Lambetadas terroríficas, bruxas, momias, vampiros, monstruos, Darth Vader, decapitados, científic@s tol@s, Frankensteins, zombis, esqueletos, demos, pantasmas, descendentes.... tod@s el@s moi divertid@s... grazas a tod@s!!!!
sábado, 28 de novembro de 2015
xoves, 26 de novembro de 2015
martes, 24 de novembro de 2015
Comeza o Nadal: exposición de dinosaurios en Vigo
Etiquetas:
Nadal,
Recomendacións
Ningún comentario:

martes, 17 de novembro de 2015
Baile galego d@s nos@s artistas!!!
Etiquetas:
Vídeo,
Xornadas
Ningún comentario:
Aquí tedes un vídeo co baile que fixeron os alumnos do noso Cole na convivencia que tiveron co Colexio Santa Mariña de Magán (Toledo) e da Escola de Bordils (Xirona). Bo traballo!!! Grazas profes!!!!
"Outro comedor é posible" (documental sobre un comedor dun Cole de Granada)
Etiquetas:
Comedor,
Prensa,
Recortes,
Vídeo
Ningún comentario:
A sopa en estado de fermentación ou os recipientes que se desfán ao quentar a comida aparecidos nos comedores escolares de Culleredo ou Cambre son a noticia vergonzante destes días e obrígannos a facer unha reflexión. Os comedores escolares non deberían ser só o lugar onde quedan as nenas e nenos tras as clases para comer ata o momento en que podemos ir recollelos. Deben ser o lugar onde os meniños en crecemento nútrense e aprenden a comer. Non deberían ser un negocio con custo á baixa. Deberían ser un servizo que garantise calidade óptima e presentación razoable, porque elas e eles van aprender do que esteamos dispostos a tolerar que se lles sirva... (aquí a ligazón coa noticia completa).
Aquí deixamos, para continuar coa reflexión, o documental sobre o comedor ecolóxico xestionado pola asociación de nais e pai do Colexio de Educación Infantil e Primaria "Gomez Moreno" en Granada.
sábado, 14 de novembro de 2015
Convocatoria de asemblea extraordinaria para o xoves 19/11 ás 19:30
Etiquetas:
Anpa A Rua,
Asamblea,
Cross,
Nadal
Ningún comentario:

Co Nadal ás portas, convocámosvos a unha reunión o vindeiro xoves 19 de novembro ás 19:30h, para explicarvos varios asuntos:
- Cambios na Xunta Directiva
- Visita dos Reis Magos
- Programación e posibles actividades co motivo do Nadal
- Festa de Nadal no cole
- Axudas cara o Cross
- Suxestión
A Xunta Directiva
venres, 13 de novembro de 2015
A visita de alumnos manchegos e cataláns en Cangas (faro de Vigo 13/11/15)
Etiquetas:
Anpa A Rua,
Prensa
Ningún comentario:

Artigo moi interesante: "cultura científica ou cultura humanística para @s nen@s???"
Etiquetas:
Prensa,
Recomendacións
Ningún comentario:

xoves, 12 de novembro de 2015
Educación abre unha nova convocatoria de axudas para material escolar (noticia de onte 11/11/15)
Está dirixida a aquelas familias con fillos en primaria ou secundaria obrigatoria e cuxa renda per cápita non supere os 5.400 euros anuais...
Aquí tedes a ligazón coa información...
Aquí a ligazón da Xunta... "(Xúntase a Orde do 6 de novembro de 2015 pola que se convocan axudas para a adquisición de material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria ou educación especial en centros sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2015/16. O prazo de presentación de solicitudes será de 10 días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia)".
Aquí a ligazón da Xunta... "(Xúntase a Orde do 6 de novembro de 2015 pola que se convocan axudas para a adquisición de material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria ou educación especial en centros sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2015/16. O prazo de presentación de solicitudes será de 10 días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia)".
Cuestionario sobre a convivencia nas aulas
Etiquetas:
Solidaridade,
Violencia de Xénero
Ningún comentario:

Está dirixido tanto ao alumnado como a docentes, familias e persoal non docente vinculado aos centros educativos, que dispoñen de prazo ata o 30 de novembro para cubrilo
Accédese a el a través dunha aplicación informática e cunhas claves aleatorias que a dirección de cada centro entrega aos seus membros
Hai sete tipos de cuestionarios distintos en función do colectivo aos que vai dirixido, cunhas 20 preguntas sinxelas e directas por documento
A Consellería fai un chamamento á participación, xa que canta máis información se dispoña, máis preciso será o diagnóstico e máis efectivas serán as medidas a implementar
...aquí a ligazón
venres, 6 de novembro de 2015
XVI "Certame de Beléns" e de "Nadal con Vida" deste ano 2015
Etiquetas:
Concello de Cangas,
Concursos,
Nadal
Ningún comentario:

- CERTAME DE DECORACIÓN DE RÚA “NADAL CON VIDA”
O presente certame ten por obxecto que os nenos e nenas de Cangas participen activamente do Nadal e que coa súa participación enchan as rúas de color, imaxinación e creatividade, difundindo ilusión a tódolos veciños e veciñas do pobo.
- XVI CERTAME DE BELÉNS
1.- Poderán participar tódalas persoas que o desexen. 2.- A inscrición deberá realizarse na Casa da Xuventude ata o 11 de decembro.
3.- Os Beléns depositaranse no lugar que indique a organización o día 18 de decembro, para ser expostos ó publico entre o 19 de decembro de 2015 e o 7 de xaneiro de 2016. Despois desta data deberán retirarse os traballos.
Aquí máis información...
VII Cross CEIP de Nazaret (29 DE NOVEMBRO, A PARTIR DAS 10:00 HORAS)
Etiquetas:
Cross
Ningún comentario:

Este ano, como novidade, haberá carreira de nais e pais. No plano que axuntamos non consta (sería 4 voltas o circuíto 1.100 mts).
Aquí tedes a ligazón con toda a información. E aquí o plano do percorrido.
luns, 2 de novembro de 2015
Obradoiro de extracción de ADN en familia (14/11/15 en Santiago)
Etiquetas:
Obradoiros,
Recomendacións
Ningún comentario:

Subscribirse a:
Publicacións (Atom)