 

Para que o cross se leve a cabo, necesitaremos a axuda de todos vós, necesitamos voluntarios/as para atender o posto das merendas, para axudar na organización e seguridade da carreira, para estar na saída/meta controlando as chegadas, etc...

Se queres votar unha man, deixa unha nota no buzón da anpa, ou por e-mail co teu nome e nº de telefono...

Todos os nenos e nenas do cole que queiran participar no cross, deberán anotarse antes das 12:00h (mediodía) do día 09 de Marzo. NON SE ADMITIRAN INSCRITOS NO MESMO DIA. Os nenos e nenas que teñan algún tipo de alerxia alimentaria deberán especificalo, e ó recoller a merenda, solicitala polo seu nome.


Saúdos

A Xunta Directiva

venres, 20 de febreiro de 2015

Salón do libro Infantil e Xuvenil en Pontevedra (Do 27 de febreiro ao 28 de marzo)

Ningún comentario:
..." "Da ciencia á ficción” será o título do XVI Salón do libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra, que terá lugar do 27 de febreiro al 28 de marzo de 2015 . 

"A ciencia, a lóxica, a explicación racional a feitos incribles: O home na lúa, os robots, a realidade virtual, etc. As matemáticas, a astronomía, a bioloxía, a física e a química,... esclarecen feitos obxectivos e observables que inspiraron grandes historias de ficción. Historias, que chegaron e chegarán a converterse en realidade grazas á ciencia.

Falamos de ciencia, de ficción, e da delgada liña que as separa"...

mércores, 18 de febreiro de 2015

Documento do protocolo de coordinación, intervención e derivación interinstitucional en atención temperá (Xunta de Galicia)

Ningún comentario:
..:"Co obxectivo de establecer esa debida coordinación, procurar a complementariedade das intervencións e garantir un modelo único de intervención, foi elaborado o presente protocolo, froito do traballo interdisciplinario e colaborativo do persoal especialista e técnico da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, da Consellería de Sanidade e da Consellería de Traballo e Benestar.
Un protocolo de coordinación deséñase como unha ferramenta de traballo para os profesionais que participan na atención a nenos e nenas de 0 a 6 anos con trastornos do desenvolvemento ou en risco de padecelos"....

mércores, 11 de febreiro de 2015

Flashmob en Vigo polo día mundial das enfermidades raras (28/02/15)

Ningún comentario:
Queres sentirte o protagonista por un día? Pasar un día inesquecible e ser solidario?
Participa connosco (Alen Filmes) e MedicalEsp nun Flashmob multitudinario, o sábado 28 de febreiro.
O sábado 28 de febreiro de 2015 celébrase o día mundial das enfermidades raras, e MedicalESP quere desenvolver unha campaña de divulgación desta problemática que afecta a máis de tres millóns de persoas no noso país e que segue sendo tan invisible para o resto da poboación. É por iso que estamos a traballar na organización de diferentes actividades, complementarias entre si ,para que ese día a cidade de Vigo se faga consciente deste problema e participe dende a ilusión en apoiar ás diferentes asociacións de pacientes destas patoloxías.
O flashmob terá lugar na praza da constitución de Vigo e se chove no centro comercial A laxe.
O tema musical do flashmob será o seguinte
http://medicalesp.com
Non dubides en pedir máis información por aquí.
https://www.facebook.com/proyectomedicalesp?fref=ts

martes, 10 de febreiro de 2015

Entroido no CEIP a Rua o venres!!!!!!!

Ningún comentario:
Ola familias!!
O vindeiro venres dia 13, organizamos unha pequena festa e baile de disfraces no cole. En horario de 16:30h a 18:00h. Acompañarémolo cunha cholatada!! Se vos animades podedes traer un postre típico do entroido!!
Esperámosvos!!

Aviso de obradoiros de entroido no Concello para nen@s, os días 16, 17 e 18

Ningún comentario:
"Estimados/as amigos/as,

Con motivo das festas do Entroido, durante as vacacións de Entroido, os días 16, 17 e 18 de febreiro, haberá unha serie de obradoiros con temática específica que se levarán a cabo en dúas quendas en horario de mañá de 10.00 a 12.00 e de 12.00 a 14.00.

Os/as nenos/as que desexen participar nesta actividade deberán cubrir e entregar a inscrición que acompañamos, xunto con 8 € (para material), antes do día 13 de febreiro, indicando o horario que prefiren para realizar a actividade.

As inscricións faranse na Casa da Xuventude nos seguintes horarios: de 9.00 a 14.00 e de 17.00 a 20.00.

Aproveitamos tamén para convidar a todo o alumnado e familias a participar no Entroido do Momiño, o próximo 14 de febreiro ás 17.30 na Casa do Concello.

Atentamente,

Concellería de Cultura, Educación,  Patrimonio, Xuventude e Voluntariado"

luns, 9 de febreiro de 2015

Solicitude de axuda da ANPA en relación ao Cross do noso cole...

Ningún comentario:
Co motivo da organización do cross do noso cole neste ano (2015), que terá lugar o 15 de marzo, solicitamos axuda para buscar colaboracións que axuden a financiar os gastos que xurdirán. Por favor, as persoas que estean dispostas a colaborar, póñanse en contacto coa ANPA. 

Grazas, por anticipado...

venres, 6 de febreiro de 2015

"ASÍ SOMOS OS DO COLEXIO CEIP "A RÚA" DE CANGAS" vídeos chulísimos!!!!!!

Ningún comentario:
Aquí a ligazón do blogue "Piensa, crea ... Acción", un proxecto chulísimo do conxunto dos centros CEIP Santa Mariña de Magán (Toledo), da Escola de Bordils (Girona) e do noso cole.

mércores, 4 de febreiro de 2015

Representación do musical O Rei da Sabana no Auditorio de Cangas (o 15/02/15)

Ningún comentario:
En Arousa Tv din:  ..."Como é a vida na sabana? Ven e descúbreo ti mesmo na primeira adaptación ao Galego do conto popular, cun traballado e impresionante atrezzo cheo de cor e cun grande impacto visual: máscaras, traxes, maquillaxe, animais e unha completa posta en escena, que non deixará indiferente a ninguén. Emocionante espectáculo con música e voces en directo que divirte cos seus personaxes facendo así un musical con todos os ingredientes para pasar unha tarde coa familia"...

Oferta de clases de patinaxe para adultos dende a Anpa de San Roque

Ningún comentario:
Infórmannos dende a Anpa de San Roque, dunha actividade para adultos a partir deste mes de febreiro: Patinaxe para adultos.

Mais informacion nesta ligazón.