xoves, 13 de marzo de 2014

V CROSS ESCOLAR C.E.I.P. A RÚA

Ningún comentario:
A Asociación de Nais e Pais do Ceip A Rúa, coa colaboración do Clube de Atletismo Vila de Cangas, Clube de Atletismo Morrazo e o propio centro, pon no seu coñecemento que o vindeiro día 23 de marzo, a partir das 10:30 horas da mañá, celebrarase o noso 5º Cross Escolar.

A LOMCE pretende que haxa colexios A, B, C, e Z

Ningún comentario:
A Confederación de Anpas Galegas está en contra do sistema de elección dos directores dos centros educativos que recolle a LOMCE. Segundo o colectivo, "se lle dean as voltas que se lle dean, a realidade é que a administración educativa vai nomear a máis do 50% dos electores do director. Eso é tanto como escoller o director directamente". Así o explicaba nunha entrevista este mércores en Radio Obradoiro o vicepresidente de Anpas Galegas.

sábado, 1 de marzo de 2014

ASAMBLEA XERAL EXTRAORDINARIA DA ANPA A RUA 25/02/2014

Ningún comentario:
Comenza a asamblea as 17:00h

Asisten 11 persoas

Unico punto da orde do día “Campaña de promoción da gratuidade universal dos libros de texto no ensino público obrigatorio galego”